Xaneiro 2007
O Concello cederá zona verde para a rotonda de entrada a Pontedeume (30-01-07)
Pretenden trasladar un teixo centenario.
Polo visto o goberno local propúxose acabar co patrimonio histórico, artístico e paisaxístico de Pontedeume. Se primeiro foi a ocupación de zonas de protección costeira coa construción de vivendas ilagais, léase Nogueirosa, Vizús e Boebre, para continuar logo coa muralla que impide a visión dunha paraxe pintoresca en Caldagueiro ou a torre próxima a Correos que se ergue en pleno casco urbano, agora tócalle o turno ás espècies protexidas. O teixo centenario que se ubica no parque Sarmiento pode ter os días contados se se traslada de lugar para poder construir unha rotonda que alivie o tráfico rodado nos accesos da vila. Unha vez máis o todopoderoso automóbil condiciopna o hábitat das cidades e vilas.
É certo que o tráfico supón un grave problema sen visos de solución en Pontedeume. Esta situación insostíbel ten a súa orixe tanto no abuso cidadán do automóbil, abuso que lle leva a circular polas zonas peonís coa aquiescencia da policía local, como pola falta de medidas que suplan o uso privado dos vehículos. Sen obviar o aumento considerábel do parque automobilístico nunha vila con infraestruturas propias das vilas medievais. Un problema que crecerá expoñencialmente se o novo PXOM permite aumentar a edificabilidade e non contempla as solucións que se deben dar ao tráfico rodado.
Supoñendo que as rotondas sexan unha solución a curto prazo (non sabemos o que pode suceder nun futuro próximo) a súa ubicación merece un estudo máis detallado. Non é permisíbel o traslado dunha árbore centenaria como o teixo para favorecer o tráfico de vehículos, tendo en conta que dito traslado supón a morte segura dun exemplar pertencente a unha especie protexida. Antes que iso faise preciso a procura de outras alternativas máis axeitadas ao respecto polo medio ambiente, sen desbotar a idea de trasladar a gasolineira situada no centro urbano e a carón dun colexio. Demandamos do goberno local unha sensibilidade maior no respecto polas cuestións medioambientais e de protección do noso patrimonio.
Ler en La OpiniónO edificio da Porta Nova de Ferrol será declarado ilegal pola CPTOPT (30-01-07)
Así o confirma a Federación Veciñal Roi Xordo de Ferrol, asociación que denunciou este proxecto ante a Consellaría de Política Territorial e ante a Fiscalía. Ver documento en PDF desta asociación
Considera o servizo de inspección desta consellaría que o acordo tomado polo concello é nulo de pleno dereito. Tamén menciona o informe que “ as obras denunciadas atópanse emprazadas en solo cualificado polo planeamento municipal vixente como sistema xeral viario, no que a súa ordenanza de aplicación tan só permite a implantación no subsolo de aparcamentos soterraneos públicos, preservando o carácter de dominio público do solo e subsolo".
Dí tamén a resolución que “á vista do informe do secretario do Concello de data 13 de Outubro de 2.004, e que expresamente advirte de que o Concello non poderá adjudicar a obra mentras non realice a adaptación do planeamento, e do feito de que no título do proxecto técnico que foi obxeto de concurso público, adjudicación e aprobación se omitise toda referencia ó edificio emblemático, cuxa execución e claramente contraria ás previno contidas no vixente planeamento municipal para o solo cualificado como sistema xeral viario, considerase que o acordo aprobatorio do referido proxecto PUIDERA SER CONSTITUTIVO DUN DELITO SOBRE A ORDENANCION DO TERRITORIO DO ARTIGO 320 DO CODIGO PENAL. A tal efecto, e atendendo ó requerimento do fiscal, remiteselle copia deste informe proposta para a súa incorporación ás diligencias informativas nº 191/2006-Penal.” .
