Primeiro concerto da caravana Galiza Non Se Vende
Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos en 7 cidades ou vilas galegas. O primeiro será o día 3 de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás 21:00.
O goberno “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.
A barbarie:
Destrucción da paisaxe, do patrimonio cultural e da biodiversidade, urbanismo caótico, infraestruturas de transporte irracionais, piscifactorías, campos de golf, portos deportivos, encoros, parques eólicos indiscriminados, paseos marítimos e fluviais de formigón, recheos e contaminación das rias, monocultivos de especies exóticas e invasoras, empresas contaminantes, canteiras e minas devastadoras nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…



deben ter ben poucos amigos para ter que xuntarse con estas xurradas para ter que facer algo o domingo. A galicia primeiro a oscureceu Franco e agora vides vos a rematarlle o traballo. E eu que tampouco teño moito que facer porque estou xubilado divirtome lendoos a vos e a outros gracias a internet, quen mo iba decir, aos 69 eu con internet. Un é o que parece e vos parece que queredes unha Galicia cerrada.