Xullo 2007
O Consello de Contas investigou a situación contábel do período 2003-04 do Concello de Pontedeume 31.07.07

O Consello de Contas achou graves irregularidades nas contas e nas prácticas admistrativas e de contratación do Concello de Pontedeume, unha das 18 corporacións locais ás que o órgano fiscalizador adicou especial atención no informe recentemente presentado ao Parlamento
De conformidade co establecido na Lei 6/1985, do 24 de xuño,
do Consello de Contas de Galicia, o Pleno da Institución, en
sesión celebrada o 19 de decembro de 2005, acordou
incluír no seu programa de actuacións do ano 2006, a
realización dunha fiscalización selectiva das contas dos
exercicios 2003 e 2004 do Concello de Pontedeume.
Entre outros, os obxectivos contidos no programa de fiscalización consistiron en:
− Analizar as causas que expliquen o incumprimento da obriga de
render contas, en forma e prazo, ao Consello de Contas de Galicia.
− Avaliar as posibles incidencias que afecten á correcta
actuación da actividade económico-financeira,
orzamentaria e contable do Concello.
Foron varios os impedimentos que fixeron imposíbel un estudo a fondo da contabilidade do Concello, xa que este non elaborou o libro obrigatorio de Inventarios e Balances, ademais de non dispor dun inventario de bens completo e actualizado. Tamén supuxo unha traba ao estudo a falta de informes do Banco Gallego.
As causas alegadas polo Alcalde, para explicar o atraso no envío das contas dos anos 2003 e 2004, radican na limitación de medios, tanto persoais como materiais, para subministración da información.
Son moitas as irregularidades que o Consello de Contas atopou na súa investigación. O Concello non dispón do libro de Inventarios e Balances, polo que se incumpre o disposto nas regras 60 e 64 da ICAL. As dilixencias de apertura e peche dos libros de actas da Comisión de Goberno (Xunta de Goberno Local) e de Pleno, correspondentes ao período fiscalizado, non están asinadas polo responsable de Secretaría. Esta incidencia, tamén se produce no libro de Resolucións do Alcalde.
A continuación descríbense as incidencias máis significativas detectadas nas áreas analizadas:
- O Concello utiliza de forma reiterada (non con carácter excepcional como prevén a lei) o recoñecemento extraxudicial de créditos quebrando así o principio de especialidade (cuantitativa e temporal) ao realizar gastos sen crédito nin procedemento e convalidalos e imputalos ao exercicio seguinte. Deste comportamento poderíanse derivar responsabilidades.
- O Concello rexistrou desviacións de financiamento por importe de 80.531,46 euros, no resultado orzamentario e no remanente de tesourería de 2004. Desta cantidade, 4.429,44 euros proceden dunha subvención da Deputación por gastos da contratación dun animador deportivo; e o resto, por importe de 76.102,02 euros, da obra Beirarrúas na avenida Ricardo Sánchez.
- Analizáronse as subvencións concedidas no exercicio
2004 ao Club Náutico Firrete, por importe de 2.163,60 euros, e
á Sociedade Deportiva Eumesa, por 2.500,00 euros. Como resultado
do traballo efectuado sobre as dúas subvencións sinaladas
(cuxa xustificación da aplicación de fondos a súa
finalidade figura no expediente), detectáronse as seguintes
incidencias:
Estas subvencións concedéronse sen que se acredite no
expediente o cumprimento dos principios de publicidade, obxectividade e
concorrencia. Neste sentido, consta informe de Secretaría e
Intervención advertindo ao órgano de concesión,
con carácter previo á adopción do acordo, sobre a
necesidade de outorgar subvencións de conformidade cos ditos
principios.
Segundo o disposto na Base número 47 de execución do
orzamento de 2004, o órgano competente para outorgar
subvencións que non superen a cantidade de 2.404,05 euros
é o Alcalde. Pero a subvención ao Club Náutico
Firrete (por un importe inferior), concedeuse pola Xunta de Goberno
Local sen que exista acto expreso de delegación. Sen
prexuízo do anterior, o acordo de concesión destas
dúas subvencións vulnera o artigo 54.1.f) da LRXAP e PAC,
por canto non se motivou suficientemente.