Como deixando claro que o urbanismo neste país ten patente de corso, os responsabeis do Concello de Ferrol remarcaron que as obras da praza de España non poden ser detidas "nin por ese informe-proposta nin tan sequera por outro da Xunta, unicamente haberán de paralizarse se hai un requirimento xudicial"
Promotores do mundo, unídevos! (28-01-07)
Vilariño, foi acusada pola Fiscalía anticorrupción dun delito de prevaricación por conceder licenzas para a construcción de vivendas en zonas rústicas de
protección costeira. Segundo Blanco, en alusión os casos que atinxen ó PP, “el líder popular tendría que haber tomado alguna decisión y apartar de cargos
públicos a personas que están imputadas. No lo hace porque no puede o simplemente porque es prisionero de esas personas".
As filas do PSOE están cheas de imputados por corrupción urbanística e incluso de constructores que promoven ese mesmo urbanismo salvaxe que tanto lle repugna a Blanco. Valga como exemplo o do Sr. Álvarez, responsable da empresa constructora Lagares e Álvarez, que é membro destacado do PSOE na localidade de Ortigueira, onde, como en Pontedeume, está involucrado en contenciosos co Concello polo incumplimento das normas de edificación. A qué espera o secretario de organización para expulsar das súas filas ós condenados e imputados como prometera no cacareado decálogo sobre boas prácticas urbanísticas? Con qué argumentos nos sairá agora para xustificar tamaños despropósitos?
O BNG de Miño denuncia a situación da urbanización de Fadesa en Perbes (28-01-07)
O
alcalde concedeu 52 licenzas de primeira ocupación cando as
vivendas están sen rematar e as infraestruturas viarias e
servizos nin sequera comezaron. Debido a estas razóns, o BNG de
Miño denunciou os feitos á Consellaría de Politica
Territorial.
Segundo o grupo nacionalista o Concello tamén permitíu bombear as augas residuais ata a praia de Perbes, ao non dispor a urbanización dunha estación depuradora tal e como estaba previsto no plano parcial. Asemade as augas de escorrentía do campo de golf, ao que tamén se lle dá licenza de apertura sen estar rematado, irán ao río Xario e logo á praia grande de Miño. Estas augas conteñen productos químicos e herbicidas.
Por outra banda, os expropiados dos terreos sobre os que asenta a urbanización manifestáronse para exixir unha valoración xusta dos solares dos que se apropiou Fadesa. Estes terreos foron pagados por termo medio a 1 millón de pesetas por ferrado. Hoxe Fadesa os vende a 11,5 millóns por ferrado, segundo publicita a empresa na súa páxina web.
Máis información en La Opinión
Numeroso público na charla celebrada en Pontedeume (27-01-07)
Non asistiron nin o concelleiro de urbanismo nin o alcalde
Como demostrando que a sensibilidade polo problema urbanístico é real, a charla que organizaron o COAG, ADEGA e o Colectivo FUSQUENLLA contou cun numeroso público que encheu a sala da Casa da Cultura de Pontedeume. Esa sensibilidade non parecía alcanzar aos rexedores locais que detentan responsabilidades no eido urbanístico, o concelleiro Tino Regueiro e o alcalde Belarmino Freire, que non estiveron presentes. como tampouco asistiron os cabezas de lista do PSOE, BNG e PP.
A charla, que se prolongou por espazo de tres horas, contou coa participación de representantes das entidades organizadoras e dun xornalista de La Opinión, Fernando V. Martull. Nela se tratou o tema das actuacións urbanísticas desenvolvidas na costa, da ordenación territorial, da situación en Pontedeume e da corrupción, deixando logo un espazo aberto á participación do público.
Dende FUSQUENLLA reiteramos o compromiso do noso colectivo para seguir debatindo cos veciños e demais entidades sociais os problemas derivados da construción que ameaza ao noso concello, conscientes da importancia que ten o compromiso social para evitar o deterioro tanto da paisaxe como do casco histórico.
Charla en Pontedeume sobre problemática ambiental e ordenación territorial na costa (26-01-07)
O Colectivo FUSQUENLLA xunto con ADEGA e o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALIZA (COAG) organiza unha charla debate sobre o impacto ambiental do urbanismo e a degradación da costa.
Dende aquí invitamos a todos os cidadáns que vexan e comprendan a importancia que a ordenación urbanística ten sobre a calidade de vida dos habitantes das nosas vilas. Asemade facemos extensiva esta invitación a todos os colectivos sociais e políticos sobre cuias costas descansa a enorme responsabilidade de traballar polo desenvolvemento racional dun urbanismo sostíbel para Pontedeume.
