FUSQUENLLA | urbanismo sost�bel e racional

Pola defensa dun Pontedeume mellor


 

Os compradores vólvense atrás (21-04-06)

Segundo as informacións que nos envían, algúns compradores de vivendas no edificio de Caldagueiro, logo de consultar cos avogados a situación legal na que se atopa esta obra a partir dos documentos que Fusquenlla fixo públicos sobre as ordes de paralización decretadas tanto polo Concello como pola Consellería de Política Territorial, decidiron dar marcha atrás na compra das súas vivendas e reclamar aos promotores o pago adiantado. 

Consideramos que debe consultarse cos letrados antes de proceder ao pago definitivo das vivendas. Sabemos que os promotores están a axilizar o traspaso dos pisos como unha forma de trasladar as cargas aos compradores. Mesmo aconsellan arrendar as vivendas aos traballadores extranxeiros que están a demandar pisos de aluguer.

Lembremos que esta obra é ilegal segundo os requerimentos emitidos pola Consellería e pola orde de paralización decretada polo Concello. A pesar disto, permitíuse a continuación da obra e ocultáronse estes documentos,  condenando aos compradores a un futuro incerto. Estaría xustificada unha demanda destes sobre os responsabeis públicos pola súa neglixencia.

Máis inconvenientes da construción innecesaria (20-04-06)

As emisións de gases de efecto invernadoiro aumentaron en España moi por riba do límite establecido no Protocolo de Quioto. Unha das causas fundamentais é a intensa actividade do sector da construción que a través das empresas do cemento, disolventes e metalúrxicas elevou considerablemente a emisión de gases. España supera nun 37 % os límites establecidos no protocolo para este país. (Máis información en La Opinión)

Fusquenlla reclama a intervención do valedor do pobo e do Ministerio de Medio Ambiente (12-04-06)

Foron innumerabeis as denuncias que o colectivo Fusquenlla presentou ante o concello de Pontedeume e ante a Conselleria de Política Territorial sen obter resposta satisfactoria. Por esta razón denúnciase a indefensión da vila de Pontedeume ante o valedor do pobo e ante o Ministerio de Medio Ambiente. Seguir lendo

(publicado no xornal La Opinión) 

Creación dunha plataforma ecoloxista en Ferrol

o día 18 de abril, ás 18.30, no local da Asociación de
Veciños de Fontelonga, en Esteiro (Ferrol), terá lugar
unha asemblea aberta a todos aqueles colectivos... seguir lendo

FUSQUENLLA denuncia o silencio da Asdministración. (07-04-06)

Despois de innumerabeis denuncias perante o concello de Pontedeume e  a Conselleria de Política Territorial, a última pedíndolle a esta puxese en coñecemento da fiscalía as ilegalidades que se estaban a cometer e procedese  á revogación das competéncias urbanísticas delegadas no Concello de Pontedeume (ver máis), o colectivo Fusquenlla considera que o silencio da Administración, local e autonómica, é unha manifestación do alto grao de desidia que embarga aos que deberian velar polo cumprimento da legalidade. Por esa razón Fusquenlla vai denunciar ante outros organismos, entre eles o valedor do pobo, a actuación do concello e da propia CPTOPV, unha actuación que está a ocasionar un dano irreparábel á nosa vila.

Actuación da fiscalía (05-04-06)

A modificación dun proxecto a través dun estudo de detalle é motivo para a fiscalia para denunciar unha obra.
As similitudes coas obras que Lagares constrúe en Caldagueiro e na Av. de Ferrol son patentes, se ben esta última adoece de irregularidades aínda máis graves.
Para cando a actuación da fiscalía en Pontedeume?
Ler a noticia en La Opinión 

Parabéns de Rubén B.A. (05-04-06)

Ánimo coa vosa tarefa, perdon, a NOSA...   seguir lendo


  • Seccións

    • Principal
    • Manifesto
    • Urbanismo
    • Mercado municipal
    • Colaboracións
    • Galería
    • Lexislación
    • Contactar
  • Ligazóns

pontedeume.blogspot

Arquitectura galega

Prestige, nunca máis








FUSQUENLLA | urbanismo sostíbel e racional para Pontedeume