Cemiterios sostibles
En 1915 o proxecto “Tallum” (piñeiro) dos arquitectos suecos Erik Gunnar Asplund e Sigurd Lewerentz foi seleccionado entre varias propostas para a construcción dun gran cemiterio ao sur de Estocolmo. É o Skogskyrkogården ou Cemiterio do Bosque, que en 1994 foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. Enclavado nunha gran área boscosa, o recinto acolle unhas 50 000 tumbas que se integran harmónicamente coa vexetación e os edificios funerarios. Os camiños serpentean sobre os outeiros e polas veredas que percorren a espesura asoman de forma inesperada lápidas e pequenas capelas funerarias.
Varias foron as fontes de inspiración deste camposanto, desde o xardín inglés ata a pintura romántica, e non faltan evocacións á arquitectura clásica e, sobre todo, á paisaxe nórdica.
Os arquitectos propúñanse recrear un espazo onde, fronte á necrópole tradicional, separada do mundo dos vivos e centrada na morte e os seus símbolos, poideran convivir de xeito non traumático vivos e mortos. Efectivamente, o Cemiterio do Bosque é un lugar de paseo habitual e, como declara un visitante ocasional, non resulta profanador en absoluto vir a este cemiterio a xogar ou a facer o amor.
A idea non é está moi lonxe do horizonte espiritual dos galegos, coa ancestral veciñanza entre a parroquia dos vivos e a dos mortos. Pero os vellos camposantos, de fermosa arquitectura integrada na paisaxe, van sendo sustituídos pouco a pouco por frías necrópoles afastadas das vilas, de formas funcionais carentes de encanto, sen espacio apenas para a vexetación, e onde os mortos son hacinados en nichos co mesmo afán especulativo que nas vivendas-formigueiro das periferias urbanas.




Non cabe duda de que esto é unha visión distinta, pero que aquí sería difícil de implantar