Os eucaliptos, unha ameaza para as Fragas do eume


A superficie de eucaliptos triplicouse en 50 anos nas Fragas do Eume. O bosque autóctono atlántico, un dos mellores conservados de Europa, perdeu un 20% do seu territorio
R. Romar

É un dos mellores, senón o mellor, bosque atlánticos costeiro de toda Europa. Un tesouro da natureza. E ségueo sendo, só que xa non é o que era.

3º concerto da II Caravana Reivindicativa Galiza Non Se Vende en Pontedeume


Este sábado 6 de Febreiro, ás 21:00, terá lugar no Centro Social Ocupado “A Casa da Estación” o primeiro dos concertos en Pontedeume da II Caravana Reivindicativa. A Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles,

Cheiros nos negocios inmobiliarios


Onte falabamos da condescendencia que o Concello de Pontedeume amosa coa empresa Lagares Álvarez, S.L. Hoxe volven ser noticia estes promotores por mor dun solar sito na praza de España. Onde antes había un edificio historico que o desleixo deixou caer, hoxe hai unha charca chea de augas infectas e pestilentes que supoñen un perigo para a saúde e para a estabilidade dos edificios colindantes.

Lagares e legalidades


A carón do edificio Entre-rías, na rúa da ría de Ares, existía unha serventía que permitía o acceso á estrada da estación. Cando Promocións Lagares Álvarez  construíu un edificio colindante co anterior decidíu utilizar os terreos públicos do sendeiro para acadar maior volume de edificación. O resultado  pódese apreciar nas fotografías: convertíuse un camiño público nun paso subterráneo. Deste xeito dous edificios que deberían estar afastados por un corredor aberto, aparecen totalmente pegados un ao outro.

Unha asociación ecoloxista denuncia a Endesa pola desecación do río Eume


A asociación AEMS Ríos con vida Galicia interpuxo unha denuncia penal ante a Fiscalía de Medio Ambiente e ante o Seprona da Garda Civil contra Endesa pola desecación do caudal do río Eume. O colectivo ecoloxista inclúe un informe pericial e un exame do anexo fotográfico e das probas obtidas polo Seprona de Pontedeume nos que asegura que se demostra que Endesa “superaría o límite do ilícito administrativo e que a súa conduta podería ser constitutiva de delito”.

Edificación extensiva no PXOM


Outra das cousas sorprendentes desta PXOM é a aparición dunha clase de suelo urbano denominado EDIFICACIÓN EXTENSIVA U5, según Consultora Galega, “comprende esta ordenanza as zonas de maior esponxamento da vila e dos núcleos urbanos que se dá, básicamente, o uso de vivenda unifamiliar, exenta ou adosada, sobre do viario de relación existente”.

A Lei do Litoral permitirá construír no Portiño (Centroña)


O novo Plan de Ordenación do Litoral (POL) que se agarda entre en funcionamento o vindeiro ano traerá moitas complicacións aos concellos galegos. En primeiro  lugar terá unha repercusión sobre os seus plans de urbanismo que terán que ser adaptados á nova normativa. No caso de Pontedeume a situación pode ser máis grave se o PXOM non é aprobado antes da entrada en vigor do POL.  En calquera caso deberá someterse aos ditados da Xunta en materia do litoral.

As mentiras do goberno local


Hai uns dís o xornal La Opinión recollía unhas declaracións do goberno local nas que se indicaba que a poboación de Pontedeume estaba a crecer: A poboación do Concello de Pontedeume aumentou en 2009 en máis de 250 persoas, concretamente en 260, segundo informa o Goberno local. Así, a vila dos Andrade roza agora os 9.000 habitantes, tras un incremento poboacional considerable se se compara co sufrido no ano 2008, cando unicamente incrementou a súa poboación en 16 habitantes.

Veciños de Andrade colgan carteis contra a recualificación de Einsa


As pancartas volven adornar a parroquia de Andrade, no municipio de Pontedeume. Veciños afectados pola recualificación do chan no que se atopa a empresa de artes gráficas Einsa non queren caer no esquecemento e recordan “a gran inxustiza” á que serán sometidos no caso de que esta recualificación leve finalmente a cabo en diversos carteis nos que denuncian a situación e reclaman a responsabilidade do Goberno galego.

Os tribunais desminten ao Concello de Pontedeume


Unha sentenza que clarifica unha das controversias máis frecuentes en Pontedeume

Unha das polémicas máis recorrentes no noso concello é a relativa á cualificación do solo. En distintas ocasións os concellos enfróntanse á Xunta e discrepan sobre a legalidade de certas construcións. O caso que mellor ilustra esta discusión é o chamado mamotreto de Caldagueiro. Como xa publicamos noutras ocasións a Xunta de Galiza mandou paralizar as obras de Lagares (sen que o Concello e promotor se desen por enteirados) por considerar que o solo no que se asentaban non era urbano.

Acceder aquí á páxina antiga de Fusquenlla

Un percorrido polas desfeitas medioambientais no concello de Pontedeume