Maio 2007
O Comité Cidadán de Emerxencia convoca para hoxe unha asemblea cidadá 31.05.07
Por outra banda, Verdegaia critica a actuación policial de onte e a prisión do patrón maior da confraría de Ferrol. "Verdegaia rexeita e denuncia as actuacións policiais, esixe a demisión do Delegado do Goberno en Galiza, reclama a posta en liberdade do Patrón Maior e chama á participación na concentración do vindeiro 3 de Xuño."
Tamén apunta que "a Delegación do Goberno estatal en Galiza (ao igual que a Autoridade Portuaria ou a Xunta de Galiza), no lugar de defender a legalidade vixente e o sentido común púxose ao servizo dunha empresa e os seus intereses particulares. O esaxerado despregamento policial, as desproporcionadas cargas contra manifestantes, a detención do patrón maior, Bernardo Bastida, e o ingreso en prisión sen fianza deste, semellan ter unha clara intención, ademais de permitir descargas de gas concretas e garantir o funcionamento ilegal de REGANOSA. A Delegación do Goberno pretende intimidar e dividir á cidadanía que rexeita a ubicación da regasificadora no corazón da Ría de Ferrol."
Por último "Verdegaia esixe a demisión de Manuel Ameijeiras, Delegado do Goberno, o cesamento das actuacións policiais intimidatorias e o submetimento de REGANOSA á legalidade, ao tempo que chama á cidadanía a participar na concentración convocada polo Comité Cidadán para Domingo 3 de Xuño ás 12:00 en Curuxeiras."Orde de prisión sen fianza para o patrón da confraría de Ferrol 31.05.07
Un novo detido pola policía nacional
Despois das eleccións 30.05.07
Algúns poden considerar que un novo tempo se abre en Pontedeume despois da era Belarmino. Mesmo poden ter esperanzas nunha melloría na relación entre cidadáns e Concello. Nós non somos quen de entrar a debatir esas posibilidades, reais ou non. Pero si podemos e debemos interpretar o resultado destas eleccións que trouxeron un cambio de goberno en Pontedeume. As causas que influiron nestes resultados deberían ser tidas en conta se non se quere incurrir nos mesmos erros do pasado.
No noso concello existe unha sensibilidade especial ante o deterioramento urbanístico que se está a producir. Esta sensibilidade aflorou a partir das graves infraccións que o Colectivo Fusquenlla denunciou dende a súa aparición como entidade cidadá. E isto convén dicilo porque o noso colectivo tivo, ten e terá como única actividade a defensa dun urbanismo racional e sostíbel para o concello de Pontedeume. Independentemente da cor do goberno local.
Esta conciencia social chocou co nulo interese municipal en atopar solucións ás xustas demandas dos eumeses na procura dunha vila e concello cunha maior calidade de vida, unha calidade que pasa por preservar o entorno paisaxístico, a costa, o casco histórico, as zonas protexidas, e o medio ambiente. Pola contra, o equipo de goberno embarcouse nunha senda chea de licenzas ilegais, despotismo, falta de transparencia, prevaricación, recalificacións "in extremis", e unha aposta descarada pola defensa dos promotores inmobiliarios.
Esta confrontación entre as demandas cidadás e a práctica gubernamental trouxo un desencanto que se traducíu nunha perda de votos dos partidos que formaban parte do goberno local. Esta diminución correspóndese co aumento da abstención, do voto en branco e do voto nulo que se deron nestas eleccións. Os políticos saíntes deberían interpretar isto como un castigo polo labor desenvolvido durante estes catro anos, e os entrantes como unha advertencia do que pode volver a suceder.
Por todo o anterior Fusquenlla seguirá loitando na procura dunha solución aos problemas que xurdiron nos últimos anos en temas de urbanismo e medio ambiente. Entre outros, como máis inmediatos situamos a necesidade de facer efectivas as múltiples ordes de paralización ditadas contra obras ilegais, a reposición da legalidade nestas obras tal e como contempla a Lei de Ordenación Urbanística, a oposición ás licenzas para construir urbanizacións en terreos de Boebre e a consecución dun novo PXOM adaptado ás necesidades reais de Pontedeume.
Castigo ao BNg e PSdG 30.05.07
Os responsabeis destes partidos, Vilariño e Rei comentan o resultado das eleccións.Ler en La Opinión
O gaseiro 'Mourad Dideouche' entra na ría de Ferrol e diríxese ás instalacións de Reganosa 30.05.07

Ler en Galicia-Hoxe
Comunicado do Comité de Emerxencia da
ría de Ferrol 30.05.07
Unha descripción do sucedido nas últimas 24 horas
en
Ferrol, onde a policía cargou contra cidadáns
concentrados pacíficamente no peirao desta cidade.Descargar en formato pdf.
Estando en el puerto, SIN QUE AÚN ATRACARAN LOS PESCADORES, hubo una descarga policial contra la CIUDADANÍA, no es cierto que fuera cuando quisieron detener al Patrón de la Cofradía de Ferrol, aún no había atracado!. Yo ni soy mariscadora ni tengo familiares en el gremio, lo que si soy es CONSCIENTE de lo que nos han metido en esta ría, y no lo quiero!
Vi llegar la embarcación con el patrón de la Cofradía DESPUÉS de haber recibido unas buenas “labazadas” por parte de las fuerzas policiais...... El patrón no opuso resistencia a su detención ya que lo hizo voluntariamente para que pararan de pegar a los ciudadanos que pacificamente solo aplaudíamos la llegada de los valientes por frenar el maldito gasero.
No sé, o si, qué PODERES son los que están permitiendo esto:.... que las Fuerzas de Seguridad defiendan a una empresa privada, REGANOSA, y de momento ilegal y golpeen a la ciudadanía por defender la RÍA y la VIDA pacificamente.!
No entiendo, o si, a los partidos polítcos que están permitiendo esto y CALLAN!
Detido o patrón maior de Ferrol nunha carga policial contra mariscadores que impedían a entrada do metaneiro a Reganosa 29.05.07
Noticia publicada en Galicia-Hoxe17.53h. Tras lograr impedir a súa entrada hoxe, os mariscadores anunciaron que mañá volverán realizar o mesmo tipo de accións
O patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, foi hoxe detido nos enfrontamentos que se produciron cando os mariscadores intentaban impedir a entrada na ría do metaneiro 'Mourad Didouche' e no que se produciu unha carga policial contra os que esperaban a chegada das 40 embarcacións que participaron na acción.O segundo barco que chega con destino a Reganosa dende a entrada en funcionamento en probas da planta de gas de Mugardos (A Coruña) non puido finalmente acceder pola protesta do colectivo que, tras o arresto de Bastida e a resposta policia, decidiu dirixirse en masa ao cuartel da Guardia Civil de Canido onde foi trasladado o patrón maior.
As embarcacións permaneceron á entrada da ría ata as 16.00 horas cando finalizaba a preamar diúrna, xa que despois o metaneiro xa non podería manobrar para atracar. Por estes motivos, o 'Mourad Didouche' diríxese agora mesmo á Ría de Ares, onde fondeará ata que suba de novo o mar para intentar de novo entrar a Reganosa.
As embarcacións dos mariscadores estiveron na zona, dando voltas, para evitar así --segundo explicaron a Europa Press-- estar parados e que as tres patrullas da Guardia Civil lles tirasen auga dende as zódiacs para dificultar esta medida de obstrución.
O metaneiro chegou a situarse a dúas millas da entrada do Reganosa, custodiado por dous remolcadores, mentres outros dous estaban en porto xunto a lanchas dos prácticos. Dende o inicio das accións de obstrución dos mariscadores un helicóptero estivo a sobrevoar a zona.
MANOBRAS
Segundo explicaron a Europa Press os mariscadores, saíron ao mar para evitar que o metaneiro "metese o morro" na entrada do porto, porque, se é así, terían que deixalo entrar "porque este buque non podería manobrar cara a para dar marcha atrás".
Tras lograr impedir a súa entrada hoxe, os mariscadores anunciaron que mañá volverán realizar o mesmo tipo de accións, porque "dan por feito" que o metaneiro tamén volverá intentalo mañá na hora de preamar.
O buque está cargado con 55.514 toneladas de gas natural licuado (111.028 metros cúbicos). Trátase dun buque con 274,4 metros de eslora e capacidade para ata 140.000 metros cúbicos de GNL. O momento óptimo de entrada sería coa preamar diúrna, a partir de as as 15.48 horas.
O Comité de Emerxencia explicou que esta acción de obstrución é para evitar o acceso a Reganosa do buque, por considerar que a planta de gas supón un risco real para a vida das persoas en caso de accidente e que a súa posta en funcionamento danará a riqueza marisqueira da ría.