Nos expedientes revisados non figura a seguinte documentación
esixida: a) memoria explicativa das actividades realizadas durante o
último ano ou tempada; b) memoria explicativa das actividades a
realizar; c) orzamento de ingresos e gastos da actividade con
expresión do financiamento previsto; e d) certificación
dos cargos representativos e domicilio social, con fotocopia compulsada
do DNI ou CIF.
- O grupo Independentes por Pontedeume acompañou recibos pero non acreditou o seu pago, polo tanto, non se xustificou a aplicación de fondos á súa finalidade. Ao termo dos traballos de campo desta auditoría (novembro, 2006), non consta a xustificación do pago. Por esta circunstancia, en caso de non xustificar adecuadamente a aplicación dos fondos recibidos, procedería o reintegro das cantidades entregadas e a esixencia dos xuros de demora correspondentes, como establece o artigo 37 da LXS.
- Verificouse que o alcalde e un concelleiro percibiron axudas de custo, no exercicio 2004, sen que conste xustificación suficiente que acredite o gasto realizado.
- Na plantilla aprobada para o exercicio 2004, existen vinteseis postos de traballo suxeitos a estatuto funcionarial, dos cales sete figuran como vacantes sen que se realizasen, ata a finalización dos traballos de campo desta fiscalización (novembro, 2006), os correspondentes procesos selectivos.
- Respecto ao persoal laboral fixo a 31 de decembro de 2004, certificouse que o sistema de acceso en tódolos postos foi o concurso-oposición. Como resultado da análise de dous expedientes (auxiliares administrativos), constatouse que figuran contratos laborais temporais anteriores e sucesivos, dende os anos 1992 e 1994, respectivamente, ata a súa contratación indefinida no ano 1997, con interrupcións de poucos días entre a finalización dun contrato e a formalización do seguinte a favor do mesmo traballador. Non consta documentación acreditativa da superación de procesos selectivos con carácter previo á adquisición da condición de persoal laboral fixo. E non se acredita suficientemente a realización de actuacións necesarias que garanten o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade que deben presidir a selección de todo o persoal ao servizo da Entidade.
- Analizáronse catro expedientes de traballadores que ocupaban postos de actividade temporal a 31 de decembro de 2004 (auxiliar administrativo de servizos sociais, auxiliar da área de formación, normalizadora lingüista e educadora social), verificando que foron contratados inicialmente nos anos 1990, 1992, 1994 e 1995, respectivamente, utilizando a modalidade de obra ou servizo determinado. Dende esas datas e ata a actualidade (novembro de 2006), permanecen contratados polo Concello na mesma situación de provisionalidade.
- A empresa Concifa, SL, a quen se adxudicou un contrato polo prezo de 32.306,97 euros (baixa de 300,00 euros), recibiu a notificación da resolución do expediente o día 30 de xuño de 2004. Con esta mesma data asinouse o contrato administrativo da obra, e constituíuse, ese mesmo día tamén, a fianza definitiva. Segundo consta na certificación número un e final, expedida o día 15 de xullo de 2004, as obras foron realizadas polo contratista durante o período comprendido entre o 29 de xuño de 2004 e o 15 de xullo de 2004, evidenciándose, desta forma, o inicio das obras con anterioridade á notificación da adxudicación e sinatura do contrato.
Urbanismo.- Comprobouse, en catro expedientes, o control urbanístico
efectuado polo Concello a través da licenza, que comprende tres
aspectos regulados nos artigos 194.1 da Lei 9/2002:
a) a
adecuación do que se solicita coa ordenación
urbanística aplicable (neste caso, Normas Subsidiarias de
Planeamento); b) que o aproveitamento proxectado axústase ao
aproveitamento susceptible de apropiación; e c) que a obra ou
uso proxectado reúnen as condicións de seguridade,
salubridade, habitabilidade e accesibilidade, e demais
condicións técnicas da edificación.
