Catro dos construtores detidos en Málaga incumpriron ordes de paralización (29-06-06)
Segundo publica hoxe o xornal El País, catro dos detidos na Operación Malaya en Málaga son construtores que desoiron as ordes de paralización dictadas por por órganos xudiciais.Nun dos casos, unha urbanización construída en zona verde, a alcaldesa concedeu permiso de primeira ocupación despois de decretarse nula a licenza de obra.
En Pontedeume temos casos moi semellantes. O edificio de Caldagueiro ten sobre as súas costas unha orde de paralización que non foi acatada por Promocións Lagares, coa agravante de que esta promotora seguíu construindo unha segunda fase coa aquiescencia do concello. Tamén aquí os inquilinos pretenden conseguir o permiso de primeira ocupación, aínda que xa algúns deles están a ocupar o edificio.
Non é este o único caso de desobediencia ante as ordes de paralización. O responsábel de Construeume ten pendente a paralización dunha vivenda en Nogueirosa, e tamén neste caso, seguíuse construindo a pesar da prohibición.
Fusquenlla esixe a actuación inmediata da Xunta no Concello de Pontedeume (26-06-06)
A recente intervención da Xunta no concello de Viveiro, suspendendo as competencias urbanísticas, como xa fixera en Tui, Oroso e Sada, debe facerse estensiva a concellos como Pontedeume Seguir lendo
Fusquenlla denuncia o acceso dos promotores ao plano urbanístico (21-06-06)
- Fusquenlla tamén sospeita que o concello pretende legalizar co PGOM as irregularidades cometidas nos últimos meses no concello por diversos promotores e construtores. Seguir lendo en La Opinión
Ver documento completo no que o Colectivo Fusquenlla fai fincapé no que debería contemplar o PXOM para acadar un urbanismo axeitado ás necesidades reais de pontedeume.
Vísión Crítica do novo PXOM (21-06-06)
Presentamos un estudo crítico do avance do novo PXOM realizado por J.B.
Como resultado non parece existir ese "gran plano para Pontedeume" tal e como afirma o BNG, senón unha gran operación inmobiliaria na que parece que non se cortaron nada en facer urbanizábel todo o concello.
Hoxe ofrecemos a primeira parte deste estudo, centrado na zona urbana. Descargar documento PDF
O alcalde de Pontedeume non se presentará nas próximas eleccións (17-06-06)
Pendente dunha acusación de prevaricación, o PSOE decide apartar ao alcalde das próximas eleicións e, de paso, aproveita para renovar a imaxe do partido consciente do desgaste sofrido nos últimos meses pola política urbanística.
O alcalde de Pontedeume non conta co aval do seu partido, PSOE, para presentarse de novo ás eleicións do vindeiro ano. Como estas decisións políticas son tomadas en base a razóns de moito peso, hai que remontarse a meses atrás para dar-se unha idea do acontecido en Pontedeume. Por primeira vez en moitos anos xurde unha contestación social á política urbanística do concello gobernado por unha coalición PSOE+BNG+IEP. Hai que salientar que esta resposta non foi promovida polos partidos da oposición, que, ben por desidia ou por incompetencia, non foron quen de denunciar os abusos en materia urbanística que os promotores, en connivencia co concello, estaban a cometer.
Son innumerabeis as aberracións urbanísticas que ameazan a identidade de Pontedeume como vila: Caldagueiro, antiga casa de D. Pablo, edificio preto da Estación, vivendas en zona de protección costeira, etc. E tras estas obras, unha mesma empresa que é o centro de atención de todas as sospeitas.
Son incontabeis as denuncias interpostas ante a Consellería de Política Territorial, tanto por particulares como polo Colectivo Fusquenlla. É precisamente este colectivo o que logra paralizar a obra da Av. de Ferrol e destapa unha orde de paralización que pesaba sobre o mamotreto de Caldagueiro, orde que permanecia oculta polo alcalde. A pesar disto, as obras deste edificio continuaron até acadar unnhas considerabeis proporcións.
Cando os concellos non fan efectivas as ordes de paralización, a Xunta de Galicia ten a obriga de dar conta ao ministerio fiscal desta incidencia. Nestes termos plantexaba o Colectivo Fusquenlla unha petición á CPTOPV para que se procedese a esta tramitación; e isto é o que pasou co alcalde de Pontedeume.
