Archives for Xullo, 2010
O POL permite a Pontedeume legalizar decenas de vivendas ilegais
O Plan de Ordenación do Litoral, aprobado inicialmente hai dous días polo goberno galego, ten unha incidencia notábel no concello de Pontedeume. É o noso concello un dos que liberan para a construción unha maior superficie, antes sometida a restriccions pola moratoria da lei que impedía construír a menos de 500 metros.
O Tribunal Supremo anula as expropiacións da urbanización de Fadesa en Miño
Acatar o fallo xudicial levaría a reversión dos terreos expropiados aos seus antigos propietarios, pero a urbanización está case executada e o habitual é que se fixe unha indemnización.
O resentimento de Touriño
O ex-presidente Emilio Pérez Touriño acaba de intervir no Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que se celebra en Pontedeume. E fíxoo da forma máis desafortunada posíbel: arrementendo contra Galiza Non Se Vende. Segundo o político xa retirado a rede GNSV xera inmobilismo, é dicir resistencia ao cambio, por non comprender a [...]
Propietarios de Ber privatizan o solo público
Nestes días estase a falar da falta de espazos para aparcar nas inmediacións da praia de Ber. A nefasta actuación da Administración no relativo ao acondicionamento do espazo público resultante da demolición do hotel e cafetaría do lugar provocou unha avalancha de queixas de usuarios da praia e veciños de Boebre.
Greenpeace esixe á Xunta que retire o proxecto da mina de andalucita
Participantes nun campamento xuvenil posto en marcha por esta organización encabezaron unha protesta no casco histórico de Pontedeume, que foi secundada por Fusquenlla e Verdegaia
Greenpeace reclamou ao Goberno autonómico que abandone o proxecto da mina de andalucita promovida pola empresa Picobello Andalucita SL, no Concello das Pontes, concretamente nas inmediacións das Fragas [...]
As análises desminten á Xunta
Segundo asegura a Xunta de Galiza os vertidos ao río Eume non son problemáticos sen ter en conta que estes son facilmente cuantificables. Acepta o goberno galego que o maior problema o representa a central térmica de Endesa pero para menosprezar a súa importancia alega que conta cos permisos administrativos necesarios.
Destrución a toda costa 2010
Greenpeace acaba de facer público o informe anual sobre a calamitosa situación da costa española en xeral e da galega en particular
Recollemos algúns dos resultados que a organización ecoloxista obtivo como resultado dunha exhaustiva análise dos máis de 8000 km. de litoral español. Recoñecendo que Galiza ten un litoral privilexiado admítese que non se [...]
LaOpinión: “As obras das rotondas da N-651 están paralizadas desde hai quince días”
Concello explica que foi a Dirección Xeral de Patrimonio a que detivo a construción das glorietas mentres que a Consellería de Cultura asegura que non emitiu dita orde
O Goberno local de Pontedeume explica que as obras das rotondas que constrúe o Ministerio de Fomento na N-651 ao seu paso polo municipio están paralizadas desde [...]
Paralizadas as obras das rotondas por mor da denuncia de Fusquenlla
Por segunda vez Patrimonio paraliza as rotondas que Fomento está a construír á entrada do casco histórico
Nada máis comezar as obras das rotondas Fusquenlla se interesou ante a Dirección Xeral de Patrimonio polo proxecto do Ministerio de Fomento. Incomprensiblemente este ministerio estaba a executar uns traballos para os que non contaba cos permisos necesarios de [...]
Os nenos do campamento de Greenpeace en Pontedeume denuncian a contaminación do río Eume
Realizan diferentes actividades para mostrar á poboación os problemas ambientais da zona
Os nenos e nenas participantes no campamento de Greenpeace recolleron mostras da calidade das augas do río Eume en diferentes puntos para mostrarllas aos veciños da zona, e pedir ás autoridades soluciones, para o que tamén recollerán firmas que entregarán ao alcalde nunha entrevista [...]
Find It Quickly
Find what you're looking for quickly by using our keyword search. Can't find it? Try our links below.


