Xuño 2007
Fusquenlla presentou alegacións contra o Plan Parcial de Anduriñas-Ber 27.06.07
O goberno local de Pontedeume, presidido por Belarmino Freire, aprobou
o Plan Parcial que permite urbanizar os terreos de Ber
limítrofres coa antiga urbanización. A
aprobación
fíxose días antes das eleccións
municipais e antes
de entrar en vigor a Lei de Medidas Urxentes do Litoral. Esta
lei
promulgada pola Xunta impediría a construción de
200
vivendas tal e como proxecta o Plan Parcial.
O colectivo Fusquenlla vén de presentar un escrito para impedir a aprobación definitiva deste proxecto. A alegación recolle unha serie de razóns que desaconsellan a implantación dunha nova urbanización en Ber.
Máis información en Diario de Ferrol
Destrución a toda costa 2007-Galiza. Informe de Greenpeace 27.06.07
GALIZA TEN 1.885 QUILÓMETROS DE COSTA, APROXIMADAMENTE UN 25% DO TOTAL DO LITORAL PENINSULAR10. A SUPERFICIE URBANIZADA DAS COSTAS GALEGAS ALCANZA O 16%, MÁIS DE DOUS PUNTOS POR ENCIMA DA MEDIA ESPAÑOLA.
Entre as comunidades que máis padecen a construción de vivendas, Galiza ocupa o quinto posto, despois de Andalucía, Canarias, Valencia e Murcia.
Entre os 86 concellos litorais galegos prevense edificar 800.000 novas vivendas nos próximos anos, unha cifra similar ao construído nas costas galegas en todaa súa historia (816.000 residencias).
No partado de puntos negros do litoral galego aparece Pontedeume onde o alcalde está acusado de conceder licenzas en chans protexidos. Tamén existe filtración de augas fecais na ría.
España acumula xa catro millóns de casas baleiras. Greenpeace presentou hoxe en rolda de prensa o informe "Destrución a toda costa 2007" no que se analiza a situación do litoral. O documento repasa as principais ameazas, destacando como principal a construción, o aumento do número de campos de golf asociados a segundas residencias, as denuncias de corrupción urbanística, o incremento de novos amarres deportivos, os efectos do cambio climático e os problemas de contaminación debido á escasa depuración das augas residuais e ás verteduras de buques no mar.
Descargar aquí o informe de Galiza
Descargar aquí o informe completo de Greenpeace
A ONU alerta de que España se enfronta a unha grave crise inmobiliaria 27.06.07
A Comisión Europea denuncia a Lei Urbanística Valenciana ante o Tribunal da UE 27.06.07
O último informe foi referendado pola Eurocámara o pasado xoves por 327 votos a favor, 222 en contra e 35 abstencións, e nel exprésase a "máis enérxica condena e oposición aos macroproyectos de urbanización" en España ao considerar que en moitos casos vulneraron "os dereitos fundamentais das persoas".
O FORMIGÓN E A PROTECCIÓN DO LITORAL
A
patronal galega do formigón (ASFHORGAL), que integra a 61
empresas e 120 centros de producción, mostrou recentemente o
seu
respaldo á nova Lei de Protección do Litoral.
Lonxe de
supoñer unha diminución da actividade
constructiva, o seu
presidente, José Manuel Pombo, opina que o sector verase
favorecido pola lei: “vai seguir habendo
construcción e
será de máis calidade”. Na
súa
opinión, unha boa ordenación do territorio e unha
construcción de calidade atraerán investimentos.
A lei
impedirá que se siga construindo de “calquera
xeito”
afirmou.
As previsións do sector para o futuro semellan, polo tanto,
do
máis prometedoras: "mantémonos nun momento
óptimo
de produción, no que esperamos continuar".
España é na actualidade o maior consumidor
europeo de
formigón, cunha producción per cápita
de 1 253
kilos por persoa ao ano. Por debaixo, sitúanse
países
como Luxemburgo (1 180 kilos), Irlanda (1 172 kilos) e Grecia (912
kilos). As diferenzas con Francia (373 kilos), Alemaña (327
kilos) ou Gran Bretaña (226 kilos), os países de
maior
nivel de benestar na UE, son enormes e nestes países a
producción de formigón destínase
fundamentalmente
ao mantemento das construccións xa existentes e non
á
nova construcción.
Outra proba que certifica as boas perspectivas do negocio do
formigón é a crecente demanda de man de obra, en
particular para a conducción de
camións-formigoneira. O
presidente de ASFHORGAL afirma que “urxe contartar a 1.000
traballadores do leste para conducir camións (...) Imos
tratar
de chegar a un acordo coa Xunta para acadar unha solución
mediante convenios con países do Leste, ós que
lles
podamos ofrecer unha contratación de traballadores con
formación feita, a ser posible, no país de
orixe”.
A ninguén se lle escapan as razóns desta
práctica.
Son moitos os galegos que emigran a outras comunidades do Estado na
procura dun traballo digno. Nos últimos dez anos
foron
case 150.000, a metade de eles dirixíronse a Canarias,
Catalunya
e Madrid para traballar na construcción e nos servizos. As
condicións abusivas ás que se ven sometidos os
traballadores do sector, e non a ausencia de man de obra,
explican a necesidade de recurrir a traballadores do leste,
máis
baratos e fácilmente expostos á
explotación. Os
inxentes beneficios que xenera a construcción, un dos piares
do
actual crecemento económico español,
estánse a
sustentar sobre graves custes medioambientais, sociais e laborais. Pero
mentres as ganancias só revirten nunha minoría,
os danos,
coma sempre, imos a ter que afrontalos todos os demáis.
Dous concelleiros eumeses declararon onte no xulgado de Betanzos 22.06.07
Onte
declararon no xulgado de Betanzos Manuel Rei e Agustín
Vilariño. O motivo desta comparecencia ante o
xuíz hai
que buscala nas licenzas concedidas en Nogueirosa cando
Vilariño
era concelleiro de urbanismo. Naqel intre o alcalde delegara na
comisión de goberno, á que pertencía
Manuel Rei, a
concesión de licenzas urbanísticas.
