Pescadores e técnicos en contra do recheo do porto
Segundo publica o xornal La Opinión o biólogo da confradía e da Consellaría de Pesca, Valentín Riveiro, desminte as afirmacións do alcalde de Pontedeume nas que aseguraba que o impacto ambiental sobre o marisqueo sería nulo. “Produciríanse dános por colmatación e acumulación de sedimentos. Nas zonas ata ou de agora limpas acumularíanse algas e sedimentos, subiría ou nivel mareal en determinadas zonas e variaría a batimetría, cambiaría a profundidade do fondo”…”ou substrato dous bancos marisqueiros eumeses é moi bo. Ou 60% ten ou substrato ideal para a ameixa, con lodo, cascallo - restos de cunchas moídas-, areazo e pedras. Voltar ao estado inicial unha vez feita unha infraestrutura así é practicamente inviable” sinala Riveiro. Da mesma opinión é a patrona maior da confradía de pescadores.
Xa salientabamos dende esta páxina que o proxecto da alcaldía non era viábel nin beneficioso para Pontedeume. Á necesidade dun estudo de impacto ambiental, inexistente no proxecto do alcalde, hai que engadirlle a necesaria aceptación por parte dos sectores involucrados. Nin pescadores, nin forzas sociais foron consultados sobre a remodelación do porto. Tampouco podemos aprobar que aos problemas de tráfico se lles busque solucións a expensas do peirao, un espazo con outras finalidades. Esta afirmación é compartida polo responsábel de Portos de Galicia quen non admite unhas actuacións “cuxos efectos ambientais serían irreversibles”.
Por outra banda, o colectivo Fusquenlla solicitou ao Ente Público Portos de Galicia poder estudar o proxecto da remodelación do porto de Pontedeume que se está a levar a cabo. Este documento non está nas dependencias do Concello e os propios rexedores admiten descoñecer detalles deste proxecto. Si xa é grave que unha remodelacion que afecta á imaxe de Pontedeume sexa creada ás costas do Concello, máis o é que as obras realizadas non se axusten ao proxecto aprobado pola Consellaría de Política Territorial. O anuncio publicado no seu día por Portos de Galicia facía mención ao edificio de departamentos de usuarios. A parcela para o emprazamento da devantida construción localizase no porto de Pontedeume, no lugar onde se sitúan na actualidade os departamentos de usuarios existentes. O novo edificio albergará 9 departamentos grandes con altiño e aseo e 6 departamentos pequenos. As obras consisten na demolición dos edificios existentes e no acondicionamento dos viais perimetrais ás novas construccións. A altura do edificio está diminuída na medida do posible para interferir o mínimo nas vistas dos veciños próximos, e ó mesmo tempo para non causar un forte impacto visual. Todo apunta que estes obxectivos están moi lonxe de ser respectados o que motiva a solicitude de Fusquenlla para comprobar sobre os documentos a legalidade das obras.



O proxecto de Portos de Galicia foi presentado no Concello, polo antigo Presidente de Portos de Galicia, Irisarri, a tódolos representantes políticos anteriores (estaban presentes ou invitados tódolos partidos políticos). O proxecto está no Concello e o actual Alcalde sabe ben que é así. Pero si este Alcalde usa as mesmas teimas que Belarmino que esconde o que lle interesa nun caixón, o Presidente actual de Portos virá, outra vez, a explicalo e a re-presentalo. Non vos deixedes enganar.