Gasoduto ao servizo de quen?


As primeiras protestas dos veciños xa se deron a coñecer. O gasoduto que Gas Directo (Unión Fenosa+Cepsa) promove para abastecer ao concello de Pontedeume de gas natural atravesa varias parroquias e afecta a máis de 200 propiedades privadas. A forma de levar a cabo semellante construción en terreos privados non é a que cabería esperar da expropiación senón algo máis lesivo para os intereses dos propietarios. Ocúpase unha franxa de terreo de 10 metros de ancho na que non se pode edificar, prohibíndose tamén a plantación de arbustos e árbores nunha franxa de 4 metros. Os terreos seguen sendo propiedade dos veciños pero de feito o seu uso está restrinxido pola compañía gasística.

Ningunha compensación a cambio para os que son privados das súas pertenzas e moitos beneficios para as empresas suministradoras. Unhas empresas que parece non estar afectadas pola crise económica e que se benefician dun sistema que as protexe por riba dos intereses colectivos da cidadanía. A iso hai que engadir a salvaxe destrución dun territorio que supón en demasiados casos unha fonte de riqueza para moitas familias. Pero as empresas non están para atender as consecuencias do impacto que os seus proxectos ocasionan. Buscan a maior rentabilidade co menor custo e para iso ocontan co apoio dos poderes políticos, sempre  serviles coas grandes multinacionais.

Veciños opóñense a que o gasoduto cruce a súa parroquia e non lles abasteza (La Opinión)

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Aplicación tardía dunha sentenza
O gasoduto proxectado en Pontedeume afecta a 232 leiras

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Semella que no fondo o poder actúa como na idade media, con máis sutileza ás veces pero outras nin eso ¿Son os políticos monicreques das oligarquía económica e financieira? para min a resposta é que si
http://feneconcello.blogspot.com

¿tamén pertence a os amigos dos políticos monicreques das oligarías económmicas e financieiras os sres de fusquenlla que teñen casas en chan protexido?. Estanse a correr moitas faladurias pola vila dalgúns dos da asociación. Parece que a limpeza ten que chegar a moitos sitios.