En tódolos expedientes revisados xustifícase a adecuación formal da concesión de licenzas aos tres aspectos anteriormente sinalados. Porén, non consta a pertinente comprobación administrativa, unha vez finalizada a construción, que permita practicar a correspondente liquidación definitiva do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras en función do custo real e efectivo da obra. A infracción desta disposición sobre liquidación e administración de recursos públicos, podería dar lugar, de existir prexuízo para as arcas municipais, á esixencia de responsabilidade contable.
Ademais do anterior, segundo se acredita en certificación expedida polo Concello, outorgáronse sete licenzas de primeira ocupación en 2003 e catro no ano 2004. Certificouse, a existencia de catorce expedientes de reposición de legalidade urbanística incoados en 2003 e de oito en 2004. Revisáronse catro dos oito expedientes de 2004, verificando que se referían a obras sen a preceptiva licenza municipal. Non consta nos expedientes documentación que permita determinar se estas obras son legalizables e si se realizaron actuacións para o cobro do ICIO e da taxa correspondente. Circunstancias das que se poderían xerar responsabilidades. Así mesmo, o Concello certificou que nestes exercicios non se iniciou ningún expediente sancionador asociado por infracción urbanística.
Conclusións
O Concello non dispón dun inventario de bens completo e actualizado
A utilización reiterada do recoñecemento extraxudicial de créditos denota unha deficiente xestión do gasto público que e preciso corrixir, sen prexuízo das responsabilidades que se poidan xerar por comprometer gastos sen crédito suficiente.
O Concello non dispón de Rexistro de persoal e relación de postos de traballo. O complemento de produtividade supera o límite do 30% da masa retributiva global presupostada en 2004, infrinxindo o disposto no artigo 7.2.b) do RD 861/1986. Así mesmo, asignouse unha cantidade fixa mensual, en concepto de produtividade, que vulnera a natureza deste complemento. Ademais, pagouse nos meses de xuño e decembro unha produtividade extra, que é a suma do complemento de destino e específico de cada posto de traballo, polo que se perciben pagas extraordinarias que inclúen o importe de retribucións complementarias, en contra do disposto no artigo 2.2 do RD 861/1986. Respecto ás axudas de custo, comprobouse que os funcionarios percibiron cantidades superiores ao grupo correspondente, vulnerando o preceptuado no artigo 13 do RD 462/2002.
O Concello utilizou o procedemento negociado sen publicidade en tres dos catro expedientes de obra investigados en 2004.
Sobre o Valedor do Pobo 31.07.07
En
abril do 2006 o colectivo Fusquenlla decidíu, quizais
inxenuamente, solicitar a intervención do Valedor do Pobo para
poñer freo ás actuacións do Concello de
Pontedeume, feitos que conculcaban dereitos fundamentais da
veciñanza en relación á falta de transparencia e
prevaricación da que facían gala os gobernantes locais.
Como ben se sabe, a oficina do Valedor do Pobo ten por finalidade evitar os abusos que a administración ou os seus representantes poidan inflixir aos cidadáns. O Valedor do Pobo é unha institución que non exerce funcións de tipo coercitivo, senón unicamente de persuasión, de tal forma que a través das súas diferentes actuacións pon en xogo a súa autoridade, para orientar e corrixir as actuacións ou abstencións da Administración que coñece a través dos procedementos correspondentes.
Despois de admitir a trámite as queixas de Fusquenlla, o seguinte paso é recabar do Concello a documentación que demostre, ou desminta, o fundamento de tales queixas. Dende abril do 2006, o colectivo Fusquenlla só recibíu da oficina do Valedor escritos nos que se lle comunicaba que o Concello persistía na súa negativa a enviar os informes solicitados. O último destes escritos, que se acercan á ducia, foi remitido o pasado día 24 de xullo.. Di así:
En relación coa queixa que vostede presentou nesta institución, no día de hoxe solicitamos novamente ao Concello de Pontedeume o correspondente informe complementario.
