Abril 2007
Nova recalificación en Pontedeume 29.04.07
Belarmino despídese do concello facendo o único que sabe facer
O
Concello está tramitando a concesión
dunha nova recalificación de
terreos para a construción
dunha urbanización en
Ber.
Un antigo proxecto desestimado por invadir a zona de protección costeira, sería agora recuperado para evitar someterse á nova Lei de Medidas Urxentes de Protección do Litoral que está a piques de ser aprobada polo Parlamento. Esta lei, que impide a construción a menos de 500 m. da costa, imposibiliatría a devandita urbanización. A pesarres das recentes promesas do concelleiro de urbanismo, Celestino regueiro, que asegurou que a franxa litoral de Centroña e Boebre quedaría libre de construcións,unha ameaza máis se cierne sobre a costa eumesa
A inoportunidade deste proxecto é algo que non se lle escapa a ninguén. A paraxe que vai desde Pontedeume ata Boebre merece ser conservada e protexida, mesmo é cuestionábel a actual urbanización de Ber.
Non caben razóns para xustificar esta nova aberración en Pontedeume. O PXOM está en trámites de ser aprobado e todas as recalificacións e novos proxectos deberían ser suspendidos ata a aprobación final do plan xeral. Unha moratoria que a razón impón por riba dos intereses particulares de certos promotores.
O comportamento do goberno local é impropio de quen di defender á cidadanía e de quen, como no caso do BNG e PSOE, apostan para as próximas eleccións pola defensa dun urbanismo baseado nun crecemento responsábel e na transparencia na toma de decisións, así como na defensa do interese xeral por riba do interese particular. Exiximos que estas promesas propias do período electoral se materialicen na oposición a estes plans que degradarán aínda máis unha das zonas máis apreciadas polos eumeses. Non é tolerábel cementar máis o concello nin facelo ás costas dos cidadáns que temos o dereito acoñecer e decidir o futuro de Pontedeume
Reprobamos que o alcalde e o seu equipo de goberno, conscientes de que xa non teñen nada que perder, se despidan da función pública dilapidando o patrimonio deste concello. Convencidos de que non poderán seguir exercendo o goberno como o fixeron ata o día de hoxe, dunha forma permisiva para os promotores inmobiliarios e lesiva para Pontedeume, desaparecen con resentimento e deslealdade.
Exiximos aos membros do goberno, á oposición e aos partidos políticos se opoñan a estes plans que, amais de atentar contra o ben máis preciado que temos, dana irreversiblemente o futuro de Pontedeume e supón unha burla ás demandas da veciñanza na procura dun hábitat respectuoso co medio ambiente e a paisaxe, e garante dunha maior calidade de vida.
Máis información en La Opinión
6 de maio 29.04.07
A
práctica totalidade das
organizacións ecoloxistas galegas reunidas nunha asemblea
que se
celebrou en Santiago o pasado día 31 de marzo, acordamos,
por
unanimidade, convocar unha manifestación para o
día 6 de
maio en Compostela.
Máis de 50 colectivos de toda Galiza coincidimos na
necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia.
Denunciamos o grave estado de deterioro e de crecente
degradación en que se atopa todo o territorio galego, un
acelerado proceso de expolio e destrucción que afecta tanto
á costa como ao interior.
Reivindicamos as medidas necesarias para frenar este desastre:
O cumprimento da lexislación vixente
Unha nova Lei de Ordenación do Territorio
Promover unha Estratexia de xestión integrada do litoral
Protección efectiva e ampliación da
aplicación das figuras de protección ambiental
Transparencia e participación da cidadanía nas
decisións que afectan ao territorio
É dicir: A implantación dunha nova cultura do
territorio
Manifesto das organizacións convocantes
A situación do territorio galego é catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia para mal e ao servizo só duns poucos.Ate o de agora, unidos os intereses dos especuladores cos intereses da administración autonómica e municipal indisolubelmente, lanzouse unha carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece ser a destrución dos valores (que o son tamén económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así en terra como en mar.
Pensamos que a situación actual esixe un golpe de leme para mudar este rumo que nos conduce á catástrofe no que ao medio ambiente se refire. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en conta os intereses da maioría da poboación que desexa un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da permisividade unida á corrupción nos concellos e na Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.
Pensamos que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e consensuado polas organizacións sociais e núcleos de opinión. Esta participación das multitudes na elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación central e democrática da ordenación territorial o caos perpetuaríase.
Desde A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!
A mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.