Pendente dunha acusación de prevaricación, o PSOE decide apartar ao alcalde das próximas eleicións e, de paso, aproveita para renovar a imaxe do partido, consciente do desgaste sofrido nos últimos meses pola política urbanística. Resulta esta unha decisión intelixente de cara a non perder votos nas vindeiras eleicións. Desmarcándose das accións de Belarmino, recoñece implicitamente a necesidade de cambiar de rumbo e ofrecer unha nova cara á cidadanía. Sen embargo non se entende como se estivo tanto tempo deixando facer unha política urbanística delictiva por parte da equipa de goberno e só agora se toma a decisión de actuar. O que parece claro é que se a contestación social non se dese, o PSOE seguiria contando con Belarmino como o seu home en Pontedeume. Non hai que esquecer que a condescendéncia cos promotores inmobiliários supón un activo importante, cando menos, para os partidos do goberno. Non reparan aqueles en ofrecer financiamento para campañas electorais sen ningún pudor. Pero non se pode permanecer xordo ás demandas cidadáns, e iso sábeo perfectamente o PSOE cunha ampla experiencia nos labores de goberno. Non así o BNG que, a pesar de formar parte da equipa de goberno e estar imputados algúns dos seus membros na mesma causa, opta por dar continuidade á sua política ignorando e menosprezando o sentir dos eumeses.
Pontedeume precisa hoxe máis que nunca unha rexeneración democrática do seu concello, acompañada esta dunha acción xudicial que delimite as responsabilidades en cantas infraccións urbanísticas se cometeron nesta vila.
Ler a nova en La Voz de Galicia
Manuel Rei, do BNG, e Manuel Agras, dos Independentes, dispostos a repetir. Seguir lendo en La Voz de Galicia
|
Charla-debate
Pontedeume,
¿unha vila con futuro? Venres
día 16 ás 20:00
h. na Casa da Cultura (Pontedeume) |
|---|
| Interveñen:
Xosé Manuel López Leira Arquitecto Miguel Reimúndez Arquitecto. Responsábel da comisión de planeamento e medio ambiente da delegación do COAG en Ferrol. Representantes dos partidos políticos: BNG, COE, PSOE e PP |
O fiscal acusa ao alcalde de Pontedeume de dar unha licenza nunha zona protexida (07-06-06)
O alcalde de Pontedeume, Belarmino Freire, do PSdeG-PSOE, foi acusado polo fiscal dun delito de prevaricación por conceder unha licenza de obras para construír unha vivenda unifamiliar nunha zona cualificada urbanísticamente como chan rústico de protección costeira, un chan inhabilitado para este tipo de construccion. Seguir lendo en La Voz de Galicia
Tanto Belarmino Freire como Manuel Rei escúdanse na ambigüidade das leis
Seguir lendo en La Opinión (08-06-06)Fusquenlla lembra que este caso non é o
único no que
o concello concedeu licenzas ilegais e desatendeu as ordes ditadas pola
CPTOPV.
Seguir lendo en La Opinión (09-06-06)
A acusación ao máximo responsable do concello de Pontedeume dun delito de prevaricación pola concesión dunha licencia para a construcción dunha vivenda nun espazo protexido na parroquia de Ombre no debe acabar aqui. Son varias as vivendas construidas dentro da zona de protección que están nunha situación de ilegalidade. Algúns non querían creelo, ¿e agora? A orde de paralización que pende sobre o megaproxecto de Caldagueiro conta agora cun respaldo xudicial -do que haberá que esperar unha pronta resolución- que avala a crítica a unha política urbanística que algúns pensabamos que era absolutamente errónea, antidemocrática, irregular e posiblemente ilegal. Estamos no bo camiño.
O Colectivo Fusquenlla instou no mes de marzo á Consellería de Política Territorial a que puxese en coñecemento do ministerio fiscal as graves infraccións urbanísticas que estaban a acontecer en Pontedeume. Naquel informe (ver aquí) sinalábase cada unha das ordes de paralización e revisión de licenzas que o concello non acataba (pódense ver nesta mesma páxina), e rematábase pedindo "en virtude do Art. 68 do decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, proceda a dar conta ao Ministerio Fiscal do incumprimento por parte do Concello de Pontedeume das obrigas que lle incumben en materia de protección urbanística e se proceda por parte desa Conselleria á revogación das competéncias urbanísticas delegadas no Concello de Pontedeume".
