Archives for Xuño, 2010

O Concello decide sacrificar árbores


O Concello de Pontedeume, unha vez máis receptivo ás demandas do sector hostaleiro, decidíu habilitar prazas de aparcadoiro a calquer prezo. A chamada feira medieval exixía favorecer a entrada de visitantes para deleitarse cun evento cuxa finalidade non é outra que a puramente comercial, nunca cultural.

Pontedeume denega licenza para sete chalés en Campolongo tras unha sentenza


A Xunta de Goberno Local rexeitou o permiso para as vivendas en 2006 por tratarse de terreo rústico e agora volve facelo tras indicarlle o xuíz que debe considerarse chan de núcleo rural
O Concello de Pontedeume denegou por segunda vez a licenza a unha promotora para construír sete chalés en Fonte Melendre, na parroquia de [...]

Competencia entre metrosideros


Esta especie de árbore, orixinaria de Nova Zelandia, conta con dous únicos exemplares incluídos no ‘Catálogo de árbores senlleiras’. Un deles atópase en Pontedeume

O día da morte de José Saramago


Hai tres anos, con motivo da crecente ameaza que a construcción desenfrenada e a especulación estaban a causar na illa de Fuerteventura, o escritor José Saramago, cuxa perda hoxe lamentamos tanto, escribía un manifesto cargado de razón e indignación. Sirva coma homenaxe a reproducción nestas páxinas do texto do autor a quen botaremos [...]

As Fragas investiga a proba de ralli que se celebrou no parque sen o seu permiso


A dirección do Parque Natural das Fragas do Eume investiga os feitos sucedidos o pasado domingo na paraxe natural que, segundo denuncian as asociacións Sociedade Galega de Historia e Verdegaia, foi utilizado para facer probas cun coche de ralli.

A venda de vivenda nova cae un 60% en Pontedeume no primeiro trimestre do ano


A venda de vivenda nova descendeu un 60% en Pontedeume no primeiro trimestre deste ano en relación ao mesmo período de 2009. Se durante os tres primeiros meses do pasado ano adquiríronse na vila dos Andrade vinte inmobles, a cifra reduciuse a oito este ano, segundo datos publicados polo Ministerio de Vivenda.

Rallies nas Fragas do Eume


As asociacións Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia denuncian que durante a tarde do domingo 13 de xuño o Parque Natural das Fragas do Eume foi utilizado para facer probas cun coche de rallies contando co permiso do Concello da Capela e sen ter informado nin solicitado autorización á dirección do Parque Natural.

Fomento, un ministerio reincidente


Por segunda vez o Ministerio de Fomento actúa á marxe da legalidade ao construír as rotondas sen contar cos permisos de Patrimonio
Hai dous anos o ministerio iniciou as obras de construción de dúas rotondas, con pasos subterráneos incluídos, á entrada do casco histórico da vila de Pontedeume. Como recolle a Lei de Patrimonio Cultural de [...]

Ciberacción contra a mina de andalucita en Pico Vello


Diferentes colectivos galegos, co respaldo da asociación alemana Rettet den Regenwald (www.salvalaselva.org), iniciaron unha nova acción de protesta o luns 7 de xuño para esixir a paralización do proxecto da mina de andalucita no lugar de Pico Vello (As Pontes de García Rodríguez). Baixo o lema: SOS para os montes galegos: Non á mina en [...]

Só o Concello é responsábel do atraso na tramitación do PXOM


Lamentablemente temos que denunciar de novo a falta de interese da administración local para dotar a Pontedeume do necesario Plan Xeral de Ordenación Municipal. As razóns dadas polo alcalde para xustificar a demora na aprobación definitiva do PXOM carecen de credibilidade e fan crecer as sospeitas de que existe unha intencionalidade manifesta para non [...]