Representantes do mundo da cultura que asinaron o manifesto
Xosé Luís Méndez Ferrín. Escritor, catedrático e académico.Darío Xohan Cabana. Escritor,a cadémico.
Xosé María Álvarez Cáccamo,escritor.
Antón Santamarina Fernández, académico e catedrático USC.
Pedro de Llano, arquitecto.
Francisco Fernández Rei, académico e catedrático USC.
Gustavo Luca de Tena, xornalista.
Francisco Sampedro, filósofo, ensaísta.
Margarita Ledo Andión, directora de cine. Catedrática USC.
Antón Seoane, músico e psiquiatra.
Suso de Toro, escritor.
“Berrogüetto”, grupo musical.
Agustín Fernández Paz, escritor.
Marilar Aleixandre., escritora.
Carmen Nogueira., artista plástico.
Anxo Angueira., escritor.
Gonzalo Navaza., escritor e catedrático UVigo.
Antón Cortizas Amado, mestre e escritor.
Xosé Manuel Souto González, doutor en Xeografía e catedrático.
Ramón Lorenzo Vázquez., académico e catedrático USC
Xosé Miranda, escritor.
Pilar Faxil, documentalista.
Xabier Cordal, escritor.
Iván Prado, pallaso internacional.
Juan Carlos Román, artista plástico.
X. Antón L. Dobao, escritor.
Fran Alonso, escritor.
Elvira Riveiro Tobío, escritora.
Manuel Seixas. Profesor, escritor e músico.
Fon Román, músico.
Xavier Senín, catedrático.
Xoan Anleo, artista plastico.
“Lamatumbá”, grupo musical.
Alba Nogueira, profesora Titular de Dereito Administrativo USC.
Ángeles Castro Dapena, arquitecta.
Mª Carmen Fernández Rodríguez, deseñadora.
Xabier Vence Deza. Catedrático de Economía USC.
Mª Xosé Lázare Fouce
Camiño Noia Campos, UVigo.
Xulián Maure Rivas, profesor e escritor
Xaime Nogueira Meixe, libreiro.
Xosé M. García Crego, técnico editorial.
Carme Hermida Gulías, profesora Xornalismo USC.
Xosé Luís Regueira, profesor Filoloxía USC.
Xosé Manuel Eyré, crítico literario.
Xosé Henrique Costas, catedrático UVigo.
Xosé A. Laxe Martiñán, músico.
“Dakidarría”, grupo musical.
Jorge Salgado Cortizas, arquitecto.
Alberte González Rodríguez, arquitecto
Francisco X. Redondo Abal, bibliotecario e investigador.
Amparo Solla González, UVigo.
Manuel Igrexas, historiador.
Lourdes Pérez González
Iñaqui Solla Covelo, bibliotecario
Xosé A. Fernánez Salgado, UVigo.
Uxío-Breogán Diéguez., historiador.
Ana Iglesias Álvarez, UVigo.
“Skacha”, grupo musical.
Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón
Xavier Blanco, mestre de gaitas, Moaña
Mª Teresa Bermúdez Montes, UVigo.
Mariano Abalo, funcionario.
José Ángel Carreira Montes, arquitecto.
Juan José Soto Vidal, funcionario.
Manuel S. Fernández Álvarez, UVigo.
Brais González Pérez, escritor.
“Soak”, grupo musical.
Moncho Leal, mestre.
Xosé Luís Santos Cabanas.
Xoán Manuel Estévez Freijeiro.
Aitor Rivas, profesor.
Fátima Ferreira Golpe
“Skarnio”, grupo musical.
Manuel Vidal Villaverde, escritor.
Fidel Diéguez Díez, profesor.
Mercedes Martínez Fernández
Natanael L. Caeiro
Mon G. Buhigas
Emma Lázare.
Jorge Salvador Fernández
Pablo C. Rielo Rodríguez
Óscar Antón
Emilio García Lorenzo
Rafael Balado Merino
Carlos E. Ríos Regueira
Xosé M. Felpeto Enríquez
Xoán Hermida, director de Amarante
Antón Cortiza, escritor
Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor
Mabel Ribera, actriz
Manolo Rivas, escritor
Xabier P. DoCampo, escritor
Jorge Salvador Fernández, arquitecto
Manuel Fernández González, arquitecto.
José Díaz Vieites, arquitecto.
Manuel Lamas Castro, serígrafo.
Gonzalo Velasco Vieiro, pintor, grabador.
Pedro Agrelo Balado, deseñador.
Delfín Blanco Rodríguez, escultor.
