Un modelo a seguer (30-12-05)
Moi importante (29-12-05)
Estamos a levar unha campaña de denúncias de tres
edificios que incumpren a legalidade:
- -O de Caldagueiro
- -O de Correos
- -O da estrada da estación (2º fase de Caldagueiro)
As
denúncias presentamo-las ante o Concello e ante a Xunta
de
Galiza. Consideramos que é moi importante que estas
denúncias sexan masivas, por iso poñemos a vosa
disposición os modelos que só tedes que asinar e
enviar.
Cremos que ainda é posíbel atopar unha
solución a
este problema que nos ameaza , e a solución pasa por
comprometer-nos cantos máis mellor. Se conseguimos encher a
Conselleria de Política Territorial coas nosas cartas,
é
probábel que esta se involucre na busca dunha
solución.
Os documentos podedes descarga-los nesta ligazón
Manifesto de presentación (29-12-05)
O colectivo FUSQUENLLA está formado por un grupo de persoas de Pontedeume que, fartos de contemplar con resignación como esta vila, catalogada como património histórico-artístico, ia-se deteriorando por mor das aberracións urbanísticas que se estaban a levar a cabo afeando a paisaxe do noso entorno, deciden traballar na busca de solucións para atallar o grave problema urbanístico que ameaza converter Pontedeume nunha vila desprovista de personalidade na que xa non quede nada do sua história. A modo de apresentación elaborou-se o seguinte MANIFESTO