INCUMPRIMENTO
Ademais, o colectivo incidiu en que a planta de gas non debería funcionar en probas, xa que as obras de construción aínda non se finalizaron e non cumpre coa distancia regulamentaria ás poboacións próximas.
Así, o colectivo denunciou que as normas de Capitanía Marítima de Ferrol determinan que en caso de emerxencia durante a descarga, o metaneiro sexa desatracado do muelle e levado ao fondeadoiro de Santa Lucía, situado a uns cen ou douscentos metros, máis cerca aínda do núcleo de poboación principal de Mugardos e da cidade de Ferrol.
Para Carmelo Teixeiro, coordinador do comité, as normas de Capitanía Marítima confirman que, en caso de emerxencia, o metaneiro non podería saír ao mar como require a norma EN-1532 e suporía unha clara ameaza á vida da poboación.
O Comité Cidadán de Emerxencia --apelando á "defensa da vida da ría e da legalidade"-- solicitou ás autoridades competentes que prohiban a entrada do buque, baseándose en que Reganosa "non ten todos os permisos en regra e en que é imposible a saída ao mar en caso de emerxencia".
Manifesto da Plataforma Ártabra 21 pedindo a demisión do Delegado do Goberno
Reunidos en ASEMBLEA, os membros da PLATAFORMA ÁRTABRA21 ás 7 da tarde no Centro Cultural Carvalho Calero, e ante a GRAVIDADE DOS ACONTECEMENTOS NO PEIRAO DE FERROL respecto a entrada ILEGAL dun gaseiro na Ría de Ferrol, segundo fallo das sentenzas xudiciais de xuño-2004 e 2006 referidas á falta dun INFORME DE IMPACTO AMBIENTAL.
A ASEMBLEA PA21 trata de realizar unha análise que explique algún razoamento para que as actuais forzas políticas no poder xustifique o que consideramos unha BRUTAL ACTUACIÓN POLICIAL, ADEMAIS DE PARTICIPAR FORZAR MILITARES.
A ASEMBLEA MANIFESTA E ACORDA :
1 .- ESIXIR RESPONSABILIDADES POLITICAS , POR MILITARIZAR PARTE DO CONFLITO NUNHA COMPETENCIA CIVIL.
NON PODEMOS CONSENTIR QUE AS AUTORIDADES CHAMADAS PROGRESISTAS RECURRAN A E ESTES METODOS IMPROPIOS DESTES TEMPOS E QUE ESIXIREMOS UNHA ACLARACIÓN NAS INSTITUCIONS E PARLAMENTOS.
2 .- CONDENAMOS OS METODOS UTILIZADOS POLOS EXCESOS POLICIAIS DESMEDIDOS CUNHA SAÑA NA CARGA QUE LEMBRAN AOS VELLOS TEMPOS DOS “GRISES” .
3 .- ESIXIMOS A POSTA EN LIBERDADE DO PATRON MAIOR DA CONFRARIA DE FERROL, BERNARDO BASTIDA.
4 .- APOIAR A ASEMBLEA CIDADÁN EN TODAS AS SUAS DECISIÓNS E MESMO NAS DENUNCIAS XUDICIAIS.
5 .- PEDIRMOS A DEMISIÓN DO DELEGADO DO GOBERNO, POLA FALTA DE TALANTE DEMOCRATICO , OFRECENDO COMO ALTERNATIVA DE DIALOGO A BRUTALIDADE POLICIAL .
FERROL A 29 DE MAIO DE 2007.
O Comité cidadán tentará impedir hoxe a entrada na ría dun gaseiro 29.05.07
Segundo publica o xornal Diario de Ferrol un buque cargado con gas natural licuado podería entrar na ría de Ferrol para abastecer a planta de gas de Reganosa.
Traducimos do Diario de Ferrol:
O portavoz e coordinador do mencionado comité, Carmelo Teijeiro, advertiu onte, sen revelar o contido e características das protestas que o colectivo retomará hoxe, de que as mobilizacións "non son agresivas, senón de defensa da vida e a legalidade".
Teijeiro asegurou que a Garda Civil realizara nos últimos días prácticas de rescate de homes na auga. A acción está relacionada co anuncio, efectuado o pasado 18 de maio, de que, nesta ocasión, non serán as embarcacións o que os efectivos policiais teñan que retirar da bocana da ría, senón aos propios mariscadores, que entón anunciaron a súa intención de lanzarse ao auga dotados de traxes de neopreno para asegurar a flotabilidad e limitar os efectos do frío.
Durante os últimos días, a vixilancia na zona nas horas previas e seguintes á pleamar foi constante por parte do colectivo opositor ao actual emprazamento do complexo gasista.
Teijeiro dá por feito que se producirá unha nova intervención das Forzas de Seguridade e, neste sentido, onte reiterou as críticas, pouco antes do comezo dunha nova reunión do colectivo para concretar aspectos relacionados coas protestas de hoxe, cara ao delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, sobre o que asegurou que "recibira fortes presións de Madrid para decidir a intervención policial".
Reganosa procedeu a encher entre os días 9 e 12 de maio o primeiro dos dous tanques de 150.000 metros cúbicos con que conta a instalación. No comité cren que agora se procederá a realizar as probas no segundo. A compañía dispón dun permiso provisional de tres meses.
Os candidatos pasan sobre ascuas polo urbanismo 26.05.07
Recollemos do xornal La
Opinión as
valoracións que os candidatos á
alcaldía de Pontedeume fan sobre os problemas de urbanismo,
un tema que centra as máis grandes controversias nos
concellos galegos.
O urbanismo foi outro dos principais temas da campaña. Fai
máis dun ano que o colectivo Fusquenlla comezou a denunciar
varias irregularidades urbanísticas no municipio
-Caldagueiro, casa de don Pablo e vivendas unifamiliares levantadas en
chan rústico de protección costera- . Fai algo
máis dunha semana advertía de que, á
porta das eleccións, o Goberno local tramitaba a
construción de tres urbanizacións na parroquia de
Boebre.
Os socialistas aseguran que no caso de Caldagueiro e da casa de don
Pablo "faría cumprir a legalidad". "Non podemos facer outra
cousa se eses edificios adoecen dalgunha irregularidade",
subliña. Para Vilariño, "o eslabón
máis débil en materia urbanística
é o Concello" e reprocha á Xunta que non dea "un
paso á fronte e estableza unha normativa estable para que
todos saiban con que regras xogan".
O Bloque defende que o Concello executou as ordes de
paralización da casa de don Pablo e Caldagueiro. "Debatemos
moito sobre ata onde chegar coas ordes de paralización, pero
antes de dar a licenza de primeira ocupación queremos pensar
que eses temas solucionaranse", recalca. Tamén considera que
houbo un momento no que as normas urbanísticas eran
"contradictorias" e asegura que no Goberno local hai "puntos de vista
diferentes" sobre Urbanismo, pero non discrepancias.
As directrices do PP nesta materia son "facer cumprir a lei",
aínda que considera que o PGOM "non é o tema
máis importante para o cidadán do
montón". Ademais, opina que en Pontedeume non fan falta
moitas máis vivendas: "Levo 23 anos no mesmo edificio e
sempre houbo pisos baleiros. Non hai carencia, se especula con eles,
así que trataremos de evitar iso". O COE cre perentorio
distinguir entre chan urbano consolidado e o que non o é "e,
a partir de aí, aplicar a legalidad", así como
finalizar o PGOM e incluír á vila na Axencia de
Protección da Legalidad.
IEP defende, finalmente, que para adecuar a obras á
legalidad e ás licenzas "hai que levantar o veto de
paralización" e recoñece que na casa de don Pablo
"pasáronse en volume".
Informe global 2007 sobre a corrupción en España emitido por "Transparency International"
Ler aquí un resumo do informeO Director Xeral de Urbanismo abre expedientes por dúas vivendas unifamiliares en Boebre 25.05.07
O director xeral de Urbanismo ditou, con data do 23 de xaneiro de 2007, resolución do inicio do expediente sancionador nº 107 C 2007/2-0, incoado a José Fernández Álvarez, na súa condición de promotor, pola execución de obras de construción de vivenda unifamiliar no lugar praia de Ver-Boebre, no concello de Pontedeume.
Asemade ditou, por delegación da conselleira (Orde do 6 de marzo de 2003, DOG do 12 de marzo), con data do 30 de marzo de 2007, resolución pola que se acorda a suspensión de obras e o inicio de expediente de reposición da legalidade urbanística nº 107 B 2007/42-0, a Manuel Freire Carracedo, na súa condición de promotor, pola execución de obras de construción de vivenda unifamiliar, no lugar das Anduriñas, concello de Pontedeume.
Lembremos que a Consellaría de Política Territorial xa ditara outro expediente por unha vivenda unifamiliar en Nogueirosa. Porén, non acaba de expedientar aos promotores de aberracións tan inconmensurabeis como a de Caldagueiro ou a antiga casa de D. Pablo.
