Augas fecais contaminan os bancos marisqueiros en Pontedeume (30-09-06)
Segundo a Consellaría de Pesca o banco marisqueiro de Pontedeume está contaminado pola aparición de augas fecais procedentes do alcantarillado que xestiona a empresa Aquagest. Por este motivo os mariscadores teñen prohibida a extracción de molusco no esteiro do río.
Non é nada novidoso dicir que o sistema de alcantarillado desta vila é obsoleto e deficiente. Calquera pode constatar a existencia de verquidos directos á ría (non se trata de filtracións como sostén a empresa concesionaria), algo inxustificado se temos en conta que en Pontedeume hai unha depuradora que debería recoller as augas residuais da poboación. Por certo, un servizo que todos pagamos xenerosamente.
A razón desta anomalía non é outra que o escaso interese que ten Aquagest en reparar o sistema de traida de augas e alcantarillado. Como toda empresa privada está máis atenta aos posibeis beneficios que ás obrigas que adquire cando se fai cargo do servizo. Como denunciamos noutras ocasións desde esta mesma páxina, as infraestruturas de Pontedeume, entre as que se atopa a rede de augas, alcantarillado e depuración, adoecen de multitude de defectos que ocasionan non poucos prexuizos aos habitantes do concello. Son repetidos os casos de corte no suministro de auga, ou cando esta aparece turbia polo efecto das chuvias, agravándose nos últimos tempos polo aumento das urbanizacións. Lembremos que no mes de xullo xa houbo unha protesta de veciños de Centroña e da Av. Dr Villanueva pola escasez de auga. A resposta de Aquagest foi queas infraestruturas quedaron obsoletas nos lugares nos que se incrementa a poboación en época estival. Para maior burla, o concello ameazaba con vixiar e penalizar aos fogares con maior consumo.
Pontedeume non pode asumir un aumento das urbanizacións porque as infraestruturas existentes, ademais de precarias, non poden absorver novos servizos. Non só se trata de auga, alcantarillado e verquidos, senón tamén de tráfico, aparcadoiros, zonas verdes, etc. Como xa dixemos noutra ocasión,os actuais medios dos que dispón o concello non abondan para dar unha calidade mínima á poboación actual. Non se trata de medrar por medrar; hai que paliar as innumerabeis deficiencias que existen na vila e nas comarcas. Queremos un entorno habitábel e cómodo para a vida diaria, un estilo de vida que escollimos en oposición á das grandes urbes.
Ver información sobre a depuradora no foro de FUSQUENLLA
O PSdeG concede dous días máis para que Modesta dimita (30-09-06)
Ler en La OpiniónModesta Anca non dimitirá ainda que o seu partido decida expulsala (27-09-06)
Ler en La OpiniónBelarmino Freire apoia a Modesta Anca e censura ao PSOE por pedir o seu cese (27-09-06)
Ler en La Voz de GaliciaComunicado de prensa do BNG de Cabanas
Ler aquíUn caso inédito de transfuguismo político. Así poderíase titular esta crise que afecta aos concellos de Cabanas e Pontedeume. Os dous alcaldes non teñen reparos en desmarcarse dos seus partidos e actuar libremente, en representación de se mesmos ou de non se sabe que empresas construtoras. Haberá que cambiar o clixé e definir un novo sistema de representación no que teñan cabida non só os partidos políitcos senón tamén os grupos inmobiliarios. Todo un modelo de democracia.
O PSdeG-PSOE esixe a renuncia da alcaldesa de Cabanas (24-09-06)
Máis información en La Opinión
A situación en Cabanas garda certas similitudes coa de Pontedeume; será pola proximidade. Nesta vila temos problemas urbanísticos máis graves que os de Cabanas e ademais existen varias ordes deparalización, decretadas pola Xunta, de obras ilegais que non foron acatadas polos promotores nen polo concello. Seguro que de intervir o ministerio fiscal as penas para o alcalde de Pontedeume e os membros da comisión de goberno, sobre a cal está delegada a política urbanística, así como para o técnico Valiente, sobrepasarían á de Anca.