Manifestación en Ferrol contra o edificio da Praza de España (22-01-07)
Máis información en La Opinión
e tamén en El País
A Xunta require ao Concello de Vigo que subsane as deficiencias do Plan Xeral para aprobalo definitivamente (20-01-07)
A Xunta advirte que o Concello de Vigo debe corrixir as carencias expresadas en informes anteriores. Entre estas destaca:
extensión desmesurada e insostible de solo urbanizable
O Plan non contempla solucións que garantan a calidade de vida da cidadanía e que afectan aos servizos máis básicos (auga, saneamento,...)
O Plan non garante un desenvolvemento ordenado entre o crecemento urbanístico e a dotación de servizos nin establece prioridades ao respecto.
As estimacións de crecemento urbanístico do propio Plan Xeral son contraditoriasIncorreccións na clasificación do solo. A propósito deste punto, a Xunta lembra que "A Lei 9/2002 fixa os criterios para a clasificación dos solos, de xeito que o solo urbano é aquel que está ubicado no entramado urbano e, ademais, conta con servizos de acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas residuais e subministro de enerxía eléctrica. O PXOM de Vigo tipifica como urbanos solos que non reúnen as condicións para selo e clasifica de forma distinta solos que teñen as mesmas características".
Son estas últimas razóns as mesmas que a CPTOPT alegou para desmentir que o solo sobre o que edificou Lagares en Caldagueiro sexa urbano, tal e como insiste en proclamar o Concello de Pontedeume.
Ler en Xunta.es
Manifestación en ferrol en defensa dos espazos públicos e contra o edificio da Praza de España
Domingo 21 de Xaneiro, ás 12 do mediodía, manifestación popular pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]Convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga",
Asociación Veciñal de Ferrol-Vello,
Asociación Veciñal de Santa Mariña,
Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón,
Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido,
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño",
Asociación San Fernando de Recimil,
Asociación Cultural Fuco Buxán,
CIG-Ferrol,
CC.OO Ferrol,
Colectivo Veciñal Sartaña,
Esquerda Unida - IU,
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra,
Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol,
NÓS - Unidade Popular,
Plataforma Ártabra 21,
UGT-Ferrol.
USTG-Ferrol
El País faise eco da acusación contra o equipo de goberno eumés (15-01-07)
Na edición de hoxe, o xornal El Pàís anuncia
que a Fiscalía está actuando contra dez concellos galegos
por delitos de urbanismo, entre eles cita en primeiro lugar ao de
Pontedeume.
No ano 1999 o goberno local concedeu unha licenza para que un particular construíse unha vivenda en zona de protección costeira. Cinco anos despois o proxecto foi rexeitado pola Consellaría de Política Territorial, que requeríu ao alcalde, Belarmino Freire, para que revisase a licenza concedida, xa que para a Xunta era nula de pleno dereito.
Despois do intento do propietario de facela pasar por unha construción adicada á explotacion de árbores frutais, contando co visto bo do alcalde, o asunto acabou nos tribunais. O fiscal acusa ao arquitecto municipal, naquel entón Manuel Valiente, e á comisión de goberno de goberno que concedeu a licenza. Impútalles un delito de prevaricación. Este tipo de delito está penalizado con penas de 6 meses ata 2 anos de cadea.
Mais esta nova que agora publica El País xa ten tras de si algún tempo. No mes de setembro o xornal La Opinión informaba que o xuíz anulara dúas das licenzas concedidas en Nogueirosa e que outras 6 foran denunciadas pola CPTOPT ante os tribunais a raíz de desatender o alcalde os requerimentos da Xunta para anular as licenzas concedidas. Lembremos que dúas destas vivendas son propiedade dos responsabeis da empresa Construeume. Tamén convén lembrar as palabras de Belarmino Freire e Manuel Rei, ámbolos dous imputados pola Fiscalía, segundo as cales as vivendas non estaban destinadas á especulación. Unha forma de restarlle gravidade á concesión que roza a apoloxía do delito.