Poñerémonos de novo en contacto con vostede, unha vez que o citado Concello nos remita a referida información, dándolle conta da nosa actuación e, se é posible, da solución do problema
A inxenuidade da que falabamos ao comezo xa pasou a ser incredulidade. Agora somos conscientes de que as administracións locais son institucións á marxe da legalidade; que os alcaldes e comisións de goberno teñen o suficiente amparo como para deixar de lado as obrigas que nos afectan ao resto dos cidadáns; que o único "castigo" que se lles pode impoñer é a revogación da confianza que neles se depositou nas eleccións. Tamén estamos convencidos de que esta pena provoca un sorriso naqueles que se retiran para disfrutar as prebendas obtidas dutante o seu exercicio.
Pero o difícil de asumir é que unha institución que debería de posuir medios para obrigar aos alcaldes a acatar a lexislación, no é máis que unha entidade baleira que se propón crear a falsa ilusión de unha Administración ao servizo da cidadanía. Os feitos, neste caso as tentativas de conseguir informes do Concello, demostran a falacia das aspiracións do Valedor do Pobo.
Última hora: o novo Valedor do Pobo, Benigno López, apostou onte por impulsar este órgano derivando algunhas reclamacións que tramite á Fiscalía, no suposto que as institucións denunciadas incumpran reiteradamente as recomendacións dadas por este.
Nova páxina sobre a mina de andalucita 26.07.07
Reunión de Rede Litoral Vivo 25.07.07
O pasado día 21, aproveitando a oportunidade que representou
acudir á manifestación en contra da ampliación da
piscifactoría de Quilmas, na que se deron cita numerosos grupos
ecoloxistas e sociais de todo o territorio, se celebrou unha asemblea
da Rede Litoral Vivo, que non se reunía fisicamente dende a
manifestación “Galicia non se vende” o 6 de maio en
Compostela.
En esta asemblea se decidiu a ampliación da Rede a colectivos do
interior de Galicia, aínda que sen trocar polo momento a
denominación de Rede Litoral Vivo, acolléndose a unha
definición ampla de litoral e focalizando tamén
problemáticas candentes como pode ser a das canteiras do Courel
ou o conxunto da ampliación de Rede Natura agora mesmo en marcha.
Como actividade mais inmediata, aparte da atención aos sempre
urxentes e tristemente continuados ataques que está a sufrir o
territorio galego, e como estratexia para artellar unha loita
común contra eles e promover a información ao
cidadán, se pretende continuar co traballo de realización
dun mapa de puntos negros, xa non só do litoral, senón de
todo o territorio galego, contando cun programa informático
especialmente deseñado para ese cometido e unhas fichas que
sistematicen a información e fagan mais doado o traballo de
colaboradores/as.
A Rede Litoral Vivo tenta non ter só unha visión negativa
da situación ambiental, e recollerá tamén as
actuacións de verdadeira recuperación ambiental e defensa
exemplar do medio, cualificándoos como puntos verdes. É
doado aínda que non agradable predicir que van ser moito menos
numerosos que os negros.
Con respecto á ampliación en curso da Rede Natura 2000,
os grupos presentes en Quilmas acordaron solicitar a ampliación
ate incluír todo o territorio protexido nos espazos pertencentes
ao Rexistro Xeral de Espazos Naturais, creado en cumprimento do decreto
82/1989, de 11 de maio. Estes espazos veñen enumerados e
regulados nas normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento
Provincial, aprobadas definitivamente na Orde do 3 de abril de 1991, e
se atopan en vigor actualmente.
Segundo artigo 28 de estas Normas nestes espazos non se
autorizará a construción de ningunha clase de
edificación, permitíndose a explotación racional
dos recursos vinculados ao medio que non atente contra os valores
esenciais que se protexen. Levan por tanto dende o 1991 cun grao
de protección que os fai, na opinión dos grupos
integrantes da Rede Litoral Vivo, candidatos preferentes para formar
parte da ampliación da Rede Natura que se está a
preparar, e na que se agarda exista unha verdadeira
participación dos colectivos implicados na defensa ambiental.
Tamén como criterio para a devandita ampliación, os
grupos presentes en Quilmas, rexeitan a exclusión de
determinados espazos de valor ecolóxico pola presenza de
problemas puntuais; mais ben, incluír esas áreas debera
urxir á resolución de eses problemas e á
inversión, tan pouco habitual ate o momento, en
recuperación real dos valores ambientais dunha zona.