Como xa se informou no seu día, dúas destas licenzas xa foron anuladas polo xulgado. A Fiscalía imputou nun delito de prevaricación aos responsabeis da comisión de goberno.
Unha das vivendas pertence aos propietarios de Construeume, unha empresa que construíu un gran número de vivendas hoxe paralizadas pola Administración. Esta licenza foi outorgada en Maio do 2002 e nela o aparellador municipal Manuel Valiente emitía un informe favorábel á concesión, facendo constar que se emprazaba en "zona de protección costeira"
A Eurocámara volve condenar os abusos urbanísticos en España 21.06.07
O pleno adoptou, por 327 votos a favor, 222 en contra e 35
abstencións,
unha resolución que condena "os proxectos de
urbanización masivos" que
non responden a "necesidades reais" das poboacións e
teñen "efectos
desastrosos" ambientais, históricos e culturais.
O texto foi impulsado polo laborista británico Cashman, e
subscrito
tamén polos españois Joan Calabuig e Carlos
Carneiro (PSOE), David
Hammerstein (Os Verdes) e Willy Meyer (EU).
A resolución parte da visita que dous eurodiputados, o
propio Cashman e
o conservador polaco Marcin Libicki, realizaron en marzo a municipios
de Madrid, a Comunitat Valenciana e Almería, para investigar
denuncias
urbanísticas, en gran parte procedentes de
cidadáns europeos residentes
en España.
Lamenta os danos ambientais e culturais dos plans
urbanísticos, pero se
centra na situación de indefensión que
estarían sufrindo cidadáns
españois e europeos que invisten en proxectos ilegais sen
sabelo ou que
ven perigar as súas pequenas propiedades engulidas por
grandes
promocións.
Así, advirte de que a obrigación de ceder tales
propiedades "sen un
proceso e unha compensación adecuada", ou a de pagar "custos
arbitrarios" por infraestruturas comúns,
constitúe unha "violación dos
dereitos fundamentais".
Sostén que estas prácticas están
"estendidas en varias comunidades
autónomas en España, en particular a valenciana e
outras partes da
costa mediterránea, pero tamén, por exemplo, en
Madrid".
E deplora "a aprobación tácita por
algúns concellos" de proxectos que
despois son declarados ilegais en prexuízo dos
"cidadáns europeos" que
investiron neles de "boa fe".
A Comisión Europea prevé denunciar o vindeiro
mércores a Lei
Urbanística Valenciana (LUV) ante o Tribunal de Xustiza da
UE por
entender que incumpre a Directiva sobre contratacións
públicas.
A Eurocámara cuestionou hoxe, sen citar a ningunha
comunidade, "os
métodos de designación e poderes a
miúdo excesivos que certas
autoridades municipais outorgan a urbanizadores e promotores", e
denunciou que, en ocasións, estes "interferen" sobre o
rexistro de
propiedades para debilitar aos pequenos propietarios
Ademais, pide que a actuación da Comisión non se
cinga ao área das
licitacións, senón que avalíe
tamén o cumprimento das normativas
ambientais, da auga e consumo.
En decembro de 2005, o Parlamento Europeo aprobou, por 550 votos a
favor, 45 en contra e 25 abstencións, un informe no que
alertaba das
irregularidades do urbanismo español por mor das preto de
15.000
queixas recibidas contra a, entón vixentes, Lei valenciana
Reguladora
da Actividade Urbanística (LRAU).
A comunidade galega asolagada polos residuos da construción 18.06.07
Os
elevados residuos da construción ameazan o medio
ó non
recibir tratamento para a súa reutilización. O 80% non se
recicla e preto dun 60% vai parar a vertedoiros ilegais
Toma de posesión do novo alcalde 17.06.07
Lido en Diario de FerrolAs únicas seis maiorías absolutas que
hai en
Ferrolterra logrounas o Partido Popular nos municipios das Somozas,
Moeche, Cerdido, Mañón, Ortigueira e Vilarmaior.
En todos
eles repetirán rexedor. Dos quince municipios restantes,
só en dous os pactos deron o goberno aos "populares".
Trátase de Pontedeume e Cabanas, bastións
socialistas
durante o "fraguismo" que estrean unha nova etapa.
Gabriel Torrente Piñeiro releva a Belarmino Freire na
alcadía eumesa logo de vinte anos de goberno do PSOE en
coalición. Os seus catro concelleiros contan co apoio dos
tres
do Círculo de Opinión Eumés (COE),
encabezados por
Fernando García Sande, que será tenente de
alcalde. No
pleno de investidura Torrente tivo sete votos; Agustín
Vilariño (PSOE), tres; o nacionalista Manuel Rei, dous; e
houbo
un voto en branco.
Tras ser elixido alcalde, Gabriel Torrente agradeceu a confianza dos
votantes e do COE "como cabeza dun proxecto de cambio" e tendeu a man
"para o diálogo e a colaboración con todas as
forzas
políticas". "Creo que ser alcalde ou concelleiro pode e debe
ser
gratificante porque aquí pódese comprobar a
eficacia das
nosas decisións", comentou no seu discurso. Tamén
se
referiu á necesidade de contar co apoio de
institucións
como a Xunta ou a Deputación e propúxose manterse
alerta
durante todo o mandato para evitar "durmirnos nos halagos e a
adulación".
Con respecto
ás futuras
medidas, Torrente falou, entre outras propostas recollidas no seu
programa, da política urbanística e da
ordenación
do territorio e da urxente necesidade de mellorar servizos como o de
recollida de lixo, eixos das críticas recibidas pola
anterior
corporación. "Queremos recobrar a confianza dos
veciños
no urbanismo municipal", asegurou o alcalde eumés na parte
final
do seu discurso, lida en galego.