Contra a cacería do raposo (14-01-07)
A Federación de Caza celebrará o día 20 o campionato provincial de caza
de raposo, unha cita á que acudirán uns 700 cazadores. Nesta ocasión,
os participantes celebrarán a proba, na súa maioría, cos montes do Eume
como testemuñas. Non en van, o campionato celébrase en Monfero,
Pontedeume, Vilarmaior e Irixoa e os tecores eumeses participan na
organización, segundo anuncia a devandita Federación.
O artículo 34-3 da Lei Galega da Caza (4/97), no que se establece a prohibición de cazar ou facer batidas naquelas situacións de carácter extraordinario polas que os animais se vexan obrigados a buscar novos refuxios para sobrevivir. Estas situacións non só se dan por efecto de accidentes naturais, como secas, incendios, envenenamentos ou obras de autoestradas, senón que, como neste caso, son os humanos ávidos de matar sen xustificación, os que poden ocasionar un desastre medioambiental como a extinción dunha especie animal. Descoñecedores do desequilibrio que pode producir a masiva desaparición do raposo das Fragas do Eume, os cazadores só atenden á inxustificábel satisfación persoal para promover este tipo de actividades que algúns aínda se atreven tildar de deportivas.
Os Concellos de Pontedeume, Monfero, Vilarmaior e Irixoa teñen a obriga de prohibir esta cacería, e a Consellaría de Medio Ambiente debe ditar as medidas proteccionistas necesarias para evitar que se consume un desastre ecolóxico que non ten xustificación de ningún tipo.
Novo desplante do Concello ao Valedor do Pobo (08-01-07)
Novamente o Concello de Pontedeume non atende os requerimentos do Valedor do Pobo e négalle a información solicitada por esta institución que, entendemos nós, merece un repecto por parte dun goberno local que se define democrático.
No mes de abril do 2006 o Colectivo FUSQUENLLA solicitou ao Valedor do Pobo a súa intervención para poñer fin aos continuos despropósitos do Concello de Pontedeume e que se traducían nun repetitivo abuso de poder ante as denuncias que o noso colectivo tramitaba sobre asuntos urbanísticos: estas eran sistematicamente silenciadas polo goberno local; non se poñían os medio snecesarios para facer cumprir a lexislación aos promotores; non se ordenaban as oportunas inspeccións ante a constatación evidente de ilegalidades; non se amosaban os documentos públicos que FUSQUENLLA solicitaba tales como expedientes de obras; e creábase indefensión dos cidadáns pola inhibición dos poderes públicos.
No mes de xullo a oficina do Valedor do Pobo informábanos da admisión a trámite da nosa queixa e procedía a solicitar do Concello de Pontedeume toda a información necesaria para poder incoar un expediente contra a actitude da institución local. Dende entón foron varias aas ocasións nas que se solicitou a referida documentación e sempre foi obviada polo goberno de Belarmino Freire. A última destes requertimentos fíxose no pasado mes de decembro e, tal e como nos ten afeitos o "tripartito", foi desantendida novamente. A carta que FUSQUENLLA recibíu do Valedor di textualmente: "Desafortunadamente o Concello de Pontedeume persiste na súa actitude de non envia-la información solicitada coa súa queixa. Ante iso, pola nosa banda nos vimos obrigados a recordar de novo ao citado Concello o seu deber de colaborar ó rápido esclarecemento da situación que nos formula na queixa".Máis información en La Opinión
As obras da casa de D. Pablo continúan a pesar da orde de paralización (05-01-07)
Tal
e como se aprecia nas fotografías, tomadas hoxe, os obreiros
seguen a traballar na obra da A. Dr. Vilanova, 1. A verdade
é
que nunca deixaron de facelo. Lembremos que despois de moitos meses,
máis dun ano, dende as primeiras denuncias, o goberno local
víuse obrigado a inspeccionar a obra, a resultas do cal
ditouse
unha orde de paralización o día 23 de outubro de
2006.
Como
non podía ser doutra maneira, á cal xa nos ten
acostumados este goberno PSdeG, BNG e IEP, os decretos só
serven
para gardar as apariencias ante a opinión
pública. Ou
polo menos é iso o que pensan, como se a
cidadanía pecase
de desapego.