Estamos a asistir a unha explotación sistemática
dos recursos naturais, forestais, mineiros, de enerxía
eólica, hidroeléctrica, etc, que utilizan e en muitos
casos degradan o territorio, proporcionando beneficios particulares que
non son compartidos pola poboación en xeral.
Neste senso, tamén se decidiu realizar unha alegación
conxunta ante o plan sectorial de parques de acuicultura, en
exposición pública actualmente e animar á
presentación de recursos concretos para cada unha das
actuacións pretendidas neste plan. Solicitar unha
atención real ao sector da pesca e o marisqueo, que emprega a
mais de 20.000 persoas en toda Galicia e precisa dunha calidade
ambiental alta e advertir do perigo de privatización do litoral
que supón este plan e outros como o de portos deportivos (en
fase agora mesmo de comentarios iniciais na súa
tramitación ambiental estratéxica) que se plantexan como
unha ameaza brutal á nosa privilexiada costa.
Colectivos presentes en Quilmas:
o Salvemos Monteferro
o Greenpeace
o Luita verde
o SGHN
o Verdegaia
o Bouzas Móvete
o Foro Social de Cangas
Peche no Concello de Mugardos 23.07.07
Desde as once da mañá iniciouse un peche no Concello
de Mugardos, por mais de 30 veciños de Mehá (Mugardos)
pertencentes á Plataforma de Veciños O Cruceiro de
Mehá, cuxas vivendas son das mais próximas ás
instalacións que constrúe Reganosa.
Entregaron no Concello un comunicado, como veciñas e
veciños do Concello de Mugardos, solicitando o apoio da
Corporación para que lles sexan concedidas sendas entrevistas,
que desde o 12 de xullo pasado foron solicitadas, a Francisco Barroso
Palomino Director do Area de Industria e Energia da Coruña do
que depende autorizar ou non o acta definitiva de explotación a
Reganosa, así mesmo coa Dirección Xeral de
Protección Civil de Galicia, a cal promoveu indebidamente un
Plan de Urxencia Exterior que foi aprobado pola Xunta de Galicia o
pasado 19 de xullo.
Este peche prodúcese así mesmo cando desde o
Comité Cidadán de Urxencia para a Ría de Ferrol se
esta tamén á espera de resposta a un escrito, enviado
á Dirección Xeral de Proteción Civil en Madrid e
tamén á espera de resposta do Ministro de Industria aos
escritos que desde xuño de 2006 enviáronselle, o ultimo
entregado en man o pasado 11 de xullo de 2007 na súa visita a
Ferrol, solicitándolle que ordene ao Area de Industria e
Enerxía (que depende do mesmo) non sexa autorizada o acta
definitiva de explotación ou funcionamento, que Reganosa non ten
e que lle é obrigado solicitar, para o que está pendente
de resolver condicionados da súa autorización de
construción, relacionados coas distancias ás
poboacións e a saída de urxencia dos buques gaseros.
UHNA DECENA DE ASOCIACIÓNS ECOLOXISTAS MARCHAN CONTRA A MINA DE ANDALUCITA
Fotos de Miguel Ángel fernández
Ler en Diario de Ferrol
Máis información en El País
Impacto da piscifactoría de Quilmas 18.07.07
Un escrito dos compañeiors que se opoñen á instalacion da piscifactoría en Qilmas. Ler aquíSalvemos Corrubedo, O Courel, Galicia 17.07.07
Artigo de ALFREDO IGLESIAS DIÉGUEZ publicado en Galicia-Hoxe
A situación do territorio galego é catastrófica", así comezaba o manifesto lido no transcurso da manifestación que baixo o lema Galiza non se vende: Terra viva e vida digna para tod@s percorreu as rúas de Santiago de Compostela o pasado 6 de maio; "dende A Guarda a Ribadeo, dende O Courel á Terra Chá, un terremoto de especulación e depredación da terra e do mar está destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de vida"Seguir lendo
A Fiscalía denuncia as obras da Av. do Ferrol 15.07.07
En decembro do 2004 foi concedida unha licenza a Juan Sampedro para
construir na Av. do Ferrol un edificio de 18 vivendas. Posteriormente
este proxecto cambiou a titularidade en favor de Lagares
Álvarez, S.L. A empresa construtora foi Construeume, S.L. Estas
dúas empresas teñen a sospeitosa autoría de case
todas as obras que padecen algunha orde de paralización. Entre
elas, a de Caldagueiro, sobre a que existen igualmente dous
requerimentos da CPTOPT para paralizar as obras. Tamén
Construeume levantou varias vivendas unifamiliares en Nogueirosa,
declaradas ilegais pola mesma consellaría, así como o
edificio da antiga Casa de D. Pablo, igualmente paralizado despois de
múltiples denuncias de Fusquenlla.
