Mensaxes electorais


No verán do ano pasado este colectivo denunciaba publicamente o proxecto de Fomento de construír dúas rotondas na estrada nacional 651 ao seu paso por Pontedeume, co obxectivo suposto de aliviar a situación xerada polo intenso tráfico automobilístico. Entre outra cousas afirmabamos: “Urxe buscar solucións a este despropósito que ameaza á identidade de Pontedeume e á seguridade dos seus veciños. Hoxe precísase dunha resposta social que procure a anulación deste proxecto, exixindo ao Concello a supresión dos pasos subterráneos e a consecución da única alternativa válida: a liberalización da peaxe da autoestrada. Fusquenlla poñerá todos os medios ao seu alcance para conseguir a maior contestación social, dialogando con todos os sectores sensibilizados con esta ameaza, procurando unha unidade de acción que consiga a cancelación do proxecto e a presentación de alternativas sensatas”.

Nos meses seguintes os nosos esforzos concretáronse na formación dunha plataforma veciñal que, agrupando a partidos e asociacións veciñais e culturais, intentase lograr unha alternativa máis racional e menos lesiva para os intereses da vila.

Ao mesmo tempo, proseguimos na loita contra os plans de Fomento ata conseguir a súa paralización, despóis de desvelar que a obra non contaba cos necesarios permisos da Dirección Xeral de Patrimonio, imperdoable esquecemento habida conta da especial condición da vila como conxunto histórico-artístico.

E anque xa deberiamos ter asumido a asombrosa capacidade dos partidos por esquecer os seus erros, lembrarnos constantemente os logros e arrogarse todas as iniciativas que máis conveñan aos seus intereses electorais, parécenos dunha incrible desfachatez o protagonismo que o BNG pretende atribuirse na mobilización veciñal a favor da liberalización da peaxe e contra os pasos subterráneos, tal e como aparece no último boletín desta formación: “Foi o BNG quen tivo a iniciativa este verán de reunir as entidades sociais de Pontedeume para procurarmos solucións aos xa crónicos atascos de tráfico na N-651 (…) O BNG considera que é o momento de levar esta reivindicación a toda a cidadanía, posto que a vía institucional está esgotada”.

O obxectivo da Plataforma, por enriba de calquer protagonismo, era conseguir unha solución axeitada aos problemas xerados polo tráfico, pero os intereses dos partidos móvense ás máis das veces en función dunha estratexia electoral que non sempre é coincidente coas preocupacións cidadás.  Semella que nesta carreira electoral que promete ser longa o triunfo exixe desfacerse de todo lastre, empezando pola verdade e a honestidade política.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Primeiro concerto da caravana Galiza Non Se Vende
20 aniversario da morte de Chico Mendes

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Os anos pasan mais os políticos adormecen. En Pontedeume xa parece unha epidemia esta do sono eterno. E que non se enteiran de que os veciños xa non confiamos neles, que vamos por diante do seu camiñar polas corredoiras cheas de oportunismo, cinismo, prepotencia e vulgaridade. Nas pasadas eleccións municipais algúns pensaron que era a hora de “limpar” o concello de mediocres; que os partidos políticos optarían por recompoñer as súas listas desbotando aqueles que xa estaban desprestixiados por labores de goberno ineficaz e corrupto. Non foi así. Unha oportunidade perdida para os que aínda pensamos que outra esquerda é posible.

Si ustedes representan al pueblo de pontedeume, lamento decirles que hacen un discurso propio de quinceañeros. Son un pueblo que se ha quedado en eso “un pueblo”. Mucha historia pero poca madurez. No distan ustedes mucho de los políticos que les representan. Los políticos de un pueblo están a la altura de quien les vota. A ustedes su altura se la da su alcalde, sin embargo nunca le nombran, es curioso.

