O axente urbanizador ameaza en Pontedeume
O pasado luns tivo lugar unha reunión do Alcalde de Pontedeume cos veciños de Andrade cuxas propiedades van ser recualificadas para beneficio dunha empresa privada. O motivo da reunión foi facer entender aos veciños as excelencias que lles podería reportar o proxecto de Einsa-Concello.
Este pretende recualificar terreos rústicos de protección especial para convertilos en solo industrial terciario. Esta transformación está prohibida expresamente pola lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galiza. A pesares diso o Goberno Local empéñase en sacar adiante un proxecto que só beneficia a Einsa e prexudica ao conxunto da sociedade. E non repara en usar todos os medios para conseguilo. Na reunión citada o alcalde demostrou unha vez máis erixirse en voceiro dos empresarios e criticar despectivamente aos que só defenden as súas posesións.
Propúxoselles aos veciños a súa inclusión nunha xunta de compensación como forma de participación na nova sociedade que rexería o polígono industrial. Do que non se lles informou foi dos excesivos gastos que os afectados terían que afrontar: gastos de urbanización; custo das obras de infraestructuras, servicios e mobiliario urbano; redes de subministracións, instalacións e infraestructuras; as indemnizacións procedentes polo cesamento de actividades; traslados; derrubamento de construccións; destrucción de plantacións, obras e instalacións que esixan a execución dos plans; gastos orixinados pola compensación e reparcelación; a canalización e instalación das redes de telecomunicacións, e un longo etcétera.
Pero o peor é que esta inclusión na xunta de compensación non é voluntaria para os afectados. A actual lei de ordenación urbanística contempla a posibilidade de que os seus terreos sexan expropiados á solicitude da citada xunta, da cal Einsa sería a principal cabeza. Un privilexio que a lei outorga ao coñecido popularmente como axente urbanizador. Unha figura custionada pola Unión Europea que o goberno español aínda non tivo a ben suprimir da actual lexislación. Sería a primeira vez que esta normativa se aplica en Pontedeume, sendo necesario recordar que Fadesa utilizouna para construír a bochornosa urbanización de Perbes.
E mentres tanto o PXOM segue “secuestrado” nas dependencias do Concello á espera de que os especuladores obteñan cuantiosas ganancias.



Sinceramente, puedo entender que se esté en contra de que se industrialicen estos terrenos y puedo entender, que determinados vecinos se opongan a la venta.
En lo que no estoy en absoluto de acuerdo con vosotros, es en que perjudique al conjunto de la sociedad.
Que Einsa siga instalada ahí, es beneficioso si o si para este pueblo, se ponga como se ponga Fusquenlla.
Muchas familias viven gracias a esta empresa y nadie podrá decir nunca que no ha sido un privilegio para un pueblo, el contar con una empresa de este volumen y características. Yo firmo ya, porque aparezcan en los próximos meses, diez como esta. Eso si sería realmente beneficioso para el conjunto de la sociedad.
Esto quizás, perjudique a algunas personas, que tendrán sus cauces legales para recurrir y solicitar justiprecio, pero desde luego, no al conjunto. Entendiendo su cabreo, si se toman medidas para que no se incluyan viviendas en las recalificaciones y sólo afecte a terrenos,¿dónde hay que firmar?.