Fernando López-Quiroga Teijeiro, deseñador
Xaquín Marín, debuxante
Daniel Hernández Ruiz
Suso Lista Neira, actor y blogger
Iago Garcia-Echave Puente, Arquitecto
Daniel Caxigueiro. Escultor
Xermán A. Refojo. Artista plástico
Sara Sánchez Piñeiro. Filóloga
Cristina Prieto Ledo, fotógrafa
Ricardo Méndez Maroto
Ana Monteserín Cancio, filóloga
Luar Na Lubre, grupo musical
Paco Souto, poeta
Miguel Mira Rey, musicoterapeuta
Xabier Gómez Santiso, músico
Felipe-Senén López Gómez, historiador da arte
Descarga aquí os carteis e distribúeos
Descarga aquí o banners nº 1 para á túa páxina web
ou aquí o banner nº 2
O 6 de maio na prensa
El País: Máis de 40 grupos ecoloxistas, contra a depredación da costa e dos ríos.
Galicia Hoxe: Ecoloxistas de tada Galicia únense nunha gran protesta en defensa do territorio
Seguir lendo
Diario de Ferrol
Vieiros
El Foro metropolitano de Vigo
Este é o eslogan da manifestación convocado por varias organizacións ecoloxistas de Galiza
Seguir lendo
GZnación
Seguir lendo
La Región
Seguir lendo
El Ideal Gallego
O alcalde debe dimitir 27.04.07
Belarmino asegura que se enterou por uns amigos que a recalificación de Andrade afectaba a outras persoas
Tanto Belarmino como Tino Regueiro admitiron no pleno de onte que non viran os planos do proxecto, o que non foi impedimento para aprobalo. Custa traballo crer nas súas palabras xa que de ser certas demostrarían un grande desleixo. Máis ben cremos que prefiren pasar por incompetentes antes que por malintencionados.
Sexa por unha
razón ou outra, o
certo é que decidiron sobre as propiedades de terceiros sen
a
súa aprobación. Amais da burla posterior aos
afectados e
á cidadanía. Semellante irresponsabilidade
só se
pode pagar coa dimisión dos actores desta farsa feudal.
Recollemos a noticia da Opinión:
Ante o 6 de maio 26.04.07
O colector de augas residuais de Ber verte directamente na praia 20.04.07
O xornal La Voz de Galicia informa hoxe de verteduras contaminantes ao mar onde "un cano de augas residuais verte directamente na area da praia de Ber, en Pontedeume, para desgusto dos veciños desa zona costeira de Boebre que temen que chegue o verán e volvan os malos cheiros ao principal areal de Pontedeume".
Tamén as augas residuais de Centroña van parar directamente ao mar. Algunhas bombas que deberían canalizar as augas ata a depuradora desapareceron do lugar no que supostamente deberían estar asentadas.
"La Opinión": A Xunta impón unha multa ao Concello de Pontedeume polas verteduras provocadas por un promotor en Vizús 19.04.07
O departamento autónomo, que depende da Consellería de Medio Ambiente, enviou varios escritos ao Concello sobre este asunto. O pasado 19 de xaneiro advertía ao Goberno municipal de que non constaba que Eugenio Molares Doval, propietario de tres vivendas en Vizús, tivese autorización para verter augas residuales ao regato que leva o mesmo nome. A Xunta de Goberno local acordou entón comunicar á Subdirección xeral de xestión do dominio público hidráulico a dirección do responsable dos vertidos, Molares Doval, para a notificación.
Augas de Galicia enviou un novo escrito o 7 de febreiro no que desestimaba o recurso de alzada interposto polo Concello contra a resolución do expediente sancionador aberto polo departamento autónomo contra o Concello. Nesta ocasión os responsables municipais acordaron interpoñer un recurso contencioso administrativo contra devandita resolución e pagar a sanción de 6.010 euros imposta por Augas de Galicia "antes do 20 de marzo". Eugenio Molares é propietario da empresa Eumegas, que distribúe gas butano e vende polo miúdo combustibles, carburantes e lubricantes. Ademais, posúe un bazar de electrodomésticos no centro da localidade.
O concelleiro de Obras, Manuel Allegue, recoñeceu onte que Augas de Galicia multou ao Concello polos vertidos. "Sé que puxo unha multa para que se limpase e limpouse. Mandouse un camión cisterna, pero non retiraron a sanción". Allegue critica que a Xunta multe ao Concello polos vertidos "de dez ou doce casas" cando "cidades como Ferrol,
A Coruña e Vigo carecen das depuradoras necesarias". "#Dar+lle+lle por cargar sempre contra o Concello, hai unha ducia de casas, non hai máis, pero se vai a instalar o alcantarillado e bombearase a auga ata a depuradora da Macuca", explicou o responsable municipal de Obras.
