Cabanas pide axuda á Xunta para pagar a derriba do Penso


O Concello de Cabanas solicitou axuda á Xunta para executar a sentenza que lle obriga a derrubar parte do edificio Elpidio, máis coñecido como O Penso, debido á “incapacidade” do Concello de facer fronte aos máis de tres millóns de euros nos que foi orzada a demolición, xunto coas indemnizacións aos inquilinos do inmoble -o orzamento do Concello para o presente exercicio é de 2,6 millóns de euros-.
O Goberno local, que preside Germán Castrillón (PP), considera inxusto que teñan que ser os veciños “os que deban pagar polas irregularidades cometidas por anteriores gobernantes”. O equipo de goberno, integrado polo Partido Popular e a Agrupación de Electores de Cabanas (AEC), sostén que o fallo xudicial que obriga a tirar parte do Penso é “un dos problemas máis graves aos que ten que facer fronte o Concello” e unha “herdanza da mala xestión do PSOE que durante o mandato en coalición co BNG non se soubo xestionar”.
“O Concello acumulou sentenzas contrarias que só serviron para ir reducindo o campo de actuación e que levan á necesidade de proceder de forma inminente á derriba”. O Executivo municipal mantén a súa postura en contra de rebaixar o Imposto de Bens Inmobles (IBI) -que este ano subiu do 0,40% ao 0,55%- e asegura que se ve “obrigado” a manter o incremento deste gravame “á espera dunha resposta oficial por parte da Xunta”.
Castrillón asegura que no caso de que recibise axuda do Goberno autónomo revisaría a contribución “para baixala”, como demanda a oposición. “En caso contrario, sería unha irresponsabilidade facelo, tendo en conta as débedas que ten pendentes o Concello pola herdanza de anteriores gobernos”, destaca o rexedor.
O Concello de Cabanas recorreu o auto no que Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenáballe iniciar, antes do 15 pasado de setembro, a derriba da segunda fase do edificio O Penso e presentou ante este órgano unha proposta razoada de execución na que solicitaba afrontar os gastos da demolición e as indemnizacións aos afectados no período 2009-20015.
Segundo as normas subsidiarias de Cabanas, no lugar no que se levanta o edificio O Penso tan só podíase construír unha planta baixa, dúas altas e bajocubierta. Con todo, o terreo presenta un desnivel e a promotora levantou cinco plantas máis bajocubierta. La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Alternativas que merecen estudarse
Comeza a derriba da ampliación do Sarga

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!