Archives for Abril, 2010

A Xunta elude responsabilidades no caso do aparcadoiro no IES Fraga do Eume


A Consellaría de Educación delega no consello escolar do instituto a a cesión do campo de deportes como aparcadoiro. A petición realizada polo Concello de Pontedeume a instancias de Ucoa será resolta polo órgano de representación da comunidade educativa.
O pasado verán foi a consellaría a que propiciou o uso como aparcadoiro dun recinto escolar e [...]

A reconversión dos campos de deporte en aparcadoiros


UCOA e Concello volven pedir o uso do campo de deportes do IES Fraga do Eume para aparcadoiro
Desdicíndose das promesas feitas o verán pasado, o goberno local e a asociación de comerciantes pretenden de novo convertir un recinto escolar en aparcadoiro público. Pero a diferencia do ano pasado, a intención é usalo indefinidamente e non [...]

A Fiscalía de Medio Ambiente denuncia a Endesa por danos causados no río Eume


A empresa ampárase nas leis de 1942 para secar un tramo de 3,4 quilómetros do río Eume

No escrito de denuncia, o fiscal alude a un escrito elaborado polo Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil e a unha denuncia interposta por “Ríos con vida”, así como a distintos informes da Xunta e a [...]

As Fragas do Eume perderon un 20 % de bosque nos últimos 50 anos


Carballos, castiñeiros, abeleiras ou alisos van camiño da extinción. Nos últimos 50 anos o bosque autóctono galego recortouse nun 20% perdéndose con el boa parte da biodiversidade que alberga. Un equipo de investigadores da Universidade Rei Juan Carlos I analizou minuciosamente o caso das Fragas do Eume, un dos bosques mellor conservados de toda a [...]

Concello e comerciantes enfróntanse polo ´parking´ do instituto Fragas do Eume


La Opinión
O Goberno local asegura que a proposta da Unión de Comerciantes e Autonómos de Pontedeume é habilitar a parcela de xogo do complexo escolar como zona de estacionamento.
O Concello e a Unión de Comerciantes e Autónomos de Pontedeume (UCOA) enfróntanse polo campo de fútbol do Instituto de Educación Secundaria Fragas do Eume. Mentres que [...]

O Superior esixe ao Concello que cumpra a súa orde de derrubar parte do edificio Atocha


O TSXG resalta que o Concello non fixo “nada efectivo” para cumprir coa demolición do inmoble, ordenada en 1991, e impón á Administración local as costas do proceso xudicial
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordena ao Concello de Pontedeume que derrube parte do edificio Atocha nunha sentenza na que insta á Administración local [...]

Catorce grupos ecoloxistas denuncian ante a Fiscalía a concesión dos permisos para a mina de andalucita


As entidades Adega, A.M.A.L. (Agrupaçon de Montanha Augas Limpas), Club Montaña Ferrol, Colectivo Ártabra XXI, DROSERA, Federación Ecoloxista Galega, Fusquenlla, G.N.Hábitat, Guerrilleiros das Fragas, Lapis Verdes, O Rabo do Galo, Saramaganta, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia presentan unha denuncia diante da Fiscalía por atopar irregularidades no proceso de tramitación da solicitude de concesións [...]

Grupos ecoloxistas esixirán á Fiscalía a paralización da mina de andalucita


A plataforma, que rexeita esta explotación porque asegura que danará As Fragas do Eume e o río Belelle, denuncia que a solicitude de Picobello está desestimada por “silencio administrativo”
As dez asociacións ecoloxistas que integran a plataforma contra a mina que a empresa Picobello Andalucita SL promove na parroquia de Goente, nas Pontes, presentarán unha denuncia [...]

Unha mina de críticas


La Opinión
Unhas 7.000 persoas integran un grupo de Facebook que rexeita a mina de andalucita das Pontes polos graves danos que ocasionaría ao parque natural As Fragas do Eume. Non son só os ecoloxistas os que denuncian os graves danos que a mina de andalucita promovida pola empresa Picobello Andalucita SL [...]

Marcha entre a central térmica de Meirama e a incineradora de SOGAMA para celebrar o Día da Terra


24 de abril, 17:00. Comezo na central térmica de Meirama e remate na incineradora de SOGAMA
Diversas organizacións cidadás convocan para o sábado 24 de abril unha “Andaina polo Clima” en Cerceda (A Coruña) baixo o lema “O clima non está á venda”.