O pasado mes de xuño Xuventudes Socialistas de Pontedeume alertaba da existencia de vertidos ilegais de escombros no castro de Centroña e no camiño que leva ao lavadero de Cermuzo, en Campolongo. A agrupación xuvenil do PSOE instó entón ao Goberno local a adoptar medidas "urxentes" ante este tipo de prácticas e a impoñer un "severo castigo" aos responsables dos vertidos.
Na zona coñecida como castro de Centroña atopáronse pezas de gran valor arqueológico, como o torques de tipo ártabro depositado no castelo de San Antón, na Coruña. No lugar tamén se poden observar restos dunha antiga fortificación, de feito, as excavaciones dirixidas polo arqueólogo astorgano José María Luengo nos anos 50 desvelaron que existen vestixios dunha gran construción decorada con mosaicos que datan do século IV.
No mes de febreiro Fusquenlla denunciou publicamente a concesión de licenzas en Centroña e Boebre. Estas licenzas, entre as que se atopan as causantes destas verteduras, foron concedidas a pesar dun informe xurídico contrario asinado pola Secretaria do concello. Nel se manifestaba que os artigos das Normas Subsidiarias que xustificaban estes permisos quedaban derogados pola posterior Lei do Solo de Galiza e pola LRSV de ámbito estatal dos anos 1997 e 1998, respectivamente.
Diario de Ferrol: "Fusquenlla respalda aos veciños fronte ás intencións de Einsa" 17.04.07
O colectivo fai constar
que a constitución do negocio
inmobiliario formalizouse en Madrid en novembro do ano 2005 e que,
entre os seus obxectivos sociais, destaca "a adquisición,
enaxenación e goce por calquera título,
arrendamento,
construción e promoción de toda clase de
inmóbles,
leiras, solares, pisos, locais, garaxes e naves industriais", segundo
infórmase desde Fusquenlla. Tamén se di que
José
Carlos Mártínez Pérez e
María Luisa Fontana
Ruíz son os propietarios dunha nova marca inmobiliaria, que
se
identifica como Edicións Informatizadas Inmobiliarias e que
arrincou cun capital social de 3.100 euros. Por outra banda, o
colectivo refírese ás intencións da
empresa no que
a regularización de emprego refírese e considera
que
"esta operación urbanística encuberta non
só dana
interésesvos dous propietarios senón que pon en
perigo ou
futuro dá planta industrial de Campolongo, unha
fábrica
que pode ser pechada en beneficio de posibles futuros negocios
inmobiliarios".
Concello.- A visión que desde o Concello existe con respecto
a
este asunto é moi contraria á exponse desde
Fusquenlla.
Así, o primeiro tenente de alcalde e candidato do BNG
á
Alcaldía de Pontedeume, Manuel Rei, di que os comentarios e
o
temor do vecindario ante posibles intencións ocultas da
empresa
é facer "futuroloxía" e aclara que o proxecto
só
obedece a "criterios de racionalidade urbanística".
Tamén
se refire á reunión que políticos,
membros do
comité de Einsa e afectados celebraron fai uns
días e que
para Rei foi "aclaratoria", e recorda que a aprobación
provisional do expediente foi un asunto no que estiveron de acordo
todos os grupos políticos representados na
corporación
eumesa. Por outra banda, recorda que, unha vez ampliado o
período de exposición pública ata
mediados de
maio, todos os veciños poden presentar as alegaciones que
estimen oportunas.
Comunicado do comité cidadán de emerxencia para a ría de Ferrol 16.04.07
EINSA creou unha
sociedade inmobiliaria para recalificar os terreos de Andrade 13.04.07
Einsa
é unha empresa adicada á impresión,
edición
e distribución de publicacións. Posúe
tres centros
en Madrid, As Pontes e Pontedeume. Este último é
motivo
de conflicto social e laboral dende que en xaneiro do 2006 anunciase
unha regulación de emprego que ameazaba con deixar sen
traballo
a moitos dos seus empregados.