O pacto de goberno ao que chegaron PP e COE dá a Gabriel
Torrente a alcaldía e a responsabilidade nas
áreas de
Comercio e Turismo. Fernando García (COE) e Eugenio Otero
(PP)
levarán conxuntamente Economía, Facenda e
Urbanismo.
Javier Crespo (PP) encargarase da Concellaría de Servizos e
Ruth
García (PP) será responsable de Asuntos Sociais e
Educación. O COE terá Obras e Acción
Rural
(José Juan Filgueiras) e Cultura e Deportes
(Ascensión
María de Vicente).
Ecoloxistas en Acción inicia a campaña "nin 1 metro²+ de formigón"
"Asistimos
cada día a un novo escándalo
urbanístico,
poñendo en evidencia que o crecemento urbanístico
dos
últimos anos foi un proceso especulativo de esferas
empresariais
e políticas que supuxo un encarecemento artificial da
vivenda e
a perda de zonas de alto valor medio ambiental.E este problema é unha secuela xeneralizada. Os seus efectos ambientais pódense observar en todo o Estado español. Por iso, e aproveitando a súa rede de grupos en todo o territorio, Ecoloxistas en Acción pon en marcha unha Campaña estatal contra a especulación urbanística.
A Campaña pon en común ferramentas que os grupos locais poden aproveitar para potenciar o seu traballo contra os casos de especulación urbanística. E un papel destacado ten o Mapa da especulación, unha ferramenta en Internet que permite mostrar e pór en común o seguimento dos distintos casos, a través dunhas sinxelas fichas que describen cada caso rexistrado nunha base de datos común."
ECOMONSTROS 14.06.07
Ecomostri é o nome con que se coñece en Italia
ás
enormes construccións de cemento erixidas en paraxes
naturais,
lugares de interés arqueolóxico ou praias (de
ahí
o nome, monstro ecolóxico). Trátase de
construccións abusivas nacidas da colaboración
entre
empresarios deshonestos e políticos locais corruptos. Unha
crecente sensibilidade cara estes espazos está provocando
que o
Goberno comece a demolelos. Dos 14 monstros de cemento que
existían neste país ata hai pouco, agora quedan
11. O
primeiro monstro abatido foi “il Fuenti”, un mega
hotel de
finais dos anos ´70 que se atopaba na costa
amalfitana: 34
000 metros cúbicos de cemento, 24 metros de altura (sete
prantas), 2 000 metros cadrados de superficie. Todo isto nun
área que a UNESCO tiña declarado patrimonio da
humanidade. Aquello fora considerado no seu momento como unha
desfeita ecolóxica exemplar.
En Italia, o número de edificios ilegais crece enormemente: en 1984 dun total de 270 000 novas vivendas cerca dun tercio (80 000) unidades) eran ilegais. Máis do 75 % das construccións ilegais están concentradas na rexión meridional e nas illas, particularmente en Campania, Sicilia, Puglia e Calabria, onde está o 60 % do total nacional da construcción ilegal, o cal amosa a ligazón entre o abuso constructivo é as organizacións criminais e mafiosas, particularmente arraigadas nestas catro rexións.
A
práctica da construcción abusiva está
tamén moi arraigada noutros países
mediterráneos
como España. Outras áreas, que ata agora
mantivéronse a salvo da especulación,
están vendo
invadidas as súas costas por xigantescos complexos
turísticos, como os que levanta a empresa Fadesa na costa
marroquí. Todo o cal convirte en acertada a
denominación
de Mare Mostrum para uns litorais xa case totalmente degradados. Pero
non só a costa mediterránea. En
España, o litoral
atlántico, particularmente Galicia e Asturias,
están
vendo aparecer enormes moles que en nada teñen que envexar
os
exemplos anteriores. Sirva como mostra o mamotreto de Caldagueiro que a
empresa Lagares levantou, baixo os auspicios do goberno municipal, na
vila de Pontedeume, e que é un perfecto exemplar de
ecomostro.
A recente desestimación pola Consellería de
Política Territorial do PXOM de Pontedeume polo
inxustificado
aumento da edificabilidade e as ameazas dos novos proxectos
urbanísticos sobre a franxa costeira, cuxa
ocupación
“suporá un grande impacto visual”,
é un
primeiro paso na necesaria reposición da maltreita
legalidade.
Desde esta páxina temos animado repetidamente á
Consellería non só para que se produza esa
reposición, senón tamén para que,
chegado o caso,
se lle retirase ao Concello as competencias en materia
urbanística. E desde aquí, novamente, esiximos
como
cidadáns da vila, a recuperación da paisaxe
orixinal e a
demolición do ecomonstro de Caldagueiro.
Informe da Consellaría de Política Territorial sobre o PXOM de Pontedeume 12.06.07
Baixar aquí o texto completo en formato pdf.En primeiro lugar o informe considera que non se pode xustificar a ocupación nos 500 metros do litoral, non só polo impacto que ocasionaría sobre unha paisaxe de alto valor senón como polas potencialidades agrolóxicas deste territorio.
Para proceder á transformación urbanística de novos solos, deberiase realizar un estudo xustificativo sobre as previsións de crecemento e de utilización racional dos recursos naturais. Nada disto contempla o Plano Xeral de Pontedeume. É máis, segundo os datos poboacionais e de vivendas, nos próximos 8 anos se estima un crecemento de poboación de menos de 300 habitantes, mentres que as vivendas que o novo PXOM promove serían 3223.
O Plano Xeral incorre en incongruencias ao clasificar como solo urbanizábel terreos colindantes con solo rústico de concellos veciños.
Nalgúns casos o viario proposto desenvólvese sobre cursos fluviais e noutros non se clasifica o solo polo que discurren.
Na zona de Ver e Herbosa preténdese clasificar o solo como urbano sen que haxa razóns que o xustifiquen. Segundo as normas subsidiarias de 1986 este erasolo urbanizábel normal, pero dende entón non se levaron a cabo actuacións que desenvolvesen esas áreas, entrando posteriormente en vigor a lei de costas de 1988. O informe da Xunta é claro en canto ás intencións do Concello de conceder as urbanizacións previstas na zona de Ver e de Herbosa: este solo nunca pode ser considerado urbano.