Onde xa non hai parecido é na actitude do BNG pois mentres o de Cabanas arremete contra o PSdeG, en Pontedeume fai causa común con este partido. Evidentemente Modesta Anca debería contar cos nacionalistas para gobernar e evitaría así as súas críticas. Porque xa se sabe, os mesmos delitos urbanísticos deixan de selo se quen os propicia ou consinte é o BNG.
Condenada a alcaldesa de Cabanas (22-09-06)
Un xulgado de Ferrol condenou a Modesta Anca, alcaldesa de Cabanas, a 8 anos de inhabilitación e 5400 euros de multa por un delito de prevaricación. Asemade condena ao arquitecto técnico José Juan Rivera a 9 anos e medio de inhabilitación e 10800 euros de multa.
O motivo da acusación foi a construción de 13 chalés en Cabanas en zona limítrofe coa vía férrea.O técnico municipal foi contratado aproveitando as vacacións da aparelladora titular. En 1992, mentres estaba ao servizo do concello, foi nomeado administrador dunha empresa da que formaba parte a súa dona e o arquitecto redactor do proxecto da urbanización denunciada.
Máis información en La Opinión
Tamén en la Voz de Galicia
O concello recorre a anulación de dúas licenzas de obra en Nogueirosa (22-09-06)
O xornal La Opinión
informa hoxe que o concello de Pontedeume decidíu recorrer a
sentenza que declara nulas as licenzas de dúas vivendas ubicadas
en Nogueirosa. Estas vivendas,xunto a outras máis, foron
construidas co permiso do concello a sabiendas de que entraban
dentro da zona de protección costeira, incurrindo polo tanto
nunha manifesta ilegalidade. Lembremos que os informes do
técnico municipal se amosaban favorabeis ao permiso para "obras de construción de vivenda unifamiliar a emprazar en solo de protección costeira"
Resulta paradoxal que sexa o concello quen promova un recurso destas características cando deberían facelo os propietarios das vivendas. A menos que se entenda como unha forma de purgar os sentimentos de culpa polos danos causados.
O razoamento seguido polo alcalde, Belarmino Freire, e o concelleiro, Manuel Rei (onde se atopa o de urbanismo?), segundo o cal as vivendas non estaban destinadas á especulación, restándolle así gravidade á súa concesión, resulta cando menos unha apoloxía do delito urbanístico. Debemos entender que se pode construir en zonas protexidas se a vivenda é para uso familiar?
Nin sequera é certo que non fosen para especular pois algunhas delas foron vendidas unha vez rematadas as obras. Sen esquecer que dúas destas vivendas pertencen a un coñecido construtor que acapara a autoría de diversas obras sobre as que pesan ordes de paralización.
Unha vez máis insistimos que o deber do concello é acatar a lei e evitar en incurrir repetidamente nos mesmos erros. Non pode aceptarse que despois de declarar a Xunta a ilegalidade de certas edificacións, o concello teime en ampliar os permisos para seguir construindo, nun claro exercicio de prevaricación e prepotencia.
Buscan restos arqueolóxicos na Praza de España de Pontedeume (21-09-06)
Nada máis comezar as obras do que será un novo
edificio de vivendas que Lagares S.L. vai construir na Praza de
España, foi precisa a intervención dunha
arqueóloga da Xunta de Galiza para garantir que non se leven a
cabo destrucións do patrimonio histórico. No lugar das
excavacións atopábase o antigo arco de Maldonado que daba
entrada á vila de Pontedeume. Cabe a posibilidade de que existan
restos dos alicerces deste arco ou da muralla que rodeaba a vila.![]()
De momento só apareceu unha antiga adega do edificio que se ubicaba nesta praza pero non se pode desbotar a aparición doutros restos máis antigos. Hai que lembrar que cando se colocaron os contenedores soterrados nesta praza, xa apareceron outros restos que posteriormente foron menosprezados polos técnicos encargados da súa avaliación.