Agora os donos desta empresa piden unha recalificación dos
terreos nos que se asenta a fábrica e doutros que non lles
pertencen, fincas e casas de habitantes de Andrade que non foron
consultados polo destino que se lles quería dar
ás
súas terras. Esta solicitude foi inicialmente aprobada polo
pleno do Concello de Pontedeume cos votos favorabeis de todos os grupos
políticos. Os responsabeis municipais alegaron que a
iniciativa
tiña por obxecto ampliar a empresa e o número de
traballadores. O proxecto presentado por Joaquín
Martínez, en representación da empresa, sinala
que o
equipamento é para uso docente.
Todas os indicios apuntaban, como xa dixemos dende Fusquenlla, a unha
operación urbanística encuberta que danaba os
intereses
dos propietarios dos terreos adxacentes, aos traballadores da propia
empresa e a todo o concello de Pontedeume, lesionado pola inxente
urbanización que esquilma a paisaxe eumesa. Unha
recalificación como a que pretende Einsa non pode ser
concedida
polos motivos antes expostos, e ademais por non especificar con
claridade as intencións que se persiguen con esta
modificación do chan. O feito de argüir unha
razón
docente para a recalificación, facía sospeitar
que as
intencións eran outras.
Agora podemos afirmar que as sospeitas deixan de selo e
confírmanse os temores. Os propietarios de Einsa
diversifican os
obxectivos e adícanse aos negocios inmobiliarios. Crearon
unha
sociedade, Ediciones Informatizadas Inmobiliarias, S.L, en novembro do
2005, con domicilio social en Madrid, cun capital social de 3100 euros
e que ten como obxecto social “a
adquisición, enaxenación e disfrute por calquera
título, arrendamento, construción, e
promoción de
toda clase de inmobeis, fincas, solares, pisos, locais, garaxes, naves
industriais e urbanizacións”
Os propietarios desta nova marca son José Carlos
Martínez Pérez e María Luisa Fontana
Ruíz.
Convén salientar que as poucas semanas de crear esta
sociedade
é cando se produce o intento de reestruturación
da
plantilla de traballadores, intento abortado polas
mobilizacións
sociais que obrigaron aos donos da empresa a aparcar momentaneamente a
idea de despedir a unha parte da plantilla, e catro meses despois EINSA
presenta por primeira vez un expediente de recalificación
dos
terreos citados ante a CPTOPT, expediente denegado por esta
consellaría en xuño do 2006. A pesar diso o
concello de
Pontedeume aproba inicialmente, en xaneiro do 2007, a
recalificación de 136.000 metros cadrados, dos que un 20 %
pertencen a particulares alleos a EINSA. De conseguir que esta
modificación das Normas Subsidiarias se leve a cabo, EINSA
podería pechar a corto prazo as instalacións de
Campolongo e volcarse nos negocios inmobiliarios que tantos
réditos producen.
Einsa, a través das distintas fábricas que
posúe,
declara no último exercicio un rendemento de máis
de 7
millóns de euros, o que non lle impide gozar de
subvencións de máis de 1,5 millóns de
euros por
parte de institucións públicas. Unha proba do
excelente
trato que recibe dos organismos públicos, entre eles o
Concello
de Pontedeume, que non reparan en favorecer a esta empresa para quen a
propiedade privada non merece ser respectada.
O servilismo que os concelleiros e o alcalde á cabeza
demostran
ter cos propietarios de EINSA maniféstase tamén
na
discriminación que practican en relación a outros
cidadáns. Se Manuel Rei anunciaba o 3 de marzo no xornal La
Opinión que non se estaban a conceder licenzas para
construir
vivendas, xa que o PXOM estaba en trámite de
aprobación e
se “debía avanzar co plano de
urbanismo”, non se
comprende como sen embargo si é posíbel modificar
puntualmente as Normas Subsidiarias para amparar o que sen
dúbida pode chegar a ser maior pelotazo
urbanístico que
se dea en Pontedeume.
Máis información en:
O parlamento europeo aproba un informe crítico co urbanismo en españa 11.04.07
A comisión de Peticións do Parlamento uropeo (PE) aprobou hoxe co voto en contra do PP, as recomendaciones do informe crítico co urbanismo español elaborado por dous eurodiputados que visitaron a Comunidade de Madrid, a provincia de Almería e a Comunidade Valenciana. Segundo este informe o urbanismo que está padecendo España é un atentado contra dereitos fundamentais, movido por intereses bastardos de construtores sen escrúpulos conchabados con alcaldes de poucacategoria.
Os comisionados esgotan as
expresións de dureza. Falan de
"formigonamento da costa" e do "descomunal enriquecimento dunha
pequena minoría a costa da maioría".