Outra das pretensións do Concello relativas a legalizar obras que no seu día foron declaradas ilegais pola Xunta, como é o caso do edificio de Caldagueiro, vense abortadas polo informe previo da CPTOPT. Este organismo considera que o solo comprendido entre a vía do tren e a estrada comarcal que vai a Miño debe ser clasificado como rústico de protección de costas. A mesma clasificación que merecen os terreos situados ao outro lado da autoestrada, en Nogueirosa, onde tamén o Plano Xeral pretendía legalizar as vivendas hoxe incursas nun procedemento penal.
Mentres a certos núcleos rurais non se lles ampliou as súas áreas de expansión ata os 200 metros, como a lei permite, a outros a ampliación superou con creces este límite ou expandíronse ata penetrar na franxa dos 200 metros de protección costeira. Noutro caso a expansión fíxose detro de terreos olos que discorre un gasoduto, debéndose clasificar como solo rústico de protección de infraestruturas.
Son numerosas as zonas que a CPTOPT considera que deben ser clasificadas como solo rústico segundo a lei do solo do 2002. Algúns como rústico de protección de costas, outros como de protección agropecuaria e tamén como de protección de augas. Esta clasificación é contraria á pretensión do Concello de catalogalos como solos urbanos para uso residencial. Entre eles os de A Graña (Nogueirosa) ou o de Chao de Ombre. A Consellaría lembra que a extensión dos núcleos rurais debe facerse a través das súas áreas de expansión e non por medio de urbanizacións illadas do solo rústico ou desvencelladas da vila.
A Consellaría critica que o PXOM non informe da existencia de solo rústico de especial protección, concretamente de protección paisaxística, de protección de augas, de protección de infraestruturas, ou do solo con interese patrimonial como resulta ser o que limita a ámbolos dous lados co Camiño de Santiago.
O PXOM on xustifica a creación de novo solo industrial. E non o fai porque non presenta un estudo sobre a existencia doutros polígonos industriais nas proximidades deste concello. Ademais os terreos sobre os que se asentarían os novos polígonos deberían clasoficarse como rústicos de protección forestal. Pero o atrevemento chega a incluir como terreo urbanizábel o que nun plan parcial do ano 1995 foi declarado zona verde.
Tamén alerta a Consellaría do enorme impacto que suporían os terreos urbanizabeis situados por riba da vila, en dirección a Vista Alegre; un impacto que considera severo segundo o estudo de sostibilidade.
As zonas verdes contempladas nas distintas urbanización de uso residencial non están pensadas para manter a calidade de vida e sostibilidade que se lles supoñía, sendo moitas delas innacesibeis.
Por último, botáse en falta información do planeamento vixente nos concellos limítrofes; non se achegan planos de información importantes para valorar as decisións tomadas; non se dan datos sobre o desenvolvemento acadado nos núcleos e sobre as súas necesidades; non se mencionan os elementos catalogados nin a protección a aplicar (Igrexa de S. Miguel de Breamo, igrexa de Boebre, etc); non aparece información sobre a rede de gas; inclúense como vivendas tradicionais algunhas que non o son; falta a avaliación sobre impacto medio ambiental que os PXOMs deben incorporar.
Non se pode dicir que o traballo de Consultora Galega sexa un bo traballo. Pode que sexa o que o Concello de Pontedeume lle encargou, e pode que fose bon para determinados promotores. Pero dende logo, non sería beneficioso para os habitantes deste concello. Nesta ocasión debémonos alegrar que a Consellaría de Política Territorial puxese algo de cordura nesta sinrazón municipal.
A Xunta rexeita o PXOM eumés 09.06.07

As primeiras noticias do PXOM de Pontedeume xa están aquí e aínda que pouco si sabemos que o plano de urbanismo non é aceptado pola Consellaría de Política Territorial. O proxecto deberá ser sometido a profundos cambios antes de darlle a aprobación definitiva.
Un deles é o relativo á creación de zonas residenciais, algo que a Xunta considera desproporcionado. Oponse a consellaría a recalificación como chan urbanizábel residencial de terreos situados en A Graña, O Silvar Chao de Ombre y As Pontellas.
A Xunta rexeita igualmente a ampliación a zonas urbanizabeis de lugares que merezan ser tratados de especial protección, caso das Fragas do Eume e de Ver. Non resulta aceptábel para o poder autonómico a expansión dentro da franxa costeira.
Outra das reticencias que presenta a CPTOPT refírese ao tratamento que o plan dá zona arbórea que existe no centro urbano así como ao impacto visual que se dá en determinadas zonas polas que discurre o ferrocarril, dende Pontedeume ata Boebre.
Como se pode apreciar, todas estas carencias e despropósitos foron denunciados polo coplectivo Fusquenlla nun documento enviado á CPTOPT para que se amosasen exixentes á hora de tratar o PXOM de Pontedeume (ler aquí). Dende este colectivo entendiamos que se pretendía aumentar considerablemente o chan urbanizábel e se desprotexían zonas que merecían deixar á marxe das intencións especuladoras dos promotores: Breamo, Ombre e Boebre.
Esta decisión da Xunta é un varapao á política urbanística do Concello de Pontedeume, unha política denunciada ata a saciedade polo noso colectivo. Unha actitude esta que moitas veces foi criticada por aqueles que presumían escuras intencións no noso labor na procura dun urbanismo sostíbel para Pontedeume. Neste intre no que se fai máis necesario que nunca que este concello dispoña xa dun planeamento urbanístico que protexa o crecemento da vila e parroquias, exiximos ao novo goberno local que se involucre na defensa deste plantexamento e acometa a modificación do PXOM na liña marcada pola Xunta e polos colectivos cidadáns que como Fusquenlla coinciden con aquela na defensa dun entorno habitábel e garante dun futuro mellor para os eumeses.