A finais de 2004 comezou a levantaser na Av. do Ferrol un
edificio que triplicaba o volume de habitabilidade. Das 18 vivendas
concedidas, pasouse a 55. Para conseguir este prodixio de
ampliación a obra aumentou a súa profundidade, pasando
dos 15 m. que exixen as Normas Subsidiarias, aos 30 m. Como consecuencia foi
invadido chan que ía destinado a viais públicos.
Os arquitectos directores do proxecto foron Ana Isabel Piñeiro
Esperante, Ignacio Soto González e José Luis Rey
Boullón.
Os promotores presentaron un estudo de detalle que foi denunciado no concello en xaneiro do 2005.
Posteriormente se sucederon as denuncias que o colectivo Fusquenlla
presentou contra esta obra, dirixidas ao concello, á Xunta de
Galiza e ao Valedor do Pobo. Ningunha destas foi respostada por estas
institucións
Só en febreiro do 2006, algo máis dun ano dende o
primeiro escrito presentado, o Concello de Pontedeume optou por emitir
unha orde de paralización por non se axustar á licenza
concedida. Nunca se explicou o por que deste retraso en inspeccionar as
obras, pero era evidente o favor que se lle estaba a facer aos
promotores. En ningún momento se lles obrigou por parte do
Concello á reposición da legalidade, é dicir, a
demolición do construido ilegalmente.
Asemade a Fiscalía propón requerir ao Concello de
Pontedeume para que, a través do técnico municipal,
informe sobre a ocupación do chan destinado a vial por
parte do construtor, indicando a superficie ocupada. Tamén se
remite un oficio á Delegación Provincial da
Consellaría de Urbanismo para que informe ao Xulgado dos feitos
denunciados.
Por último, a Fiscalía do TSXG pide se remita á Fiscalía da
Coruña as presentes dilixencias así como ao Fiscal
Especialista en delincuencia sobre o Patrimonio Histórico e
delitos contra a ordenación do territorio
Bandeiras negras. Informe de ecoloxistas en acción. 14.07.07
No informe completo menciónase a Pontedeume. Consultar en formato pdf.
Máis información en 20 minutos
Dúas licenzas de vivendas en Nogueirosa anuladas polo xuíz 12.07.07
Xa son catro as licenzas anuladas
Recollemos do xornal La Opinión:
O
xuíz anulou as licenzas de obra de dúas vivendas
unifamiliares construídas na parroquia de Nogueirosa, no
municipio de Pontedeume, sobre chan rústico de
protección
costeira, polo que son xa catro os permisos municipais revogados pola
Xustiza na mesma zona e polos mesmos motivos.
A Consellería de Política Territorial recorreu
ante o
Xulgado do Contencioso Administrativo as autorizacións
municipais de oito chalés levantados nesta zona do Concello,
das
cales catro xa foron suspendidas e as outras catro aínda
están pendentes de resolución xudicial. Estas
casas
presentan unha situación legal similar á da
vivenda
denunciada pola Xunta, situada tamén en Nogueirosa, e por
cuxa
licencia o ex alcalde de Pontedeume, o socialista Belarmino Freire,
deberá responder ante o xuíz como imputado nun
delito de
prevaricación.