Quizais o Director Xeral teña predilección pola costa de Boebre. De ser así, que se prepare para abrir máis de 400 expedientes polas novas uvivendas que desexan construir dilixentes promotores temerosos de ser neutralizados pola Lei de Medidas Urxentes do Litoral
Política territorial denega a recalificación solicitada por EINSA en Andrade 22.05.07
Segundo informa hoxe Diario de Ferrol, a Consellaría de Política Territorial denegou a petición que o Concello de Pontedeume fixo a instancias dos propietarios de Einsa. O proxecto consistía en recalificar os terreos sobre os que se asenta esta empresa e outros colindantes de veciños que descoñecían o que o Concello pretendía facer coas súas posesións.
Transcribimos aquí a noticia tal e como a publica o xornal.
A
Consellería de Política Territorial tomou o
acordo de
denegar a solicitude que o Concello de Pontedeume presentara, a
instancias da empresa Einsa, para a recalificación de chan
na
parroquia de Andrade. Os veciños da zona xa respiran
máis
tranquilos.
O vecindario de Andrade entendera que a ampliación
solicitada
pola empresa Einsa podía dar lugar a unha
recalificación
urbanística encuberta, de aí as alegaciones
presentadas
ao proxecto e a denuncia pública do asunto a
través dos
medios de comunicación e de pancartas
estratégicamente
situadas ao bordo da estrada.
Agora a Xunta tamén observa que a demanda non
está
suficientemente xustificada e considera máis conveniente
deixar
as cousas como están á espera da entrada en vigor
do Plan
Xeral de Ordenación Municipal que se atopa en proceso de
tramitación.
Polo tanto, a decisión da Consellería de
Política
Territorial vén darlle a razón aos 25
veciños
afectados pola decisión da empresa de unificar chan coa
pretensión de darlle novo uso, incluído o
residencial, ou
polo menos así o denunciou o vecindario. Deste negocio
tampouco
quedaban á marxe os propietarios dos case 50.000 metros
cadrados
que aínda non foran adquiridos pola empresa, xa que esta
reclamáballes o 20% das súas respectivas
propiedades e a
participación nos gastos derivados da
urbanización que se
pretendía levar a cabo en toda a zona.
A reforma implicaba así mesmo a ampliación da
estrada
AC-151, que vería duplicada a súa actual
capacidade.
Un acordo adoptado pola corporación municipal na xornada do
día 25 do pasado mes de xaneiro deu lugar á
aprobación inicial da modificación das Normas
Subsidiarias sobre unha extensión de aproximadamente 136.000
metros cadrados. Desta cantidade, máis de 126.000 xa foran
escriturados a favor da empresa que se dedica á
edición
de guías e páxinas amarelas para distintos
países
europeos e que actualmente ten en nómina a uns 90 empregados.
Como xa comentamos nesta mesma páxina a recalificación solicitada era un despropósito máis aos que xa nos ten acostumados o goberno municipal. Despois de aceptar que aprobaran a solicitude descoñecendo o que nela se incluía, os representantes da comisión de goberno tentaron convencer aos veciños dos beneficios da recalificación. Xa antes o Colectivo Fusquenlla fixo público que a empresa Einsa creara unha sociedade inmobilaria que explicaría a verdadeira finalidade da recalifcación.
O DOG publica hoxe o anuncio da aprobación inicial do plan parcial de Ber 21.05.07
![]()
O expediente completo atópase nas oficinas do
Concello para información pública. Os
interesadios
poderán interpoñer cantas
alegación
consideren oportunas. O prazo de presentación
será
dun mes a partir de hoxe. O anuncio publícao hoxe
o Diario
Oficial de Galicia tal e como é preceptivo pola
Lei
de Ordenación Urbanística.
O plan parcial de Anduriñas-Ber prevé unha urbanización a carón da xa existente na praia de Ber. Unha urbanización condenada a estar deserta na meirande parte do ano que será levantada polo grupo Lar Promosa, S.A.
Constará de máis de 180 vivendas entre chalés e apartamentos, cifra que poderá ampliarse a 250 vivendas por mor dos servizos adaptados. Esta actuación contempla o sistema de compensación para propietarios que non forman parte dos terreos de Lar Promosa.
Unha agresión á costa eumesa que xunto cun proxecto similar en Boebre vai fortificar todo o litoral dende Centroña ata Perbes. En total suman máis de 400 vivendas aliñadas nunha zona que a nova Lei de Medidas Urxentes do Litoral pretende conservar.
Quen queira ver o documento aprobado pola comisión de goberno do Concello de Pontedeume, no que se especifican as características deste proxecto, pode descargalo aquí en formato pdf.
O urbanismo en Galiza 20.05.07
Cando
se di que o cemento asolaga Galiza non se está a utilizar
unha
figura retórica senón unha definición
exacta da
realidade. En toda a historia de Galiza edificáronse 22
millóns de metros cadrados; cos novos plans de urbanismo
prevense edificar outros 22 millóns de metros cadrados.
É
dicir, vaise duplicar nunha década o solo
edificábel
durante toda a historia galega.
E non se trata dunha necesidade demográfica. O crecemento vexetativo da poboación está moi por debaixo do crecemento urbanístico. Nos últimos seis anos a poboación galega creceu en 34.600 habitantes mentres que os visados de nova obra foron de 214.000 vivendas. Por cada novo habitante construíronse seis novas vivendas.
Pero si estas cifras trazan un mapa dos últimos anos, as estimacións para un futuro inmediato son aínda máis preocupantes. Só nos concellos do litoral, os novos plans de urbanismo prevén edificar 800.000 vivendas. Moito máis do que pensan edificar na Costa do Sol (Marbella incluida). E a razón está no enorme tirón que está tendo a costa galega no que a demanda de segunda residencia se refire. Un fenómeno que xa se afianzou nos últimos anos. Dende 2001 a 2005 case a metade de novas vivendas (44 %) foron de segunda residencia.
Segundo datos do Informe de Sostenibilidade de España, Galiza xa ten cosntruido o 15% do seu primeiro quilómetro de costa, unha cantidade superior á das autonomías como Baleares ou Canarias, cun forte historial turístico.
O argumento máis usado polos concellos galegos que se distinguen por conceder licenzas dun xeito xeneroso é o apoio ás arcas municipais que supoñen as taxas da construción. Porén está demostrado que isto é unha falacia. Os ingresos que os concellos perciben das promotoras inmobilaris non son máis que un 3% do que gastan os devanditos concellos, coa agravante que este miserento 3% non chega para suplir os gastos derivados das obras que os mesmos concellos deben efectuar para dotar de servizos ás novas urbanizacións. Sendo pois unha realidade que os ingresos son insuficientes para dotar de servizos ás novas vivendas cabe preguntarse por que os concellos son tan xenerosos á hora de conceder os permisos. A resposta pode estar na xa demostrada corrupción.
Se antes se falaba do crecente atractivo que supón a costa galega, convén salientar que as zonas do litoral máis demandadas pola súa beleza son a Mariña lucense e a Ría de Ares. Outros datos que corroboran a importancia das pequenas vilas en relación ás grandes cidades, está no feito de que o ano pasado o número de vivendas construidas nas primeiras superou ao conxunto das grandes cidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
O papel que lle toca xogar a Pontedeume neste desenvolvemento urbanístico é dos máis preocupantes. Situado nunha paraxe das máis apetecibeis para os compradores de segundas residencias, por ser aínda unha zona das menos degradadas, o futuro que se vislumbra para o noso concello é moi gris, como se deduce da lectura do que será o novo planeamento urbanístico. Pontedeume ocupa o 8º lugar na táboa de concellos que máis aumentan a súa edificabilidade cun 200 %, é dicir, triplica a súa capacidade urnbanística. Unha mostra deste aumento témola na pretensión de construir máis de 400 vivendas na primeira liña de costa en Boebre. Un problema máis grave se temos en conta que, a diferencia do resto de Galiza, o crecemento vexetativo de Pontedeume é negativo. Nos últimos doce anos a poboación deste concello diminuíu un 5%.
| Ortigueira | 1230 |
| Cabana de Bergantiños | 621 |
| Sada | 433 |
| Mugardos | 336 |
| A Pobra do Caramiñal | 297 |
| Illa de Arousa | 251 |
| Outes | 222 |
| Pontedeume | 205 |
| Ribeira | 194 |
| Fene | 178 |
| Ribadumia | 157 |
| Bergondo | 146 |
| Redondela | 139 |
| A Guarda | 131 |
| Narón | 109 |
| Rianxo | 108 |
| Cambados | 104 |
| Vigo | 101 |
Fontes: Consello de Contas, Consellaría de Vivenda, Consellaría de Política Territorial, Informe de Sostenibilidade de España, Instituto Nacional de Estatística, Observatorio Inmobiliario del Centro de Investigación Económica e Financieira de Caixa Galicia, Greenpeace
O PSdeG pide ao Ministerio de Industria unha planta de celulosa para As Pontes 19.05.07
Tanto a dirección local do partido como a Consellaría de Economía da Xunta de Galiza amósanse partidarias de que As Pontes acolla unha planta de fabricación de pasta de celulosa e papel.