Entidades ecoloxistas opóñense á mina de andalucita de Goente 08.06.07
A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), Lapis Verdes, Fusquenlla, Plataforma Ártabra 21 e Club Montaña Ferrol, así como veciños da parroquia de Goente, presentaron alegacións ao proxecto de explotación do xacemento de andalucita nas Pontes. Cabe recordar que, con anterioridade, a empresa promotora xa presentara un proxecto que foi rexeitado por estar situado dentro do Parque Natural das Fragas do Eume.Na nova proposta queda excluída a superficie afecta a esta, deixando unha franxa de amortiguamiento de impacto de 50 metros de ancho.
As entidades que presentaron alegacións basean estas, entre outros aspectos, no feito de que, desde o punto de vista dos hábitats existentes, a zona do xacemento "está constituída na súa maior parte por unha fraga mesta e pasteiros, coa presenza de numerosas especies de fauna e flora con interese biolóxico, algunha catalogadas como vulnerables pola Directiva Habitat". A franxa de 50 metros xa especificada "non é suficiente", aseguran, para librar ao parque de problemas relacionados coa contaminación da mina, sobre todo de tipo acústica e atmosférica. Estiman que a instalación do vertedoiro suporá "unha grave contaminación" das augas do afluente do río Maciñeira e que o argumento económico non xustifica os efectos.
A Xunta autoriza o paso dunha canalización de gas a carón das Fragas do Eume en Ombre 08.06.07
Recollemos do Xornal La Opinión:
Marcha solidaria 08.06.07
Este venres 8 de xuño, cara ás 15:30
horas, desde
Ferrolvello no Porto de Ferrol e diante do edificio da Autoridade
Portuaria, terá lugar a saída da marcha a
pié
solidaria con Bernardo Bastida, Patrón Maior do
Confraría
de Pescadores de Ferrol, en prisión desde o pasado 30 de
maio.
Tal marcha solidaria, foi un acordo da Asemblea Extraordinaria da
Confraría de Pescadores de Ferrol, o mércores 6
de
xuño, para realizala a pé desde o peirao de
Ferrol cun
percorrido total de 89 quilómetros ata as proximidades do
cárcere de Teixeiro, a fin de manifestar publicamente que
Bernardo Bastida sexa posto en liberdade canto antes.
Dita marcha a pé, realizarase en tres etapas de 19, 42 e 28
quilómetros, por todos os mariscadores, pescadores e outros
cidadáns que se inscribiron para a totalidade do percorrido,
mais os que nos distintos concellos por onde discorra desexen
acompañar en parte do percorrido dos concellos de Ferrol,
Fene,
Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Coiros e
Curtis.
A saída da marcha a pé en Ferrol realizarase no
peirao de
Curuxeiras cara ás 15:30 horas do venres 8 de
xuño, cn
chegada final en Teixeiro prevista para o domingo 10 de xuño
cara ás 15:00 horas. Na
primeira etapa desde Ferrol a Pontedeume o percorrido de 19
quilómetros realizarase pola N-651, con chegada cara
ás
20:00 horas e pasarrá a noite no pavillón
municipal
próximo ao porto de Pontedeume que xa foi solicitado ao
Concello.
O sábado 9 de xuño a segunda etapa
terá a
saída ás 7 da mañá para
camiñar un
primeiro tramo de 29 quilómetros pola N-651 ata Betanzos con
chegada prevista cara ás 13 horas, onde se
realizará unha
parada para comer. Cara ás 15:00 horas será a
saída de Betanzos para un segundo tramo de 13
quilómetros
ata o lugar de OIS no concello de Coirós, onde se pasar# a
noite
nun pavillón cuberto.
A terceira etapa, o domingo 10 de xuño, con saída
cara
ás 7 da mañá de OIS, consiste nun
tramo de 15
quilómetros no seu maior parte pola Nacional 6 ata
Montesalgueiro, onde se sairá por unha estrada secundaria en
dirección ao núcleo de poboación
chamado A
Castelá con chegada a este cara ás 11 da
mañá, para realizar unha parada de
avituallamiento e
descanso. Cara ás 12 da mañá a marcha
solidaria
sairá da Castelá para percorrer os
últimos 13
quilómetros ata un aparcadoiro próximo ao
cárcere
de Teixeiro onde portavoces dos organizadores da marcha
darán
dirixirán unhas palabras aos participantes e
darán por
terminada a marcha que se realiza no contexto de actuacións
do
Comité Cidadán de Urxencia para a Ría
de Ferrol.
A Asemblea Cidadá deste xoves nos locais da A.VV de
Ferrolvello
acordou animar a todos cantos poidan participar na totalidade do
traxecto, ou en percorridos parciais dentro de cada concello,
principalmente no último tramo de 13 quilómetros
desde o
núcleo de poboación da Castelá, logo
de pasar
Montesalgueiro, ata as proximidades do cárcere de Teixeiro.
Como apoio loxístico, unha furgoneta da Confraría
levará os sacos de durmir. Así mesmo uns coches
de apoio
cun medico acompañasen á expedición
para atender a
quen o necesiten.
Pola Confraría de Pescadores de Ferrol realizouse a
correspondente comunicación á
Delegación de
Goberno, así mesmo enviou unha comunicación aos
Concellos
por onde discorre o percorrido, a fin de que dispoñan de
efectivos de Protección Civil e de Policía
Municipal que
acompañen á marcha solidaria en percorrido
correspondente
ao termino municipal de cada Concello.
Desmentindo a Reganosa 06.06.07
A historia de
accidentes en
regasificadoras demostra todo o contrario. Ofrecemos aquí
unha listaxe de diversos accidentes ocorridos nas últimas
dúas decadas con consecuencias mortais.19 novembro de 1984: 452 persoas morren ao explotar dous grandes depósitos de gas butano en San Juan Ixhuatepec, ao norte de México DF. Miles de feridos e desaparecidos.