O departamento autonómico informou onte de que o Concello
decidiu apelar as sentenzas que deixan sen efecto as catro licenzas,
polo que o proceso aínda está aberto e pendente
do fallo
que emita o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
En canto ao edificio coñecido como de Caldagueiro,
construído na avenida Doutor Villanueva, a
Consellería de
Política Territorial solicitou ao Concello eumés
a
revisión da licenza municipal, ao que o anterior Goberno
local
respondeu abrindo un expediente de reposición da legalidade.
O mesmo sucede co número un da mesma avenida,
coñecido
como Casa de don Pablo. Á pregunta de quen
debería dar o
seguinte paso, se Concello ou Xunta, se a empresa construtora obvia o
expediente de reposición da legalidade, Política
Territorial responde que abriu "as dilixencias oportunas".
"É
chan urbano e requirimos ao Concello que revisase as
autorizacións municipais", afirman desde o departamento
autonómico.
A pesar dos requirimentos da Xunta e das ordes de
paralización
das obras emitidas polo anterior Goberno local, presidido polo
socialista Belarmino Freire, as obras en Caldagueiro e na Casa de don
Pablo continuaron. De feito, a oposición preguntou en
reiteradas
ocasións no pleno pola situación de ambas as
construcións e advertiu de que en Caldagueiro
residían
varias familias a pesar de que o edificio carecía de licenza
de
primeira ocupación. O edificio de Caldagueiro consta,
ademais,
de dúas fases, polo que se abriron dous expedientes de
reposición da legalidade, segundo informou onte
Política
Territorial.
Centroña e
Boebre
O
colectivo eumés Fusquenlla solicitou á
Consellería
de Política Territorial que actúe da mesma forma
que fixo
en Nogueirosa e que informe ao xuíz da situación
legal
das oito vivendas unifamiliares construídas nas parroquias
de
Centroña e Boebre a pesar do informe desfavorable emitido
pola
secretaria municipal.
A comisión municipal de Urbanismo decidiu outorgar as
licenzas
de obra das oito edificacións e obviar así o
informe
xurídico asinado pola secretaria en decembro de 2001, que
conclúe que non procede outorgar as autorizacións
por
tratarse de chan rústico, segundo a Lei do Só, no
que tan
só se permite a construción de vivendas a
condición de que estean vinculadas a explotacións
agropecuarias.
As confrarías denuncian ante a Fiscalía de Medio Ambiente as verteduras nas rías galegas.
O caso máis sanguento é o de Pontedeume
Lido na Voz de GaliciaRomper esa dinámica é o que levou ás confrarías galegas a presentar unha denuncia ante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) para que, dunha vez por todas, investíguese que ocorre «na zona dúas Moteis, en Pontedeume, na ría dá Pasaxe, na Coruña, nos bancos de Corcubión, na ponche dás Pías...» e en todos aqueles puntos onde as verteduras contaminantes están ameazando a produción marisqueira e, xa que logo, a economía de centos de persoas.
A denuncia ante o fiscal especial de protección do medio ambiente foi acompañada dun estudo da contaminación encargado pola propia federación galega e que os depósitos pretenden que sirva de base para que o ministerio público «comence a identificar vos focos de verteduras, investigue e determine responsabilidades». E ao fiscal non lle faltará por onde empezar. Pode elixir calquera dos 10 puntos da costa galega que os denunciantes marcaron en vermello.
Hai varios bancos ameazados polas augas residuais, aínda que son poucos mariscadores. E un dos casos máis sanguentos, tanto polo número de afectados como porque as características da ría non facilitan o seu saneamento, é Pontedeume. Hai 140.000 metros cuatrados de parques ameazados nos Moteis polas augas fecais.
CONSULTORA GALEGA 07.07.07
Esta
é a empresa que elaborou o PXOM de Pontedeume. Un
planeamento
que foi rexeitado pola Xunta de Galiza a causa dos innumerabeis
despropósitos que contiña na súa
redacción.
Á abundancia de erros impropios dunha empresa que se xacta
de
ser punteira no seu campo, únese o que posiblemente sexa o
maior
desacerto: o aumento esaxerado do chan urbanizábel. Este
incremento, que permitiría construir máis de 3000
vivendas nos vindeiros 8 anos, só beneficiaría
aos
promotores inmobiliarios, ou o que é o mesmo, aos axentes
urbanizadores. Unha figura censurada pola propia Unión
Europea
que permite a expropiación para beneficio do promotor.