Un informe neste sentido foi entregado ao Ministerio de Industria solicitando a instalación de dita industria. Tamén se enviará outro informe ao Ministeiro de Medio Ambiente.
Consideran os socialistas que As Pontes As Pontes reúne toda unha serie de requisitos que o convirten no municipio idóneo para a instalación da planta de celulosa. Alegan a existencia de dous encoros de auga para abastecer a planta e lembran que a mina será convertida nun inmenso lago que podería aportar máis auga.
Tamén salientan que o concello dispón de 100 hectáreas para ubicar a planta, así como dunhas inmellorabeis vías de comunicación. Pero o máis importante é a planta de gas, que surtiría deste elemento á planta, xunto co porto de Ferrol como medio para desenvolver a súa actividade. Sen menospreciar o feito de que o concello sitúase dentro do maior entorno de produción de eucalipto deEuropa.
Máis información en Xornal.com
Especulación e mentiras 16.05.07
O goberno local acaba de aprobar o plan parcial de Anduriñas-Ber. Unha urbanización a carón da xa existente na praia de Ber que vai levantarse por iniciativa de Lar Promosa, S.A. Constará de máis de 180 vivendas entre chalés e apartamentos, cifra que poderá ampliarse a 250 vivendas por mor dos servizos adaptados. Esta actuación contempla o sistema de compensación para propietarios que non forman parte dos terreos de Lar Promosa. Unha agresión á costa eumesa que xunto cun proxecto similar en Boebre vai fortificar todo o litoral dende Centroña ata Perbes. En total suman máis de 400 vivendas aliñadas nunha zona que a nova Lei de Medidas Urxentes do Litoral pretende conservar.
O feito de que estas macrourbanizacións sexan aprobadas cando só faltan uns días para a celebración das eleccións locais pode dar unha idea da magnitude dos intereses - propios e alleos - que se poden dirimir con estas operacións. Máis que deixalo todo atado e ben atado, parece que buscan deixalo todo cobrado e ben cobrado. Tamén nos fan recordar o goberno en funcións de Manuel Fraga, concedendo "in extremis" licenzas para minicentrais. Unha práctica propia de quen foi un autócrata pero inadmisíbel en representantes do PSdeG e BNG.
Estase
a vender a mellor carta de presentación de Pontedeume,
o seu litoral, atendendo ás demandas dos
especuladores que
demostran ter unhas dotes de persuasión capaces de subxugar
a
alcalde e concelleiros. Non abonda prometer, como fixeron os
responsabeis do Concello, que a costa de Pontedeume
está a
salvo se logo se dilapida este patrimonio en aras dunha presunta
modernidade.
Ao igual que no caso da recalificación en Andrade solicitada por Einsa, no que se aunaron os esforzos dos veciños afectados e do colectivo Fusquenlla, somos conscientes de que a contestación social é o mellor antídoto contra as pretensións urbanizadoras do goberno local. Por esa razón non escatimaremos esforzos para exixir á Xunta que impoña, por riba dos despropósitos do Concello de Pontedeume, a necesaria salvagarda do noso litoral.
Lavado de imaxe do BNG
Que Manuel Rei, candidato do BNG á alcaldía de Pontedeume, diga que o seu partido non aproba a urbanización que se pretende construir en Ber non deixa de ser un reclamo electoral sustentado na mentira. O proxecto foi presentado á comisión de goberno para a súa aprobación polo concelleiro de urbanismo e membro do BNG, Constantino Regueiro. Agora Rei anuncia que Regueiro se mantén á marxe da organización, exonerando así ao partido das irregularidades cometidas durante a actual lexislatura. A dez días das eleccións decátanse de que o urbanismo en Pontedeume estivo en mans dun infiltrado.
Non podemos admitir esta burda actuación electoralista cando sabemos que a concellaría de urbanismo cometeu en Pontedeume unha morea de infraccións que motivaron a intervención da Xunta de Galiza. Hai máis de 200 vivendas cun expediente aberto ou con ordes de paralización, ordes que foron obviadas polo equipo de goberno. Manuel Rei non ten dereito a pregoar agora que foron eles os que denunciaron seis casetas ilegais en Ber cando permitiron e protexeron aberracións como a de Caldagueiro, a casa de D. Pablo, ou a recalificación en Andrade, sen esquecer as licenzas concedidas en zona de protección costeira de Nogueirosa ou en Centroña.
O BNG considera que o seu concelleiro de urbanismo,Tino Regueiro, está á marxe da organización 16.05.07
Reproducimos aquí o artigo aparecido hoxe no xornal La OpiniónNuria
Rodríguez.Pontedeume
O portavoz municipal e candidato do BNG á
Alcaldía de
Pontedeume, Manuel Rei, quixo aclarar onte que a súa
agrupación votou en contra da aprobación do plan
parcial
que permitirá construír unha
urbanización en
Anduriñas, en Ber.
"A postura do BNG e a do seu portavoz e foi a de opoñerse
á aprobación inicial do plan, non así
a do
concelleiro de Urbanismo, Celestino Regueiro [tamén do BNG],
que
desde fai meses mantense á marxe da organización
e
actúa neste tema con liberdade e criterios propios. Neste
caso
chocou frontalmente co do BNG", aclarou Rei.
A comisión de Goberno aprobou de forma inicial a
adaptación do plan parcial de Anduriñas-Ber
á Lei
do Só o pasado 24 de abril cos votos a favor do PSOE e
Independentes en Pontedeume e en contra do BNG
-excepto do responsable de Urbanismo, que apoiou a proposta-. O
proxecto foi presentado no Concello fai 14 anos e non foi adiante
porque as vivendas foran proxectadas en primeira liña de
costa,
a menos dos 200 metros de protección do litoral recollidos
na
Lei do Só, que entrou en vigor en xaneiro de 2003. Con todo,
o
grupo Lar Promosa adaptou o plan. O que non cumpriría
é a
nova Lei de protección do litoral, a piques de entrar en
vigor,
que fixa unha franxa de protección da costa de 500 metros.
"Non estamos a favor de tramitar este plan parcial aínda que
leve 14 anos no Concello e adaptásese ao que
pedía o
arquitecto municipal. No fondo choca coa Lei de protección
do
litoral, impulsada na nivel autonómico polo PSOE e o BNG",
manifesta o candidato nacionalista.
Ao parecer, o pasado 16 de abril o equipo de Goberno mantivo unha
reunión con técnicos da Diputación da
Coruña para estudar as posibles responsabilidades
patrimoniales
do Concello de Pontedeume. "Aínda que se dixo que o proxecto
fora aprobado por silencio administrativo, e malia a presión
e
esixencia dos promotores, asumimos o opoñernos a el e
fixemos
todo o posible para que non seguise adiante. Esperamos que a Xunta
reconduza agora o tema", manifestou Manuel Rei.
O cabeza de lista do Bloque recordou que o Goberno local
eumés
denunciou ante o Executivo autonómico seis casetas
construídas na zona de costa sen as correspondentes
licenzas.
"Chegounos o apoio da Dirección Xeral de Urbanismo e
pensamos
que van ser demolidas en breve", destacou.
O plan parcial de Anduriñas-Ber e outro presentado no
municipio
pontevedrés de Sanxenxo, ambos aprobados antes do ano 2002,
son
os únicos que, a día de hoxe, están
pendentes de
aprobación final, segundo explicou onte Manuel Rei.
Publicada no DOG a Lei de Medidas Urxentes do Litoral 16.05.07
Ver aquíTexto da Lei
Pontedeume non se vende 13.05.07

Agora que se aproximan as eleccións locais, o goberno eumés toma a decisión de urbanizar a todo tren as paraxes máis fermosas da ría, o litoral que vai dende Ber ata Perbes. Tres grandes urbanizacións, que supoñen a maior agresión urbanística que se levará a cabo en Pontedeume de non impedilo, están sobre a mesa do alcalde. O equipo de goberno xa iniciou os trámites para a súa aprobación.
Hai unhas semanas foi aprobada pola comisión de goberno o proxecto que pretende construir en Ber unha urbanización, un proxecto xa antigo que agora a punto de entrar en vigor a Lei de Medidas Urxentes do Litoral é desempolvado polo equipo de goberno "en funcións"
Tamén, a escasa distancia da anterior, outros promotores queren construir unha segunda urbanización nunha franxa de costa comprendida entre a praia de Ber e Arbosa, limítrofe con Perbes. A idea é construir máis de 200 vivendas unifamiliares que se dispoñerían ao longo do litoral, englobando outras xa existentes cuxas licenzas forn concedidas de forma ilegal polo equipo de goberno no ano 2002, cun informe xurídico negativo.