Atopan amianto no Couceiro Freixomil (16-09-06)
Segundo publica hoxe o xornal La Opinión a empresa encargada da demolición do colexio público Couceiro Freixomil atopou amianto nos cascallos da obra. Foi precisa a contratación dunha segunda empresa para proceder ao retiro deste material altamente tóxico. Os responsabeis do concello ignoraban este feito.
O amianto (asbesto) é un produto altamente perigoso que se utilizou fundamentalmente na construción, ainda que hoxe está prohibido o seu uso. Foron innumerabeis os traballadores da antiga Bazán en Ferrol afectados pola asbestose ou fibrose pulmonar, provocando a morte dalgúns deles.
Ademais da asbestose tamén pode provocar cáncer de pulmón e diversos procesos neoplásicos. A asbetose é unha enfermidade crónica, grave, e progresiva dos pulmóns que puede agravarse co paso do tempo. Os síntomas poden aparecer moitos anos despois de producirse o contacto con este material.
Como é sabido, aos alumnos do Couceiro Freixomil se lles seguirá impartindo as clases nun módulo que formaba parte do colexio derruido, construido ao igual que este cos mesmos materiais. Non é tolerábel que os nenos e nenas deste colexio se vexan expostos a sufrir graves enfermidades pola neglixencia dos responsabeis educativos. Faise precisa a demolición total do colexio e o traslado dos alumnos a outras dependencias en tanto non se proceda á construción dun novo recinto.
A Xunta intervén nas vivendas levantadas en zona de proteción costeira (10-09-06)
No mes de marzo, o colectivo FUSQUENLLA denunciaba ante a CPTOPV ao concello de Pontedeume por non adoptar as medidas necesarias para garantir a total interrupción das obras ilegais e a nula protección da legalidade urbanística. Baseabamos estas afirmacións nos casos do edificio de Caldagueiro, no situado na Av. de Ferrol, no rañaceos levantado na antiga casa de D. Pablo e nas vivendas construidas en Nogueirosa en zona de protección costeira (Ver máis información aquí)
Agora a Xunta decide recorrer ante a Tribunal Contencioso Administrativo estas últimas licenzas outorgadas en Nogueirosa. Segundo informa o xornal La Opinión, o xuiz xa decidiu anular dúas licenzas que permitiron construir sendas vivendas en zona costeira.Ainda que é obvio que esta decisión da Xunta obedece á presión social exercida polo noso colectivo e por outros particulares, tamén é certo que só son tímidas accións destinadas a desmentir as acusacións de desidia que se fixeron á Xunta pola súa pasividade ante as escandalosas infraccións que se estaban a cometer en Pontedeume. Proba disto é a acusación por parte do ministerio fiscal pola licenza outorgada a un particular en Nogueirosa, unha medida a todas luces insuficiente á que agora se suma esta nova actuación da CPTOPV.
Desde aqui seguiremos insistindo na necesidade de repoñer a legalidade en todas as obras antres citadas.
Máis información en La Opinión
O cambio climático provocará a desaparición de 15 metros das nosas praias (10-09-06)
Segundo un informe do Ministerio do Medio Ambiente, de aquí a 2050 poden desaparecer 15 metros de praia no litoral español. O aumento da temperatura producido polo efeito invernadoiro non só se traduce no dexeo dos glaciares senón tamén nun aumento do volume da auga. E non esquezamos que unha das maiores causas do chamado efeito invernadoiro reside na industria contaminante orixinada pola excesiva construción. No período 1990-2000 o terreo edificábel aumentou un 25 % en España. O ano pasado, con 812.294 novas vivendas foi o de maior construción na historia, con máis vivendas construídas que Reino Unido, Francia e Alemaña xuntas, aínda que estes tres países suman cinco veces a poboación do noso país.Moitas das nosas praias desaparecerán e moitas das vivendas construidas á beira da costa terán o mesmo destino. As consecuencias económicas serán incalculabeis pois suporá a desaparición dun dos alicientes da nosa industria: o turismo.