3 xuño de 1989: 190 mortos ao explotar o maior gasoduto da URSS, nas proximidades da Ufa, nos Urales.
28 setembro de 1993: Máis de 70 mortos ao explotar un gasoduto que une Caracas e Tejerias (Venezuela).
4 novembro de 1993: 39 mortos ao explotar un gasoduto na provincia de Quang Ninh (Vietnam).
6 febreiro de 1994: Dez mortos ao explotar un gasoduto que unía as instalacións de Petróleos Mexicanos (Pemex) no estado de Tabasco (México).
28 decembro de 1994: Setenta mortos no estado de Monagas (este de Venezuela) ao explotar un gasoduto.
4 xaneiro de 1995: Polo menos once mortos por mor dunha explosión nun gasoduto de Jian, provincia chinesa de Shandong.
26 agosto de 1996: Un centenar de mortos en Henan, centro de China, na explosión dun gasoduto causada por un intento de roubo.
27 decembro de 1998: Quince mortos en Arroio de Pedras, no norte de Colombia e máis de 200 feridos na explosión dun gasoduto.
19 agosto de 2000: Dez mortos ao explotar unha condución de gas natural nas proximidades de Carlsbad (Novo México, EEUU).
20 agosto de 2000: Polo menos 25 mortos na explosión dun tren cisterna que transportaba gas licuado ao sueste de Nairobi.
23 decembro de 2003: Polo menos 193 mortos nunha forte explosión nun xacemento de gas natural do municipio de Chongqing, no suroeste de China, que afectou a 28 núcleos urbanos.
19 xaneiro de 2004: Vinte e dous mortos e 74 feridos pola explosión no perímetro da planta gasística de Skikda, ao leste de Alxeria, un dos máis importantes complexos económicos de Alxeria, e socio de Reganosa.
30 de Xullo de 2004: 15 mortos e mais de 100 feridos en explosion dun gaseoducto en Bélxica.
23 Setembro de 2006: 3 mortos e 5 desaparecidos en explosion dun tanque de gas en Baviera, Alemaña
14 de Outubro de 2006: 1er Accidente en Reganosa, afortunadamente sen feridos.
Bastida seguirá en prisión e comeza unha folga de fame 05.06.07
Como consecuencia desta decisión que o patrón da confraría considera unha decisión política, este decide comezar unha folga de fame como protesta, non como presión para lograr a súa excarcelación. O texto da carta escrita por Bastida é o seguinte:
1) que no he matado ni a 1 ni a 20 personas
2) que no he vaciado las arcas de ningún municipio ni entidad alguna
3) que el único delito que he cometido, ha sido el de cumplir con mi papel de P.M. y respetar las decisiones tomadas en asamblea.
4) qu eme considero un preso político y evidentemente, perseguido por la administración al servicio no del pueblo, sino de OTROS INTERESES.
5) que no he cometido ninguno de los delitos de que se me acusa, or lo que no se puede jugar con la libertad de una persona
6) agradecer de todo corazón el apoyo recibido de todos.
Ante esto y desde el día de hoy, en contra de mis deseos, como PROTESTA y no como PRESIÓN, me declaro en huelga de hambre indefinida. Es una medida no grata, pero por desgracia no me dejan otra alternativa.
Ferrol 5 de junio de 2007
Firmado: Bernardo Bastida
A necrópole da Mourela foi arrasada por dúas excavadoras 05.06.07
Querid@
amig@ queremos informarche dunha mala nova: a Necrópole da
Mourela fai arrasada hoxe por dúas excavadoras.
Sen facer públicos os estudos dos
arqueólogos no Circulo Lítico, sen
estudar algún tipo de alternativa ao trazado previsto, sen
valorar a
posibilidade de construir un túnel por baixo da
necrópole megalítica, e
sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio
deu o visto
bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe o alto da Necrópole,
enclave crucial
do patrimonio megalítico.
Noraboa señores políticos, por
conseguires destruir o sitio arqueolóxico da Mourela e a
esperanza de
moitos cidadáns nunha nova forma de entender a democracia.
As futuras
xeracións lembraranvos eternamente.
MOURELA D.E.P. (3.000 a.C -5 DE XUÑO DE 2.007)
A Plataforma pola Defensa do Patrimonioo de As Pontes e Adega
fan público o seguinte comunicado:
Hoxe, día 5 de
xuño,
día mundial do medio ambiente o Director Xeral de Patrimonio
Cultural da Galiza borrou dun plumazo o Círculo
Lítico da
Mourela, no concello das Pontes de García
Rodríguez. A
media mañá de hoxe varias máquinas
entraron no
xacemento destruindo o mesmo en superficie. Ademais a
situación
na que quedan as tres mámoas da necrópole
é
insostíbel, dado que unha gabia de máis de 50
metros de
profundidade atravesará este conxunto pola metade.
Ante esta situación, cremos que se repetiron os erros do
pasado
e non se fixo ningún intento por parte da
Administración
por dar transparencia a esta destrucción.
Ignorouse ademais a alternativa da execución dun
túnel
presentada polas nosas organizacións, que no mes de novembro
de
2006, contaba co apoio da Dirección Xeral de Patrimonio, que
confiaba nesta alternativa como solución á
destrucción.Hai que sinalar que a Lei do Patrimonio Cultural
Galego, esixe a formulación e o estudo de tódalas
alternativas existentes denantes de destruir o patrimonio. Cremos que
no caso da Mourela a Lei non estivo vixiante.
A decisión de
construir un
túnel que salvagardara a necrópole
megalítica non
era unha cuestión económica nin legal, era unha
decisión política, polo que consideramos que a
Administración tomou o camiño equivocado.
Por isto dende ADEGA e a Plataforma, pedimos a demisión do
Dir.
Xeral de Obras Públicas D. Manuel Morato, por non estudar a
alternativa existente e coaccionar á Dir. Xeral de
Patrimonio,
na toma desta decisión.