O solo no que se asentan estas vivendas e no que se queren construir outras duascentas, é solo rústico non urbanizábel, a pesar de que as Normas Subsidiarias de Pontedeume o cualifican de urbanizábel. A razón é que, neste aspecto, as Normas Subsidiarias quedan derogadas pola posterior Lei do Solo de Galiza e pola estatal LSRV. Así o entendía o informe antes mencionado para opoñerse á concesión de licenzas neste lugar.
Agora que está a punto de entrar en vigor a Lei de Medidas Urxentes de Protección do Litoral, o que impediría construir a menos de 500 m. da liña de costa, os promotores apúranse para conseguir, coa axuda do Concello, os permisos para construir un muro de cemento ao longo de toda a costa, nunha paraxe que debería ser considerada zona de especial protección paisaxística, posibilidade que xa contemplaba o borrador do anterior plan de urbanismo. Resulta paradoxo que os promotores afirmen que a alta calidade da paisaxe se verá “potenciada pola intervención proposta”
Por outra banda, calquera modificación do planeamento urbanístico deberá fundamentarse en razóns de interese público e debidamente xustificadas. Non é así no proxecto presentado que só busca a urbanización dunha ampla franxa costeira para beneficio duns particulares.

Non son estas as únicas razóns que deslexitiman o proxecto. Non existen servizos básicos de alcantarillado nin tratamento de augas residuais. Esta exixencia nin siquera é recollida no proxecto dos promotores que só menciona a instalación de 2 depuradoras para servizo da metade das vivendas. Non esquezamos que a urbanización de Perbes, máis grande que a proxectada en Boebre, está vertendo as augas residuais á praia de Miño, e que os nucleos rurais xa asentados, Centroña e Boebre, non dispoñen dun servizo eficaz de depuración.
Na zona existen acuíferos que os promotores pretenden aproveitar para surtir de auga ás urbanizacións, o que constitúe un delito medioambiental que a Xunta non debería tolerar.Outra das razóns, e non a menos importante, que desaconsellan estas urbanizacións reside no crecemento vexetativo do concello de Pontedeume. Nos últimos doce anos soportou unha diminución dun 5 % da poboación, unha cifra que duplicou á da provincia da Coruña no mesmo período.
Os terreos sometidos a este plan de sectorización comprenden tamén propiedades de veciños que non teñen nada que ver cos promotores do proxecto, repetíndose unha vez máis a escandalosa situación que xa se deu en Andrade, onde un particular dispón das propiedades de terceiros. Hai que lembrar que estes plans de transformación de terreos para conseguir solo residencial leva aparellada a posibilidade de que os promotores, convertidos en axentes urbanizadores, poidan expropiar a aqueles veciños que decidiron non vender as súas terras. No mellor dos casos, obrigaría a estes veciños a soportar as cargas da urbanización do sector.
A moratoria que, amparándose na proximidade do novo PXOM, impediría a construción de calquera urbanización non parece ser do gusto do equipo de goberno que, co seu alcalde á cabeza, prefiren garantir o lucro dos que non dubidan en arrasar un medio de alto valor ambiental e paisaxístico. Foron membros deste goberno os que, publicamente, non se cansaron de repetir que a costa estaba a salvo de urbanizacións. Palabras ocas, acompañadas de premeditación, alevosía e oscurantismo. O actual goberno local non vacila en situarse á marxe da legalidade para amparar os negocios de especuladores. Só queda que nos próximos días, burlándose da cidadanía, se xustifique alegando ignorancia nas decisións adoptadas.
Estas modificacións do planeamento urbanístico son contratos privados entre construtores e concellos que danan os intereses da comunidade. Por un lado deixan a porta aberta a unha posíbel expropiación de terceiros; por outro, supoñen a destrución da paisaxe maís preciada de Pontedeume. En suma, riqueza para os promotores a costa do patrimonio de Pontedeume.
Os misterios de Andrade
O día 22 de marzo a Consellaría de Política Territorial comunicou ao Concello de Pontedeume que a modificación das Normas Subsidiarias solicitada por este, a instancias dos propietarios de EINSA, se denegaba.
Porén, o 12 de abril celebrouse unha reunión cos veciños afectados pola recalificación á que asistiron os concelleiros do BNG, Manuel Rei e Emilio Salorio. Nesta xuntanza os concelleiros dixéronlles aos veciños que non había outra opción que aceptar a recalificación. En ningún momento se lles informou que a devandita modificación do solo da súa propiedade era rexeitada pola CPTOPT.
O 26 de abril, nun pleno ao que asistían moitos dos veciños de Andrade, o goberno local respostou ás preguntas da oposición sobre este mesmo tema. Tanto o alcalde, Belarmino Freire, como o concelleiro de urbanismo, Tino Reguieiro, alegaban descoñecer que a recalificación aprobada por eles mesmos comprendía terreos que non pertencían á empresa. Nesta ocasión tampouco se informou aos presentes, concelleiros e veciños, que o proxecto estaba anulado pola Xunta.
Resulta incomprensíbel atopar unha explicación a este comportamento escurantista do goberno local. Unha posíbel interpretación podería ser que o alcalde ocultase o infoprme da CPTOPT aos membrosd da comisión de goberno. Antecedentes, hainos. Lembremos a coñecida orde de paralización do edificio de Caldagueiro gardada baixo chave no despacho da alcaldía durante un ano. Outra posibilidade é que o equipo de goberno si coñecese o informe da consellaria, e decidise non facelo público dada a proximidade das eleccións locais ou esperando conseguir unha rectificación do poder autonómico. Quizais tivese algo que ver a visita que un candidato realizou aos despachos da Xunta.
Sexa cal sexa a explicación, un feito si está claro. O Concello de Pontedeume goberna sen ter en conta a práctica da transparencia que se lle supón a un concello democrático. E faino antepoñendo os intereses duns poucos aos lexítimos dereitos dos veciños, neste caso aos dereitos de propiedade.
Toda a comisión de goberno é responsábel destas irregularidades que atentan a dereitos básicos dos cidadáns: o dereito a ser gobernado na defensa dos seus intereses, o dereito a estar informado, o dereito ás súas propiedades, e o dereito a ser tratado con dignidade.
Nova lei do solo aprobada polo Parlamento 13.05.07
Ler aquí a información do goberno sobre a nova lei do solo aprobada polo parlamento español o pasado día 10. É unha lectura da Moncloa.
A Consellaría de Política Territorial denega a recalificación de Einsa en Andrade 11.05.07
Segundo
un escrito enviado pola CPTOPT ao Concello de Pontedeume, con data 22
de marzo do 2007, esta consellaría denega a solicitude de
recalificación que o Concello presentara, a instancias dos
propietarios de Einsa, para recalificar terreos na parroquia
de
Andrade.
Ademais de non estar suficientemente xustificada a recalificación solicitada, os veciños e o colectivo Fusquenlla alegaban a improcedencia de tal actuación cando o PXOM está en trámites de aprobación. Do mesmo xeito salientábase a cualificación de zona de protección forestal dalgúns dos terreos afectados pola modificación das normas sibsidiarias.
Unha vez máis demóstrase como o equipo de goberno local está moi lonxe de atender as razonabeis queixas da cidadanía e de non facer uso do máis elemental sentido común. As únicas voces que retumban nos seus oidos son as dos promotores e empresarios cheos de cobiza.
Retomamos aquí as palabras lidas o 6 de maio en Santiago: "Cando esas voces que se alzan alarmadas, pola enorme magnitude da desfeita, son sempre desoidas, silenciadas, é que algo está fallando"
E engadimos, só a contestación cidadá pode emendar eses fallos. Como acabamos de comprobalo.
Galicia Spirit 09.05.07
Máis de medio cento de policías bloquearon desde primeira hora da mañá o peirao ferrolán para que as lanchas non puidesen saír á ríaA intervención policial impediu que os mariscadores puidesen frear unha vez máis o acceso do 'Galicia Spirit'. Aproveitando a preamar, arredor das 9h45, o buque fixo as manobras de entrada á planta de Reganosa. Nesta altura da mañá o buque propiedade de Unión Fenosa e con carga de gas natural licuado, conseguiu entrarxa en Reganosa no que foi o seu quinto intento para lograr acceder á planta de Mugardos, segundo lle confirmaron a Europa Press fontes da regasificadora.
