Hoxe na Biblioteca Municipal de Pontedeume proxección do documental “O salario do silencio”


Estarán presentes a actriz Mabel Rivera e o director Enrique Banet, realizadores do documental

cartaz.jpgEl Salario del Silencio é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade. O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian.

Recollemos a presentación que o xornal La Opinión fai do documental co motivo da exhibición no CGAI da Coruña. O salario do silencio é un documental, mais é un traballo militante e rebelde contra o futuro que se lle aveciña a Mugardos. Nesta cinta de 47 minutos falan testemuñas de todos os bandos políticos, persoas de diferentes ideoloxías que achegan os seus puntos de vista sobre a realidade da empresa Reganosa.
Mais O salario do silencio conta tamén coas declaracións de expertos, de técnicos e de afectados que, configuran, ben coas súas experiencias persoais ben coas súas sabedorías profesionais, un relato valente, que foxe do silenzo que se lle supoña, para tratar de facer entender, aos espectadores, a realidade da planta gasificadora na ría.
O documental acaba por se converter, logo dos 47 minutos, nun retrato dunha situación que ten un presente incerto e aínda por resolver.
Este proxecto, no que Enrique Banet ostenta os cargos de director, guionista e fotógrafo, foi rodado durante este ano nos conflictos que os habitantes de Ferrol e Mugardos tiveron contra a entrada de barcos como o Galicia Spirit, o que desencadeou as loitas vindeiras.

A proxección será hoxe xoves a partir das 20:00 h. na Biblioteca Municipal. Tanto Mabel Rivera como Enrique Banet serán os encargados de presentar o traballo realizado por eles mesmos. Tamén estarán presentes Miguel López (da Asoc. Veciñal Fontelonga), e Luz Marina Torrente (Presidenta da Plataf. de Veciños O Cruceiro de Mehá). A todos eles e elas agradecémoslles o seu compromiso social na defensa da ría, do hábitat e da xustiza social.

 

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Pescadores e técnicos en contra do recheo do porto
Casco vello, zona cero

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!