Pero esta peculiaridade do plan feito para Pontedeume non foi algo
fortuito. Encaixa dentro da dinámica do libre mercado que
ante
todo se propón conseguir os maiores beneficios no
máis
breve tempo posíbel. Consultora Galega é unha
empresa e
como tal ten múltiples conexións con outras
relacionadas
co mundo inmobiliario. Un cartel empresarial que necesita do poder
político para estender os seus negocios do xeito
máis
eficaz. E como colofón, o nulo interese da empresa polo fin
público para o que foi contratada.
Véndese esta firma como a que confeccionou o
plano
de Allariz. Pero tamén os de Pontevedra e Vigo. En Vigo , ao
igual que en Pontevedra, pretendíase levantar torres de 20
alturas á beira do mar. Unha pretensión que
chocou coa
política da Xunta. Algo semellante sucedeu co concello de
Pontevedra. O seu alcalde, o nacionalista Fernández Lores,
estivo a piques de romper a relación con Consultora Galega
por
entender que esta empresa tiña un afán
desmesurado por
favorecer intereses alleos ao concello. En Vigo, os 95
núcleos
rurais, co novo plano pasaron a ser só 11. A
práctica
totalidade da zona rural era recalificábel como urbana.
Non parece pois que os concellos sexan os beneficiarios dos proxectos
polos que empresas como Consultora Galega perciben fortes sumas de
diñeiro. Detrás da empresa redactora dos
planeamentos
atópanse persoas vencelladas a sectores inmobiliarios. Por
poñer algún exemplo, un dos colaboradores
permanentes de
Consultora Galega é o administrador dunha
consultoría en
Madrid. Tamén figuran colaboradores de Consultora Galega
como
ponentes de xornadas organizadas por APROIN (Asociación de
promotores inmobiliarios de Pontevedra).
Esta estreita relación entre equipos redactores de plans de urbanismo e firmas adicadas á promoción inmobilaria deixa aberta a posibilidade de filtrar información, unha posibilidade que fomentaría a especulación do chan sobre o que se executa un planeamento urbanístico.
Non ten nada de estraño que en Pontedeume se quixera aumentar esaxeradamente o chan urbanizábel. Como non o é que xa apareceran compradores de terreos aínda rústicos polos que se pagaron cifras millonarias.
Lembremos que tamén foi Consultora Galega a que
elaborou o
plan de sectorización que EINSA presentou ao Concello e polo
cal
se recalificarían os terreos que esta empresa
posúe en
Andrade.
Para afianzar máis a rede mercantil de Consultora Galega, un
dos
seus fundadores, Daniel Pino, foi nomeado Director o Instituto Galego
de Vivenda e Solo, un organismo dependente da concellaría
que
preside a nacionalista Teresa Táboas.
En suma, un plano de urbanismo feito á medida dos promotores
e
especuladores. Un plano que non atende ás necesidades de
Pontedeume. Un proxecto que prima ao sector empresarial en detrimento
do público. Este foi o traballo de Consultora Galega. Un
traballo que, pagado polo Concello de Pontedeume, non beneficia en nada
á súa cidadanía. Un intento de
convertir
Pontedeume nunha inmensa zona residencial na que
desaparecerían
os seus sinais de identidade.
Este descomunal proxecto foi rexeitado pola Xunta e agora os eumeses
estamos condenados a permanecer outros anos máis sen PXOM.
Unha
carencia inxustificada e uns gastos dilapidados.
Ecoloxistas organizan un roteiro contra a mina de andalucita 05.07.07
Ler en La OpiniónRoteiro por Pico Vello. Xacemento de andalucita 04.07.07
O día 15 de xullo organizamos un roteiro pola zona na que se ubicaría a mina, un lugar de incalculábel valor ecolóxico. Os que esteades dispostos a coñecelo, podedes poñervos en contacto connosco para participar nesta marcha.
Máis información aquí
Hoxe entra en vigor a nova lei do solo 01.07.07
Descargar en formato pdf..