Decidme URGBENTE donde hay que firmar PARA QUE HAGAN DE UNA PUÑETERA VEZ LAS DOS ROTONDAS Y LOS PASOS SUBTERRANEOS PARA PEATONES, porque:
1.- La unica identidad que va a perder Pontedeume es la de ser un TAPON INMOVILISTA.
2.- Van a ganar en seguridad tanto los vehículoscomo los peatones.
Bienvenidas sean esas rotondas a las que yo pondría un vigilante fotografo como el de Astano en Fene, y al vehículo que pase 40 km hora ¡Caña a quien lo conduzca!.
Olga

Decidme URGENTE donde hay que firmar PARA QUE HAGAN DE UNA PUÑETERA VEZ LAS DOS ROTONDAS Y LOS PASOS SUBTERRANEOS PARA PEATONES, porque:
1.- La unica identidad que va a perder Pontedeume es la de ser un TAPON INMOVILISTA.
2.- Van a ganar en seguridad tanto los vehículos como los peatones.
Bienvenidas sean esas rotondas a las que yo pondría un vigilante fotografo como el de Astano en Fene, y al vehículo que pase 40 km hora ¡Caña a quien lo conduzca!.
Olga

“Urxe buscar solucións a este despropósito que ameaza á identidade de Pontedeume e á seguridade dos seus veciños”.
Es que, de verdad, estas cosas es cierto que les atribuye poca seriedad. Estoy de acuerdo con que el que dice que parecen quinceañeros, su discurso es de patio de colegio.

A ver si me poden explicar porque os atascos en Fene se resolveron construindo unha autovia gratuita, porque os atascos na Carretera de Castilla en Naron se resolveron facendo unha via rápida paralela, porque en Miño se desviou o trafico fora da vila, o mesmo en Betanzos en sentido Coruña-Madrid, porque se está facendo a terceira ronda en Coruña, cando o mais sinxelo sería facer buracos baixo as vias existentes é enterrar o tráfico. Dende logo si que parecen as suas opinións dun patio de colexio. Por favor poñanse a pedir firmas para liberalizar o tramo de autopista que é unha vergoña ter que moverse en Galicia por unha sucesión de tramos de estrada limitados a 50 km/h.

Pues yo creo que lo de la rotonda y el paso subterráneo para peatones está bien pensado.
A ver si no, díganme cuantas soluciones de este tipo conocen y lo bien que funcionan.

Una vez parece ser que se dio el caso de un pueblo que decidió soterrar todas las calles peoniles, y ponerlas en superficie para tráfico rodado, eso sí, con límite de velocidad. El pueblo era norteño, o eso parece porque las encuestas posteriores a la remodelación ofrecían datos reveladores: el 80% de los habitantes estaban más contentos porque por debajo dejaban de oir el tráfico y se reducía en gran proporción los constipados originados por la lluvia sobre transeúntes irresponsables desarmados de paraguas, que en circunstancias normales se verían totalmente empapados.

Yo apuntaría más; en los hipotéticos pasos subterráneos se podría hacer una réplica a escala de lo que se vería si se andara al descubierto, es decir, a la intemperie, porque con este clima tan extremo no tiene sentido andar a la intemperie. Así, pintado el torreón sobre las paredes del paso, y pintados los árboles sobre los focos de iluminación artificial, el transeúnte, libre de contraer catarros por la lluvia y la helada, disfrutaría igual o más que discurriendo sobre la calle, porque bien es sabido que la pintura sobre las paredes requiere menos manutención que el granito medieval.

Estoy abierto a abrir el debate a todas estas opciones, ¿qué opina usted?

Ah! Ya se me olvidaba, lo que tiene la edad:

Si ancheamos un poquito la Galera, la cuesta de Porto, el Picho y la Tafona sería posible hacer una ronda “de Breamo”, llamémosla así, para tráfico ligeramente más acelerado, que desemboque sobre la Avenida de La Curuña, evitando así las dichosas zonas de 50 Km/h a las que está sometida la carretera general por culpa de los malditos peatones, que no hacen más que cruzarla.

Unicamente sería necesario erguir un quitamiedos de hormigón (si cuadra con pintura imitando a piedra para evitar el impacto visual) alrededor de la ronda, impidiendo que la gente se abalance sobre los automóviles en marcha.

Así no sería necesario la liberalización del peaje de la autopista, que podría perjudicar seriamente la economía de nuestra comarca, fundamentada sobretodo en los ingresos obtenidos por la actual concesionaria, de origen público y que tanto invirtió en su ejecución como en su mantenimiento mensual.