O Ministerio de Medio Ambiente tirará hoxe o hotel da praia de Ber


O Ministerio de Medio Ambiente iniciará hoxe, a través da Dirección Xeral da Sustentabilidade da Costa e do Mar, a última fase da demolición do hotel da praia de Ber, en Pontedeume, unha actuación que suporá a incorporación ao dominio público marítimo terrestre de 3.730 metros cadrados de superficie.
Os traballos para a derriba do inmoble, situado en primeira liña de praia, comezaron o pasado mes de novembro. Nunha primeira fase, o departamento estatal desmantelou o interior do hotel Mar Muíño e separou os residuos xerados, clasificando madeiras, tabiquería, cerámica, residuos metálicos, escaiolas, vidro e aveños domésticos, entre outros. Hoxe está previsto que entren as máquinas encargadas de desmontar as catro plantas do edificio e de trasladar os materiais a un xestor autorizado. Segundo informou o Ministerio de Medio Ambiente, estes 3.730 metros cadrados, unidos aos recuperados pola demolición do restaurante Anduriña -situado á beira do hotel- supón rescatar máis de 7.000 metros cadrados de terreo, para uso público.
A derriba do Mar Muíño, actuación orzada en 3,3 millóns de euros, supuxo “unha das máis emblemáticas destas características realizadas nos últimos anos en Galicia”, segundo destacou onte o Ministerio de Medio Ambiente. As directrices da Dirección Xeral de Sustentabilidade para este enclave foi a adquisición destes inmobles e a súa posterior demolición.
O próximo ano, a Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar redactará un proxecto para ordenar este espazo de acordo cos parámetros establecidos na “instrución para o tratamento do bordo costeiro”. Con iso, aspira a mellorar o uso público, a accesibilidade ao areal e a ordenación dos estacionamentos, en concordancia cos parámetros de sustentabilidade do Ministerio. La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Renfe suprime a parada de Pontedeume no servizo Ferrol - Madrid
Alternativas que merecen estudarse

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!