Logo de apoio público da Dir. Xeral de Patrimonio
á
alternativa do túnel lamentamos profundamente que o seu
director
xeral D. Felipe Arias, non tivese a entereza suficiente para esixirlle
á Dirección Xeral de Obras Públicas a
valoración e o estudo da alternativa do túnel e
en
consecuencia pedimos que os responsábeis desta
situación,
demitan.
Ademais aproveitamos este comunicado para anunciar a
activación
dun dispositivo de loita activa contra a especulación do
noso
Patrimonio arqueolóxico, que inclúe medidas de
carácter social e legal.
Durante a xornada de mañá anunciaremos as
diferentes
movilizacións que se producirán durante os
vindeiros
días como repulsa a este Atentado Patrimonial.
Hoxe é un día triste para a
arqueoloxía en Galiza,
mais tamén o é para a Cultura Galega. Os
veciños
das Pontes non aturaremos máis destruccións do
noso
Patrimonio, coas nosas mans conseguiremos virar o rumbo desta nave da
sinrazón e por a nosa proa na dirección axeitada,
que
remate dunha vez por todas coa especulación do noso
patrimonio
cultural.
Os galegos nacen con 6 pisos baixo o brazo 05.06.07
Galicia constrúe seis vivendas por cada habitante que gaña, evidenciando un crecemento desmesurado que non atopa na necesidade demográfica o seu motivo. Así o indica un informe sobre o urbanismo galego, o grupo ecoloxista de Pontedeume, Fusquenlla, quen destaca a construcción de 214.000 vivendas nos últimos seis anos fronte ós 34.600 habitantes que gañou a comunidade neste tempo.
Máis información en Galicia-Hoxe
Milleiros de persoas exixen o traslado da planta de gas e a liberdade de Bastida 03.06.07
Nunha
manifestación que percorreu o traxecto dende o peirao ata a
praza de Armas en Ferrol milleiros de persoas amosaron a súa
indignación pola ubicación da planta de gas que a
empresa
Reganosa ten instalada en Mugardos. Asemade exixiron a posta en
liberdade de Bastida, detido na última mobilizacion que o
Comité de Emerxencia organizou para impedir a entrada dun
gaseiro na ría de Ferrol.
Numerosas
adhesións recibíronse con motivo desta marcha.
Organizacións ecoloxistas como Verdegaia ou Adega;
sindicatos
como CC.OO, CIG e STEG; personaxes da vida política e
cultural
como Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Cristina Amor,
Santiago Carrilo, Gaspar Llamazares, Manuel Rivas, Suso de Toro,
Agustín Fernández Paz, Tareixa Navaza, Mabel
Rivera, e un
longo etcétera. Tamén asistiron representantes da
meirande parte dos colectivos que o día 6 de maio acudiron a
Compostela para manifestarse en contra da degradación do
territorio, entre outros Salvemos Monteferro, Plataforma contra a
piscifactoria de Quilmas, Sociedade Galega de Historia Natural, e
Plataforma pola Defensa da Ría de Pontrevedra. Todos eles
como
fiel reflexo da existencia dun movimento novo que baixo a consigna de
"Galiza non se vende" loita contra o deterioramento do territorio
galego.
O manifesto
leido iníciase cunha mensaxe para a nova
corporación de Ferrol que se constituira o proximo 16 de
xuño e deixa claro que os mariscadores son os primeiros
victimas de Reganosa pero que o problema fundamental é que
Reganosa desde o pasado 9 de maio é unha ameaza para a vida
de miles de persoas e que a vida non é negociable.
No manifesto denúnciase que o metanero Mourad Didouche
é máis antigo que o Prestige, polo que deberia
estar despezado, o que pon en evidencia a inseguridade de Reganosa.
No porto de Ferrol desde as 11 horas dispuxéronse seis mesas
onde se podia asinar autoinculpaciones, llegandose a recoller un total
dunhas seiscentas autoincuplaciones asinadas, que xunto cos xa
presentadas puidesen totalizar as mil incupaciones nos feitos que se
imputan a Bernardo Bastida Patron Maior da Cofradia de Pescadores de
Ferrol, detido e ingresado na carcel de Teixeiro, ao que se lle ha
apalicado a pision previentiva sen ter en conta a presuncion de
inocencia aplicable en base á Constitucion de 1978.
A Cofradia de Pescadores de Ferrol elaborou 500 camisetas que puxo
á venda e esgotáronse. A parte frontal das
camisetas teñen unha foto de Bernardo Bastida na que se lle
ve nunha lancha estacionada na Ría, coa frase Bastida somos
todos". Na parte posterior devanditas camisetas teñen a
frase "planta de Gas fora dá Ría".
Por parte do Coordinador Carmelo Teixeiro fíxose mencion
ás adhesines e participacións que se habian
recibido desde fóra de Ferrolterra., entre eles de varias
Cofradias de Mariscadors de Galicia
Un informe técnico desaconsella instalar en As Pontes unha planta de celulosa 02.06.07
Un
informe encargado pola Consellería de Medio Ambiente pon
reparos
á instalación da planta de celulosa que Ence
trasladaría dende Pontevedra. As obxecións
veñen
dadas polas enormes dificultades técnicas e polo
investimento
necesario.
Os expertos sinalan a dificultade de proceder ás
verteduras
das augas que precisa a planta, posto que danaría o
ecosistema
do río Eume, máis concretamente as Fragas do Eume
O futuro alcalde das Pontes, o socialista Valentín
González Formoso, mostrou o pasado luns a súa
disposición a acoller neste termo municipal a planta
pasteira e
anunciou a súa intención de reunirse cos
responsables de
Ence para trasladarlles «toda a información que
acredita
á localidade mineira como ou lugar idóneo para ou
emprazamento dá papeleira».
Para solventar este problema sería necesario construir un
emisario ata a ría de Ares para depositar os residuos da
pasteira, o que suporía un elevado custo
económico e a
degradación da ría.