Desde o Comité de Emerxencia denuncian o uso da forza para evitar a entrada dun buque que "vai ameazar a vida da poboación" e avanzan que presentarán denuncia contra a autorización concedida polo delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras, ademais de pediren a súa dimisión pola carga policial ordenada na mañá deste mércores.
Testemuñas presenciais relatáronlle a Vieiros a magnitude do despregue policial. Tal e como anunciara o delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, as forzas de seguridade tomaron Ferrol dende primeira hora da mañá. Aos once furgóns de antidisturbios en terra, sumáronse dúas patrulleiras da Garda Civil e un helicóptero.
Desde o Comité Cidadán de Emerxencia, Alexandre Carrodeguas envíanos este artigo:
A ría é nosa e non de Reganosa
O comité de emerxencia cos bravos mariscadores ao fronte está loitando duramente pola defensa da vida e da legalidade na ria de Ferrol. Mentres, as autoridades en vez de defender a ría de Ferrol e a seguridade dos habitantes do seu contorno están a defender a "cacicada" promovida por Fraga e Tojeiro. En Ferrol xa hai un porto exterior e estase a construír outro na Coruña. Mais Tojeiro, ao que algúns confundidos chaman Toxeiro, impuxo facelo nos seus terreos de Forestal de Atlántico, na súa leira do interior da ría e fronte a unha base militar, o Arsenal de Ferrol.
Como se pode defender unha planta de Gas situada dentro duna ría como a de Ferrol, que non cumpre cos protocolos de seguridade, na que un gaseiro só pode entrar en preamar e en caso de emerxencia o barco quedaría atrapado e sin poder saír a mar aberto?
Está política de feitos consumados é asumida polo BNG e polo PSOE que en vez de parar esta barbarie súmanse alegremente á defensa de intereses espúreos. Súmanse á defensa dunha planta inviable desde os puntos de vista económico e medioambiental. Eles saben que a planta ten anulada a tramitación ambiental por dúas sentenzas do TSXG, Eles saben que non se cumpren as distancia de seguridade, Eles saben que os verquidos de Raganosa van afectar a ría. E sin embargo en vez de estar cos veciños, a vida e a legalidade,están aliados a presuntos "intereses" seica estratexicos que só benefician a uns poucos, a Tojeiro e as grandes eléctricas, Endesa e Fenoso, que tanto dano teñen feito a este país...
Por que estes partidos defenden o traslado de Ence e por outro lado apoian a instalación de Reganosa na ría de Ferrol? Os cidadáns de Ferrolterra non teñen dereito tamén a ter unha ría con vida e sen perigo ao pe da porta?
Facemos un chamamento a cidadanía galega a loitar pola vida, a legalidade e a ría de Ferrol
Información de Vieiros
ESQUERDA UNIDA-IU DENUNCIA A ACTUACIÓN DA SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO, CO EMPREGO DA FORZA PÚBLICA PARA AMPARAR AS IRREGULARIDADES DUNHA EMPRESA PRIVADA.
Ler aquíAs construcións modifican o 75% da costa galega 09.05.07
Cifras e fotos sobre o rápido proceso de artificialización do litoral galego que avalan a oportunidade da lei de medidas urxentes de protección do litoral aprobada onte no Parlamento, destacou o presidente da delegación coruñesa do COAG, Alberto Unsain. E a pregunta agora é se se estará a tempo" de poñer coto a esta perigosa edificación da costa. E diso dependerá, alertó este arquitecto, de que se cumpra de verdade esta nova norma nunha comunidade, recordou, onde o 95% dos seus habitantes viven nun territorio "cuxo urbanismo é ilegal" porque nunca chegou a aplicarse a lei do chan en vigor.
Cando no ano 2002, o entón conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo (PP), tramitou unha nova Lei do Chan para Galicia, o efecto chamada foi tan intenso que as principais promotoras inmobiliarias españolas (empresas valencianas e madrileñas) comezaron a comprar millóns de metros cadrados na costa galega. O caso é que a presión inmobiliaria tampouco cesou coas supostas medidas proteccionistas do novo Goberno do PSOE e o BNG.
No ano 2006 batéronse todos os récords de edificación de vivendas en Galicia e a previsión é que este ano a construción aínda aumente por encima do 33%.
A presión sobre o territorio costero é tan forte que, neste momento, os alcaldes están tramitando (legal ou ilegalmente) a construción de 45 grandes urbanizacións en primeira liña de costa, 17 campos de golf e 24 portos deportivos.
"Non é imparable. En Nigrán demostramos que se os veciños mobilízanse, pódese parar un plan urbanístico e pódese deter esta tolemia inmobiliaria", sinala un dos portavoces dun novo movemento, Galicia non véndese, xurdido estes meses en Galicia, e que conseguiu xuntar a máis de cincuenta asociacións ecologistas de todo o territorio. Os datos indican que en 2006 construíronse en Galicia case 42.300 pisos e chalés e que en 2007 faranse 56.000 máis.
Publicado en El País
O ladrillo entra nas urnas 09.05.07
O Consello de Contas revela que o urbanismo só aporta o 3% dos ingresos municipais. Os concellos insisten en duplicar o número de vivendas construídas en GaliciaO urbanismo converteuse na principal pelexa electoral do ano. É lóxico. Os alcaldes queren construír outra Galicia, exactamente o dobre de edificada que a actual. Segundo os datos das consellerías de Vivenda (BNG) e Política Territorial (PSOE), en toda a historia de Galicia edificáronse 22 millóns de metros cadrados; os plans urbanísticos previstos polos concellos prevén ocupar agora 22 millóns de metros cadrados máis.
"É unha presión brutal que nos esnaquiza de arriba abaixo o país". Esta declaración do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, non foi realizada ante un enfervorizado auditorio de ecologistas se non ante os 100 empresarios máis importantes de Galicia, entre eles algún dos maiores promotores inmobiliarios de España, como Manuel Jove.
O maior problema do urbanismo é que non pasa de ser un tigre de papel. Sexa cal for a magnitude da aberración urbanística, acábase facendo; sexa na Praza de España de Ferrol, no peirao de Canido (Vigo), en Fisterra, xunto ás termas de Ourense ou na muralla de Lugo
O mellor exemplo foi destacado onte no Parlamento de Galicia. María José Caride, a conselleira de Política Territorial. Caride lamentou que só un dos 86 concellos costeros adapte o seu urbanismo á nova Lei do Só de Galicia. Trátase da Pobra do Caramiñal (A Coruña), un dos privilexiados pequenos pobos da costa galega. Pois ben, aínda que A Pobra apenas aumenta poboación o seu novo plan triplica a edificabilidad do pobo.
"A Pobra é un pobo que naceu bonito, é bonito e mentres eu sexa alcalde seguirá sendo bonito. Iso é unha garantía", explicou onte a este xornal Isaac Maceiras (PP), alcalde e candidato á reelección. Calquera alcalde, sexa de Nigrán, Sanxenxo, Lugo ou Vigo, di o mesmo. O que o fai mal sempre é o alcalde de á beira.
¿É lóxico que o único pobo costero de Galicia que cumpre a lei aumente a súa edificabilidad nun 297%? A verdade é que, a tenor dos datos, pode non ser lóxico pero se converteu no habitual. Os plans urbanísticos que afectan aos 1.300 quilómetros de costa galega (86 concellos) prevén edificar 800.000 vivendas. É máis que o que queren edificar os municipios da Costa do Sol (Marbella incluída) e, como dicía Emilio Pérez Touriño, tanto como o que se edificou ata agora (816.000 vivendas en toda a historia dos municipios do litoral de Galicia).
Por iso non resulta ningunha esaxeración falar da marbellización da costa galega. Segundo os datos do Informe de Sostenibilidad de España, Galicia xa ten ocupado o 15% do seu primeiro quilómetro de costa con superficies artificiais. É un esnaquizo superior ao de autonomías moito máis turísticas como Baleares ou Canarias. En áreas como a da ría de Vigo, a ocupación artificial deses primeiros 1.000 metros de costa chega ao 35%.
O urbanismo preocupa aos ecologistas, pero tamén ao resto dos votantes. Os alcaldes adoitan dicir que as recalificaciones permiten o crecemento económico e o financiamento das arcas municipais. Non é certo. Un informe que acaba de divulgar o Consello de Contas de Galicia revela que o urbanismo só aporta o 3% do diñeiro que gastan as sete principais cidades galegas, a metade, por exemplo, que a débeda coa que eses mesmos municipios deben financiar as obras para dar servizos ás novas urbanizacións (depuradoras, abastecemento de augas, estradas, alumado ou limpeza).
O que si se probou, nalgún caso, é que as recalificaciones financian os petos de concelleiros. No caso Gondomar un concelleiro foi sorprendido, filmado e gravado mentres cobraba un cazo urbanístico no cuarto de baño dunha cafetería de Vigo. A noticia sorprendeu menos que o feito de que o fiscal nin sequera pedise cárcere para o acusado. A corrupción urbanística sae judicialmente demasiado barata.