Consideramos que esta medida é
insuficiente e que ademais tenta desviar a atención sobre as
outras
obras, que tendo igual ou superior grao de ilegalidade, pertencen a
coñecidos promotores e construtores. Por iso, esiximos
á
Xunta de
Galiza que sexa consecuente e leve ante o ministerio fiscal o conxunto
de ordes non acatadas polo concello e atenda as denuncias que
até agora non foron tidas en conta a pesar das
incuestionabes
razóns que certifican o seu fundamento; pensemos no edificio
da
Av. Dr. VIlanova, nº1 (Á beira de Correos)
O Tribunal Superior ordea derrubar a ampliación do hotel Sarga (04-06-06)
A sentencia é firme e non admite ningún recurso que suspenda a execución seguir lendo en La Opinión
Os veciños impiden a aprobación do PXOM en Nigrán (03-06-06)
Residentes da zona reventan o pleno municipal no que se ía aprobar o plano de ordenación La Opinión
Urbanismo baixo sospeita La Voz de Galicia
Creación da Plataforma Ártabra 21 no Ferrol (02-06-06)
Cidadáns, asociacións e colectivos veciñais,culturais, agrupacións políticas, grupos ecoloxistas eoutros da Costa Ártabra, Eume e Ortegal:
O luns, día 29 de maio, ás 7 da tarde, no salón de actos do Centro Cultural Carvalho Calero, na praza do Inferniño de Ferrol, tivo lugar a ASEMBLEA
CONSTITUINTE, aberta a todos e a todas as cidadáns, asociacións e organizacións das comarcas do noroeste de Galiza, co obxecto de crear unha PLATAFORMA en defensa
-da protección ao patrimonio natural e cultural
-do dereito á vivenda fronte á especulación
-a conservación dos centros históricos das nosas vilas
-e da promoción da PARTICIPACIÓN CIDADÁ
para construir unha sociedade realmente libre, xusta, democrática, plural e aberta. Esta reunión constituinte presentou e aprobou a continuación o DOCUMENTO FUNDACIONAL que servirá de ideario á PLATAFORMA ÁRTABRA 21 Estas son as organizacións que suscribiron o documento:
Ateneo Ferrolán
Colectivo Sartaña
ADEGA-Trasancos
FundaÇon Artabria
Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño
Colectivo Fusquella
Comunidade de Menáncaro
Lapis Verdes
Colectivo Recimil
Plataforma Montes Cha de Brión e Leixa
EU-Esquerda Unida
NOS-UP-Trasancos
Colectivo Transporte Público comarca Ferrolterra
Galiza Solidária
A páxina web desta plataforma é
artabra21.blogspot.com
O seu enderezo
artabra21@gmail.com
Documentos para incrédulos (21-05-06)
Son moitas as persoas que non acaban de crerse que edificios como o de Caldagueiro teñen sobre as suas costas unhas ordes de paralización que os catalogan indefectiblemente como ilegais. Ofrecemos aquí a posibilidade de ver os documentos orixinais que o atestigua.
Edificio de Lagares en Caldagueiro
Sobre este edificio a CPTOPV dictou unha orde de paralización en novembro de 2004 (ver documento en PDF)
Posteriormente, en marzo do 2005 e debido a que o concello non acataba o anterior requerimento en base a informes técnicos do aparellador municipal, a mesma conselleria emite unha orde de paralización na que ademais desmonta os argumentos do Sr. Valiente (ver docuemnto en PDF)
Por fin, o 22 de marzo de 2005, o concello de Pontedeume dicta unha orde de paralización sobre o edificio de Caldagueiro (ver documento en PDF). Como é sabido esta orde asinada polo alcalde foi agochada até o extremo que ninguén a coñecia, nen sequer os mesmos concelleiros do grupo de goberno. Foi o Colectivo Fusquenlla quen a fixo pública.
Ademais de non acatar a orde de paralización o promotor ampliou o edificio aumentando o seu volume en dous bloques máis. O concello admite que se lle deu permiso para esta ampliación, desafiando as instrucións dictadas pola CPTOPV.
Edificio de Lagares na estrada da estación.
Sobre esta obra hai tamén unha orde de paralización dictada a raíz dunha denuncia interposta polo Colectivo Fusquenlla (ver documento en PDF)
Vivenda en Nogueirosa.
Esta vivenda dun dos propietarios da empresa Construeume tamén ten sobre si o estigma da ilegalidade. Como se podeler no documento oficial foi concedida a licenza a pesar de coñecer que estaba en zona de protección costeira e sen contar co informe xurídico favorábel da secretaria do concello. (ver documento PDF)
Non son estas as únicas ordes de paralización que amosan a ilegalidade de certas obras que están a esquilmar a nosa paisaxe e a nosa identidade como vila. Seguiremos dando conta delas e non escatimaremos esforzas para conseguir repoñer a legalidade conculcada por promotores, construtores e políticos desaprensivos.