Alternativas que merecen estudarse
Dende países do norte de Europa chéganos iniciativas que poden supoñer un freo ao problema da especulación inmobiliaria. Sabido é que o “boom” do ladrillo foi debido ao interese manifesto en investir en vivendas que pronto se revalorarían. Non había unha necesidade clara de construír en España tantos pisos como os construídos en Francia, Alemaña e Italia conxuntamente.
A medida, que xa está moi extendida en países como Dinamarca, Alemaña, Suecia e Holanda (neste país case a terceira parte da vivenda facilítase por esta vía), vaise poñer en práctica en Catalunya por mor da iniciativa dunha ONG chamada Sostre Cívic. SostreCívic é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como obxectivo ofrecer propostas e solucións aplicables á nosa sociedade para facela máis xusta e respectuosa coas persoas e a contorna a través de valores aplicados a un urbanismo e un acceso á vivenda non especulativos.
Trátase dun un sistema segundo o cal a propiedade dos pisos sempre permanece en mans dunha cooperativa, na que os seus membros participan e pola que gozan dun dereito de uso indefinido da residencia, a través dun aluguer brando, explica Raül Robert, vogal da ONG. Vén ser como un aluguer infinito no tempo. Non se pode vender a vivenda, xa que logo tampouco especular con ela. Os cooperativistas poden gozar da súa residencia para sempre e transmitila en herdanza, pagando unha entrada inicial e unha achega mensual aasequible, entre 350 e 400 euros, cunha entrada inicial doutros 3.000. Os concellos participan cedendo o chan ás cooperativas para construír as vivendas de tal xeito que aqueles permanecen sempre como propietarios dos terreos. As primeiras vivendas vanse levantar en Cerdanyola e en Argentona.



porque non se van vostedes vivir a rusia