Realmente, a edificación de vivendas, encostados e grandes urbanizacións só aporta aos concellos de Galicia o 2,5% do Imposto de Construcións e Obras (ICOI) e un 1,5% polas taxas de licenza. Pero ata estas cantidades son presupostadas polos propios promotores ao realizar os seus orzamentos de investimento. O estudo do Consello de Contas, dirixido polo profesor Xaquín Álvarez Corbacho, denuncia esta situación e advirte da falsedad do argumento que sitúa ao urbanismo galego no centro do problema de financiamento dos concellos. Caiba ou non, o ladrillo entrará nas urnas.
Cuarto intento abortado 08.05.07
Os mariscadores ferroláns volveron impedir a
entrada do 'Galicia Spirit'
O gaseiro, vixiado por medio cento de embarcacións
marisqueiras,
desistiu a última hora da tarde de comezar a manobra.
Os mariscadores de Ferrol volveron botarse ao mar na tarde deste martes
para impedir, por cuarta vez consecutiva, a entrada do gaseiro
‘Galicia Spirit’ na ría de Ferrol. O
buque, vixiado
por medio cento de embaracións mariñeiras, xa non
chegou
a facer manobras de acceso.
Aínda que o delegado do goberno español en
Galiza, Manuel
Ameijeiras, ameazou ao longo da xornada con empregar as forzas de
seguridade para garantir a entrada do buque, os mariñeiros
non
dubidaron en volver botarse ao mar para frustar a manobra.A primeiras
horas da mañá deste mércores
está previsto
un novo intento do buque para acceder ao porto. Os
mariñeiros,
que estiveron apoiados dende terra por preto de 300 persoas, xa
anunciaron que volverán saír cos seus barcos ao
seu
encontro.
Reganosa denuncia os mariscadores que bloquean a entrada do gaseiro
Regasificadora del Noroeste, Reganosa presentou na
mañá deste martes unha denuncia nun xulgado
ferrolán por “coaccións”
contra membros do
Comité Cidadán de Emerxencias da ría
de Ferrol que
impiden a entrada do gaseiro 'Galicia Spirit'.
A denuncia vai contra 25 das embarcacións identificadas o
luns.
A empresa solicitoulle os datos dos barcos á
Capitanía
Marítima. A empresa tamén denunciou ao
coordenador do
Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro, e o portavoz
dos
mariscadores, Bernardo Bastida.
CARIDE DEFENDE QUE A LEI DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO E DO LITORAL SALVAGARDA O PATRIMONIO FUTURO DE TODOS OS GALEGOS 08.05.07
Segundo María José Caride, a Lei aprobada hoxe "busca unha nova Galicia, un país habitable e respectuosos co seu contorno, unha Galicia da que nos sintamos orgullosos, na que termos como feísmo ou marbellización non teñan sentido".
A Lei de
medidas urxentes
en materia de ordenación do territorio e do litoral de
Galicia establece:
1-A suspensión cautelar e transitoria de todos os novos
desenvolvementos urbanísticos na franxa dos 500 metros da
liña litoral para determinados tipos de
clasificación de
solo (queda excluído o solo urbano consolidado dentro da
franxa
dos 500 metros do litoral):
Para todos os concellos:
-Suspensión de novos desenvolvementos
urbanísticos nos
terreos situados dentro da franxa dos 500 metros clasificados como solo
urbanizable, apto para urbanizar ou rústico apto para o
desenvolvemento urbanístico.
Concellos de menos de 50.000 habitantes:
-Ademais do epígrafe anterior, a suspensión
tamén
afecta aos terreos que, malia estar clasificados como solo urbano, non
reúnan os requisitos de solo urbano consolidado e, en todo
caso,
aos terreos incluídos en polígonos, unidades de
actuación ou de execución.
A Lei
entrará
en vigor trala súa publicación nos vindeiros
días no Diario Oficial de Galicia.
-En
calquera caso, a súa aplicación será
de carácter temporal, xa que a Lei
estará vixente mentres os concellos non adapten os seus
planeamentos á
normativa actual, ou ben non entre en vigor o Plan de
Ordenación do
Litoral (que establecerá os criterios, principios e normas
xerais para
a ordenación urbanística da zona litoral).
Terceiro intento abortado 08.05.07
Hoxe,
soibre as 8 da mañá, o Galicia Spirit tivo que
abandoar a
idea de entrar na ría do Ferrol. Os mariscadores e membros
do
Colectivo de Emerxencia impedíronllo.
Máis información da xornada de onte en Galicia-Hoxe
Segundo intento abortado 07.05.07
Aunque a acción desta mañá foi
protagonizada polos
mariscadores da ría de Ferrol, tamén se
opón
á planta de regasificación os de Mugardos e Fene,
que
consideran que a instalación matará o marisco, ao
verter
auga á ría a unha temperatura inferior
á natural
da zona.
En declaracións a Europa Press, o presidente do Comité, Carmelo Teixeiro, denunciou que "isto ocorre porque Fraga -ex presidente da Xunta- e os demais equivocáronse na súa pretensión de instalar unha planta de gas na ría de Ferrol", xa que incidió en que "ese buque se entra na ría poñería en perigo á poboación". Teixeiro instó ao actual goberno da Xunta de Galicia a valorar o Porto Exterior como ubicación alternativa á planta de gas que agora se atopa en Mugardos, "para non arriscar a vida da poboación".
O Comité de Emerxencia e as confrarías impiden a entrada do metaneiro 07.05.07
O Comité pide aos cidadáns se concentren hoxe no peirao ás 18:30 h para apoiar aos mariñeiros que partirán de novo á bocana da ría
Manifestación en Compostela 06.05.07
Manifesto lido ao final da manifestación
Intelectuais e artistas destacan a
ausencia dos políticos El
País
3000 persoas lembran á Xunta os seus compromisos co territorio El País
Catro mil gorxas berran ‘Galicia non se
vende’ Galicia-Hoxe
Intelectuais e arquitectos contra
a
corrupción urbanística El
País
Clamor en Santiago contra a
desfeita urbanística Vieiros
Marcha verde en Santiago contra a
‘venda’ de Galicia Galicia-Hoxe
Máis de 3.000 persoas percorren as rúas de Compostela baixo o lema "Galiza non se vende" GZnación
Unhas 2000 persoas polo desenvolvemento
sostíbel do interior e litoral El Correo Gallego
Tres
mil persoas maniféstanse contra a
degradación do territorio La
Voz de Galicia
Ecos do 6 de maio 05.05.07
A ondada depredatoria, o feísmo e a violencia catastral 04.05.07
Por Manuel Rivas (El País)Leo en El Progreso de Lugo unha magnífica crónica de alcance mundial. Trata do urbanismo en Barreiros, na costa da Mariña, e infórmase dos preparativos dunha mobilización de veciños, comandada polo señor alcalde, contra as medidas de control urbanístico e protección do litoral que está a tomar o Goberno que preside Touriño. Mais o sorprendente e novidoso non é o anuncio dunha manifestación, senón a razón esgrimida e que mesmo podería servir de lema: "Nós tamén queremos ser multimillonarios".
Hai cousas que se poden refutar doadamente. Por exemplo, este grupo de veciños propietarios reclaman poder construír a ras de praia "como sempre se fixo". Home, hai cousas que se fixeron sempre, pero que algunha vez haberá que deixar de facer. Sempre se afogaron os cans nun saco. Sempre se tirou o lixo ao río. Sempre se deron vareadas aos nenos na escola. Sempre se queimou o monte. Si, sempre se fixeron barbaridades. Que as taras sexan típicas non as fai máis razonábeis. Hai tradicións que mellor non existiran nunca. E a idea, tan asentada, de que o costume fai lei, pois é moi perigosa. En Estados Unidos, no sur, tiñan por costume aforcar a quen lle aprendera a un escravo a ler. Ata que se acabou coa escravitude.
O que é máis difícil de rebater é a proclama esa de "Nós tamén queremos ser multimillonarios". É un auténtico manifesto. É como o Manifesto Comunista posto do revés. O Manifesto Multimillonario. L'esprit des temps, machiño!, que diría Beiras arrepiado. E cito a Xosé Manuel Beiras porque é o mellor exemplo dun profesor de economía que pode selo de ética. O único xeito efectivo que se me ocorre de refutar a proclama multimillonaria do lobby de Barreiros é que vaia Beiras e que lles explique en francés a paradoxal pobreza multimillonaria.