"As vítimas cóntanse por decenas de milleiros" ao
ver os veciños dos
pobos que "de súpeto o tamaño e a
poboación das súas comunidades
multiplícase máis aló de toda
proporción como consecuencia das
ambicións de alcaldes de medio pelo"
O informe reclama ás autoridades españolas, en particular ao Goberno valenciano, que "recoñezan os dereitos lexítimos dos particulares á propiedade legalmente adquirida e establezan, por lei, criterios definidos con máis precisión (...) para evitar e prohibir os abusos do dereito de propiedade mediante decisións das autoridades rexionais e locais".
Tamén pide á Comisión Europea que examine as "posibles infracciones ao dereito comunitario e dos dereitos e principios básicos recoñecidos no Tratado da UE" aos cidadáns afectados pola "urbanización extensiva".
Cuestíonanse así mesmo "os métodos de designación e os poderes a miúdo excesivos" atribuídos aos urbanizadores e promotores inmobiliarios, reclama a participación cidadá no desenvolvemento dos plans urbanísticos e pide a creación de comisións de arbitraje para dirimir as demandas de afectados por abusos.
O representante dos
Verdes, David Hammerstein, denunciou que "a
democracia local foi fagocitada por uns Concellos na sombra das
constructoras". "O interese
público substituíu
As canteiras do Courel a ceo aberto 06.04.07
Ler aquí
A Xunta de Galicia xa presentou a semana pasada o recurso contencioso-administrativo para que o Concello de Foz anule as licencias outorgadas o 29 de marzo de 2006 04.04.07
Transcribimos a noticia publicada hoxe pola Xunta de Galicia:
A Xunta
de Galicia, a través da
súa Asesoría Xurídica Xeral, presentou
a semana
pasada, concretamente o venres día 30 de marzo, no Xulgado
do
Contencioso-Administrativo de Lugo o recurso contencioso administrativo
no que se solicita a anulación das licencias municipais
outorgadas polo Concello de Foz na Xunta de Goberno Local celebrada o
29 de marzo de 2006.
Neste recurso, a Xunta solicita á xustiza a
aplicación de
dúas medidas cautelares en tanto non recaia sentencia. A
primeira é a suspensión
das licencias impugnadas e das obras que lexitiman esas licencias
e a segunda é a anotación
preventiva da acción xudicial presentada no Rexistro da
Propiedade
a efecto de que teña publicidade tal acción
xudicial
(é dicir, que no Rexistro da Propiedade figure que sobre
esas
fincas pesa unha acción xudicial).
A interposición deste recurso é un exemplo claro
de que a
Consellería de Política Territorial, Obras
Públicas e Transportes, actúa sempre con
criterios de
coherencia, rigor e transparencia, independentemente da cor
política dos concellos e dos intereses partidarios. Dito
recurso, que é a canle regulamentaria establecida cando os
concellos non atenden os requirimentos previos feitos por
Política Territorial, tamén desminte as
acusacións
do Partido Popular.
Lembramos que dende o colectivo Fusquenlla solicitamos á CPTOPT unha medida semellante para suspender as licenzas sobre as que pesan ordes de paralización. Actualmente hai preto de 200 vivendas que se atopan nestas condicións en Pontedeume.
Os afectados pola recalificación de Einsa non cren que sexa para ampliar as instalacións 03.04.07
Segundo a empresa o
proxecto para recalificar os terreos obedece a
unha ampliación das instalacións, pero os
afectados ven
unh aincongruencia no feito de que hai pouco máis dun ano a
empresa pretendía despedir a traballadores.
Ler
en La Opinión
Ecos da convocatoria nos xornais 02.04.07
Diversos xornais xa recollen a noticia da convocatoria que os movementos ecoloxistas e cidadáns fixaron para o día 6 de maio como unha data na que amosar a repulsa pola degradación do territorio.
A maior parte dos colectivos ecoloxistas estiveron presentes na xuntanza.Plataforma veciñal contra a piscifactoria de Baroña,Plataforma Quilmas, Amigos da Terra, Verdegaia, Fusquenlla, Salvemos Monteferro, Luita Verde, Ortigueira Sostible,
Greenpeace,
Foro Social de Cangas, Comisiao reunificasao GZ-Portugal, Plataforma
Ártabra 21, Sociedade Galega de Historia Natural,
Comité
Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol,
Plataforma
contra o Viaducto e a Variante de Outes y la Plataforma para a
Conservación e Rexeneración do Litoral de Bueu. A
Federación ecoloxista galega escusou a súa
asistencia por
mor da celebración dunha asemblea pero amosou o seu
apoio
á manifestación.