La Opinión: ” O Concello esixe a Einsa un acordo cos propietarios dos terreos”
A sociedade pretende cambiar de rústico a industrial o uso de 124.270 metros cadrados de chan na parroquia de Andrade, dos cales case a quinta parte pertence a veciños
O Concello de Pontedeume asegura que esixiu a Einsa que chegue a un acordo cos propietarios dos terreos incluídos no proxecto de recualificación que promove a empresa na parroquia de Andrade.
O concelleiro eumés de Urbanismo, Eugenio Otero (PP), manifestou, en resposta a unha pregunta formulada no último pleno polo BNG, que os veciños “deben seguir negociando con Einsa”. “Nós non podemos acordar o prezo por eles”, destacou o edil.
O Concello convocou o pasado luns a todos os afectados pola modificación puntual das normas subsidiarias solicitada pola empresa de artes gráficas. Segundo informou o responsable municipal de Urbanismo, a conclusión, tras o encontro, é que os propietarios “deben negociar con Einsa”.
Eugenio Otero asegura que “en ningún momento” negouse información aos veciños, aos que ata se lles permitiu fotocopiar o proxecto, algo que non é normal e que se fixo dado o delicado do asunto”.
En canto ás alegacións ao documento, Otero asegurou que chegaron ao Concello, tras ser contestadas pola empresa que redacta o proxecto, unha semana antes do pleno celebrado en decembro, no que se acordou deixar o asunto sobre a mesa. “As reclamacións teñen que ser estimadas ou non polo pleno e non se debe informar antes sobre elas, pero á única persoa que veu ao Concello léronselle as súas”, indicou o concelleiro de Urbanismo.
Esa foi toda a información que deu o equipo de goberno sobre o plan promovido por Einsa para cambiar de rústico a industrial terciario o uso de 124.270 metros cadrados de superficie, dos que case a quinta parte pertencen a veciños de Andrade.
Para unha das afectadas polo proxecto, María Díaz, a reunión celebrada este luns foi “un lavado de imaxe”. “Pedímoslles que lesen as alegacións e negáronse ata que vaian a pleno; preguntámoslle que podemos facer para evitar a expropiación e proponnos entrar nunha xunta de compensación”, sinala. Para esta veciña de Andrade, a xunta de compensación non é unha fórmula válida. “Así agrupan a quen non quere vender, pero estas persoas ten que pagar os gastos de urbanización do polígono, que son moi importantes, e logo non poden dispor libremente dos seus terreos, xa que Einsa ten a maior parte deles”, destaca.
Díaz comenta, ademais, que a zona na que se situarían as parcelas que recibirían está próxima a un viario, pero ten unha pendente do 50%. “O seguinte paso é a expropiación ou o contencioso. Ao parecer teñen todos os permisos da Xunta e só resta a aprobación final. A miña nai ten máis de 90 anos e a ver quen lle explica que unha empresa privada pódelle quitar a terra pola que loitou”, engade.
Esta afectada non se opón a que Einsa recalifique os seus terreos, sobre os que se asenta e os que comprou, “pero non os dos veciños que non queren vender”. La Opinión



O concello o pasado lunes non convocou a todos os afectados na recalificacion de Einsa. Eugenio Otero, minte.