Non sei. Hai que botar contas. Que ergan a man os que non queren ser multimillonarios! Un? Velaí o Enrique de Castro ese, ademais de cura, roxo. As desgrazas nunca veñen soas. Agora, a ver, cantas praias hai en Galicia? Se cadra dan as praias para facérmonos todos multimillonarios. Todos no ras da praia, en pantalón bermudas e camisa hawai, co vermú na man, a falar do cambio climático. E se sobe o mar, que suba. Que se leve a area. E o Deus que a fixo.
'GALIZA NON SE VENDE'
Xente como area. Un mar de xente. Iso é o que debía haber este vindeiro domingo en Santiago, na convocatoria contra a desfeita urbanística e a degradación ambiental. Para manifesto atinado o que nace co lema Galiza non se vende.
É unha chamada que, esta si, marca un tempo: o reloxo en hora da conciencia da humanidade galega. Exemplar tamén o xeito en que se organiza, coa unidade en rede, sen dirixismos, de máis de 40 asociacións ecolóxicas, dende a internacional Greenpeace (imprescindíbel a lectura do informe Destrución a toda costa) a colectivos nacidos en loitas concretas ao estilo Fusquenlla de Pontedeume, pasando pola teimosía histórica de Adega. Compostela vai ser escenario do xeito vangardista de ser e estar no mundo: pensar no universal e actuar in situ, pensar na Terra toda e actuar na propia terra.
O manifesto define cunha extraordinaria precisión lingüística a peste actual. A ondada depredatoria. Depredación. Esa é a verba. Nunca tanto algúns pares de ollos miraron tan en fite para o mapa de Galicia. Ollos de nados aquí ou alleos. A depredación non ten patria, por moito que se adorne de bandeiras. Descoñéceno case todo sobre a cultura, mais sábeno todo sobre o chan, o caudal dos ríos e a forza do vento no cimo da serras. Sodes os dous a mirar. Mais onde ti ves Galicia, os ollos depredadores están a ver un gran solar.
Depredación e violencia. Ao maltrato no fogar chamámolo violencia doméstica. O maltrato do territorio, do fogar de todos, ten sido definido como violencia catastral. Paréceme unha maneira de chamar polo nome o que ocorre en Galicia. Moito temos falado tamén de feísmo urbano. (Outra imprescindíbel consulta é a web feismo.com e o volume Feísmo? Destruír un país, de Difusora de Letras, resultado dun foro que agora ten a súa continuación en Ourense no encontro Construír un país a re-humanización do territorio).
O PAPAGAIO E O INFERNO
Mais encol do feísmo hai certa confusión. Ás veces semella que o "feísmo" é un recurso de señoritos da cidade para falar dos pendellos dos da aldea. Por suposto que hai moita destrución, e aínda máis abandono, na arquitectura rural en lugares e aldeas, pero, na realidade, o peor feísmo é o feísmo a grande escala de vilas e cidades. Dous exemplares paradigmáticos: o feísmo de Palexco no porto da Coruña e a espantosa construción (cráter-aparcadoiro de 11 sotos!) que ocupa o antigo barrio do Papagaio. En comparación con este Moloch, o pobre Papagaio era un barrio ben artístico.
Si, a grande depredación é a que está a despezar Galicia. Como se puido permitir a destrución paisaxística do cabo Vilano, ese grandioso castelo natural de Elsinor no mar da Costa da Morte? Que mentes trastornadas aprobaron a instalación da planta de gas no interior da ría de Ferrol ao tempo que se fanaba a pantalla litoral para un porto exterior? E todo o relatorio pode levarnos ao Inferno, agora que o Papa vén de rehabilitar ese espazo no duodécimo soto do aparcadoiro do Papagaio.
Todo isto é verdade. Mais tamén é certo que hai unha Galicia que vén loitando de xeito exemplar contra a depredación, a violencia catastral e o feísmo. Esa é a nosa tradición, non a da desfeita. Na arquitectura popular está o sentido da harmonía, as proporcións da sección áurea, como ben demostran os volumes de Pedro de Llano ou Manuel Caamaño. Como tamén o estaba na arquitectura cidadá de antes da dictadura. Na paisaxe humanizada está xa, en xerme, a relación ecolóxica entre a humanidade e a terra, ese ser "copilotos da creación" que enunciou de xeito maxistral Edgar Morin. O pensamento, a literatura e o xornalismo que deixarán pegada no futuro están atravesados por esa enerxía positiva de comuñón coa natureza.
Si, esa é a verdadeira tradición galega. A da Nai Terra. A que loitou contra o asolagamento do val de Castrelo de Miño, nos anos 60. Contra a destrución do Castromil en Compostela. A que impediu a construción dunha central nuclear en Xove. A que non permitiu máis celulosas nas rías, con grandes manifestacións e en plena dictadura (se mesmo querían poñer unha no val de Lemos!). A que conseguiu cambiar o trazado da autoestrada do Atlántico e que se pagara a terra non regalada. Segue a terxiversarse a historia. A loita aquela non foi un anacronismo: demandábase unha autovía libre de peaxe. A Galicia que logrou o peche do cemiterio de residuos radioactivos na Foxa Atlántica e a fin destes vertidos en todos os mares. A Galicia do Nunca Máis que conseguiu compensacións para os afectados polas mareas negras, a obriga dobre casco nos petroleiros e o cambio de lexislación comunitaria para ampliar a responsabilidade penal a armadores e compañías fretadoras da carga. A Galicia que non mira para outro lado cando arden os montes e que vai ás causas de fondo: o modelo nefasto de repoboación forestal e a urxente necesidade dun plan directorio para o enteiro país.
Falando do que falamos, alguén coñece mellor recurso natural, mellor valor, que a coraxe dun pobo que non permanece atrófico ante a ondada depredatoria, que se rebela contra as inxustizas? Iso si que é ser multimillonarios. Iso non ten prezo.
Ría de Ferrol, ¡Perigo! 02.05.07
por Ignacio RamonetEl País A pretensión de instalar unha planta de gas no interior da ría de Ferrol próxima a un complexo petroquímico, esta suscitando unha gran alarma social. Diferentes colectivos, como o Comité Cidadán de Urxencia da Ría de Ferrol (CCE) e a Asociación Socio Cultural Fuco Buxán, veñen denunciando estes perigos desde fai anos. Fuco Buxán elaborou un rigoroso informe no que expón os riscos, e denuncia os silencios das administracións públicas implicadas. O documento recorda que a Comisión Europea enviou un apercibimiento a España exhortándoa a transponer de xeito correcto a Lei Seveso II. Esta lei é de vital importancia á hora de asignar chan para unha instalación de gas natural licuado, como a que se pretende situar dentro de ríaa de Ferrol, para evitar catástrofes como a de Seveso (Italia) en 1976, de Bhopal (India), en 1984, que provocou máis de 3.000 victimas, e de San Juan de Ixhautepec (México), que causou máis de 500.
A Ría de Ferrol posúe unha configuración especial. Os grandes buques, deben entrar coa pleamar diurna, dado que o calado en bajamar é duns 11 metros. É unha de ríalas máis pequenas de Galicia. Cunha alta densidad de poboación nas súas costas. Na beira sur está Punta Promontorio, en Mugardos, onde se pretende situar a planta. En Punta Promontoiro atópase xa o complexo petroquímico de Forestal do Atlántico pertencente ao grupo Tojeiro, cuxos depósitos teñen capacidade para almacenar 283.000 metros cúbicos de combustibles, ademais doutros tanques con sustancias químicas perigosas, como metanol, urea e formol. Pola natureza das súas actividades, a este complexo petroquímico élle aplicable a directiva europea Seveso II.
O escaso calado da ría e a configuración da canle que a comunica co océano fai imposible que un buque metanero poida, en caso de urxencia, abandonar ríaa polos seus propios medios e á maior rapidez posible.Ante a imposibilidad de saír o buque ata que veña a pleamar, habería que evacuar a toda a poboación de Ferrol, e tratándose dun accidente con gas non daría tempo, polo cal produciríase unha catástrofe con miles de vítimas.Un estudo do ano 1994 realizado pola prestixiosa empresa internacional M.W. Kellogg definía claramente os riscos dunha planta de gas dentro e fóra da ría, descartando expresamente a súa ubicación en Punta Promontoiro.
Algúns irresponsables declararon que o gas natural licuado non arde nin explota e que non é un produto perigoso sempre que se manteña a 163 grados baixo cero. Afirmación falsa, pois unha fuga de gas natural licuado á temperatura de menos 163 grados mataría por congelación instantánea a todo ser vivo que atope, roubaría calor do medio ambiente ata converterse nun gas en cuxo momento mesturado co aire pode arder ou explotar. En canto ao gas metano, mesturado co osíxeno do aire dá o tristemente soado gas grisú, que causou miles de mortos na minería. Se se producise a desgasificación rápida dos 135.000 metros cúbicos contidos nun buque metanero, a nube tería varios quilómetros de lonxitude e un volume de 81 millóns de metros cúbicos.