Na devandita orde de paralización, publicada no BOP, advertíase aos promotores que dispoñían dun "prazo improrrogable de 24 horas, a partires da recepción da notificación do presente acordo, para a paralización da actividade e a retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a ela, advertíndolles que de non facelo, pola Alcadía procederase á adopción das medidas cautelares previstas no artigo 209.2 da LOUPMR e artigo 52 e 53 do RDUG e que o incumprimento polo infractor da orde de suspensión poderá dar lugar a que pola Alcaldía se poña en coñecemento do Ministerio Fiscal para a depuración das responsabilidades penais á que puidese haber lugar."
Asemade dábase conta "á Policía Local para que proceda á súa notificación e vixiancia periódica do cumprimento da presente orde de paralización." Non parece ser esta unha obriga que a policía local cumpra se temos en conta as respostas dadas aos particulares que denuncioan a continuación dos traballos. En determinados lugares, e afianzando esta idea da responsabilidade dos axentes locais, o ministerio fiscal ten actuado contra os xefes da policia local por deixadez das súas funcións.
Greenpeace considera un erro grave a limitación a só dous anos a prohibición de construir a menos de 500 m. da costa (04-01-07)
A organización ecoloxista recorda que Galicia ten un dos modelos territoriales máis insostibeis de toda a costa
Greenpeace considera unha mala noticia para a costa de Galicia o anuncio feito onte pola Conselleira de Política Territorial, María José Caride, de limitar a dous anos de vixencia a medida que impide a construción a menos de 500 metros do litoral galego.
A consellería escudouse en que esta medida será innecesaria unha vez que todos os plans xerais de urbanismo dos municipios galegos adaptáranse á Lei do Chan, pero, á vista dos desmáns urbanísticos que levan a cabo os concellos, Greenpeace considera que a Xunta está mostrando a súa nula vontade de defender a franxa costeira da cobiza especuladora, deixando ao arbitrio de cada concello que terreos se urbanízarán.A medida é unha auténtica declaración de intencións, a Xunta pretende disimular durante dous anos e logo seguir coa mesma política destrutora que realizou ata o momento. O anuncio da conselleira é unha chamada para que as construtoras planifiquen a dous anos vista, declarou María José Cabaleiro, responsable da campaña de Costas de Greenpeace.
Greenpeace contactou coa Conselleira de Política Territorial o pasado mes de xullo trala publicación do informe Destrución a toda costa 2006 onde se alertaba da grave situación na que se atopa o litoral galego. A pesar do tempo transcorrido, Greenpeace non obtivo resposta algunha á petición de reunión formulada a Caride.
A suspensión cautelar de desenvolvementos urbanísticos na franxa dos 500 metros do litoral estará vixente nun prazo máximo de dous anos (03-01-07)
O anteproxecto de Lei recolle as medidas en materia de ordenación do territorio polas que –unha vez que a Lei entre en vigor- se suspenderán de xeito cautelar todos os novos desenvolvementos urbanísticos de terreos situados a menos de 500 metros do mar naqueles concellos que aínda non adaptaron o seu planeamento á lexislación urbanística vixente.A suspensión –que a conselleira insistiu que se trata de transitoria en tanto non entre en vigor o Plan de Ordenación do Litoral ou ben os concellos aproben os seus PXOMs- afectará aos solos urbanizables en todos os concellos costeiros así como aos solos urbanos non consolidados nos concellos de menos de 50.000 habitantes, sempre que estean situados na citada franxa.
Outra das modificacións introducidas no anteproyecto de lei permitirá á consellería suspender licenzas nas zonas afectadas polo Plan do Litoral en cando o aprobe o Consello da Xunta. Trátase dun cambio na Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, do ano 1995, polo que os instrumentos urbanísticos que desenvolva a Xunta terán o mesmo carácter que un Plan Xeral dun concello, e conllevarán polo tanto a suspensión cautelar de licenzas. Así, a simple aprobación do Plan do Litoral paralizará o desenvolvemento de chans urbanizables nos municipios costeros.
Máis información en Xunta .es
Tamén en El País












