Aplicación tardía dunha sentenza
No ano 1999 o Concello concedeu licenza para construír unha vivenda en zona de protección costeira, en Freixeiro-Nogueirosa. Seis anos despois o Xulgado do Contencioso Administrativo anulou dita licenza por considerar que ao estar en chan rústico de protección costeira a concesión carecía de validez. Ademais ordenaba ao Concello derrubar a edificacion existente.
Segundo se informa nos medios, o alcalde xa iniciou os trámites para executar a sentencia e encargou aos técnicos municipais un informe sobre a situación actual da obra como paso previo para demoler o construído.
Non é esta aúnica construción cuxa licenza foi anulada polos tribunais. Outras oito casas da parroquia de Nogueirosa tamén teñen pendentes cadansúa sentenza de demolición. Todas as licenzas foron outorgadas polo goberno de Belarmino Freire o que lle ocasionou que todos os membros do equipo de goberno foran acusados pola fiscalía como responsabeis das concesións outorgadas. Agora o Concello enfróntase á pesada tarefa de asumir uns gastos que repercutirán nas arcas municipais. Todos os eumeses estamos a pagar cos nosos impostos a caótica xestión urbanística que o Concello levou durante os derradeiros anos. Demostrouse que as denuncias cidadáns e as sentenzas xudiciais son as únicas alternativas ao proceso de degradación que o ladrillo ocasiona a unha comunidade como a nosa. Os alcaldes, insensibles ao problema, actuaron como xestores dos intereses privados desoíndo as queixas dos que alertaban do deterioramento do hábitat. A día de hoxe a receptividade do Concello ás denuncias urbanísticas deixan moito que desexar. Dende o noso colectivo seguimos traballando para que as infraccións que se están a cometer tanto no casco urbano como no rural teñan unha resposta que non acaba de chegar. Pasarán varios anos para que esta chegue en forma de sentenza xudicial?



A maldade ten nome propio, Fusquenlla. Un de vostedes tamen ten unha casa en chan protexido, quizáis vaiamos outros a pedir o seu derrubo. Non importa canto tempo leve feita y si ten ou non licenza, vaia consultando a un avogado, quizais comencen recibir da sua propia mediciña. Xusticia para todos. os que mais falan son os que mais teñen que calar.