Unha alternativa estudada polos expertos consistía
en
instalar a celulosa en San Sadurniño se ben foi desbotada
pola
posíbel oposición veciñal a este
proxecto. Pola
contra, As Pontes dispón dun tecido industrial que
favorecería a instalación neste concello posto
que os
seus habitantes están afeitos a soportar mellor a molestias
ocasionadas polos cheiros e contaminación. Ademais
atópase preto os encoros do Eume que
facilitarían a
toma de auga.
Xa o mes pasado a dirección local do
partido socialista
como a Consellaría de Economía da Xunta de Galiza
amosáronse partidarias de que As Pontes acollese unha planta
de
fabricación de pasta de celulosa e papel.
Un informe neste sentido foi entregado ao Ministerio de Industria
solicitando a instalación de dita industria.
Tamén se
enviou outro informe ao Ministeiro de Medio Ambiente.
Para os socialistas As Pontes reúne toda unha serie
de
requisitos que convirten o concello nun
lugar idóneo para a instalación da
planta de
celulosa. Alegan a existencia de dous encoros de auga para abastecer a
planta e lembran que a mina será convertida nun inmenso lago
que
podería aportar máis auga.
Tamén salientan que o concello dispón de 100 hectáreas para ubicar a planta, así como dunhas inmellorabeis vías de comunicación. Pero o máis importante é a planta de gas, que surtiría deste elemento á planta, xunto co porto de Ferrol como medio para desenvolver a súa actividade. Sen menospreciar o feito de que o concello sitúase dentro do maior entorno de produción de eucalipto deEuropa.
A XUNTA DE GALICIA PRETENDE CONVERTIR O MOSTEIRO DE MONFERO NUN HOTEL DE LUXO 02.06.07
O lamentable estado dun edificio, abandonado durante o século XIX a raíz da exclaustración e declarado monumento nacional aos inicios da II República, esixe un plan inmediato de rehabilitación que as administracións rexeitan a favor da cesión a unha empresa privada para a súa transformación nun hotel-balneario.
Conven suliñar a importancia artística e histórica que para Galicia e a comarca eumesa en particular ten este edificio. Fundado no século XII, pertenceu á orde do Císter. Nos séculos seguintes viu medrar o seu patrimonio grazas ás donacións reais e á dos seus protectores, os Traba. Nos últimos tempos medievais aparece ligado á casa de Andrade (na igrexa se atopan os sepulcros de Fernán Pérez de Andrade, “o Bo”, e de Nuño Freire, “o Mao”). A fábrica medieval foi remozada no século XVII. É o momento de apoxeo da comunidade monástica. Coa desamortización no século XIX chegaría a ruina e o espolio. Os restos da súa riquísima biblioteca consérvanse hoxe no Arquivo Histórico Nacional. Por mor da desidia a piques estivo a igrexa de ser trasladada pedra a pedra ata a cidade de A Coruña. Nos últimos anos producíronse pequenas intervencións financiadas con fondos europeos.
Hai xa sete anos, mentres se agravaba a situación do complexo monástico, o PP e mailo PSOE apoiaron a proposición non de lei presentada nas Cortes polo deputado do BNG, o sr. Francisco Rodríguez, para restaurar o edificio: O Congreso dos Deputados insta ao Goberno a colaborar no proxecto de restauración do mosteiro de Monfero, previa petición expresa e definida de colaboración por parte da Administración local e autonómica responsable. Por parte do Goberno sinalábase: Somos solidarios coa situación na que se atopa esta construcción de referencia, tamén en canto á importancia patrimonial e histórica que supuxo para o crecemento cultural da zona de Ferrol (…) A vontade do Goberno, do Ministerio de Cultura, é clara respecto a esta construcción (…) Non debemos permitir (…) que a desidia permita que continúe o abandono”.
Desde a Dirección Xeral de Patrimonio Felipe Senén recoñecía nunha entrevista que "a administración non ten recursos dabondo para encargarse de todos os mosteiros e restos de cenobios". Desta afirmación parece deducirse que a administración autonómica considera unha carga excesiva o rico patrimonio monumental de Galicia. Convencernos do gravoso do seu mantenemento xustificaría entón que o nosos bens culturais poidan seren entregados a empresas para un uso privado que os desnaturalizaría. Así o confirmaba o propio director xeral: Os empregos hostaleiros non son malos, pero hai que controlalos moitos para que non se perda o carácter monumental do mosteiro (…) Mesmo hai casos en que se deu un emprego incontrolado destes conxuntos (…), pero é normal, os mosteiros son tan numerosos que dá para todo tipo de situacións.
Outro dos problemas que se plantexan son as actuacións lesivas que podan poñer en perigo a traza orixinal do monumento. Sempre hai un debate porque se dan intervencións afortunadas e outras que non o son tanto (…) A min hai pouco comentábanme por exemplo que a intervención en Santo Estevo de Ribas de Sil foi moi forte, haberá quen vexa que ese foi o xeito de o salvar.
Pero existen outras opcións. Patrimonio apunta cara a solucións que levan tempo aplicandose en países do noso entorno: a conservación dos restos monásticos como ruínas: Pódese rehabilitar para mantelos como ruína consolidada (…) Isto é algo que se dá moito nos países anglosaxóns, alí non é estraño que haxa mosteiros en ruínas que son enclaves turísticos. O mesmo director xeral lamentábase que non se aplicaran medidas desta natureza en casos como o do mosteiro de Carboeiro: Persoalmente teríao deixado no seu día como estaba, a xeito de ruína consolidada, era o encanto que tiña. Sería un caso excelso de como chega a nós un elemento do patrimonio medieval.
Solucións deste tipo foron empregadas desde xa hai tempo en edificios como o convento de San Domingos en Pontevedra.
Por outra parte, en canto á titularidade de bens de interese cultural que actualmente están nas mans da Igrexa ou de particulares, o Estado ten que afrontar dunha vez e sen medo a súa incautación, en razón do seu interese público e para garantir a súa correcta conservación
