Fomento negociará coa Xunta unha variación da rotonda da ponte (La Opinión)
A glorieta prevista polo Ministerio situarase a curta distancia da senda xacobea e do centro histórico da vila, polo que os técnicos autonómicos opóñense á súa construción
A oposición da Xunta ao deseño da rotonda prevista na estrada nacional 651 á entrada da ponte de Pontedeume fará que o Ministerio de Fomento negocie coa Dirección Xeral de Patrimonio a modificación do proxecto, co fin de que non afecte o tramo do Camiño Inglés de Santiago que discorre polo lugar.
A Comisión do Camiño de Santiago expresou o pasado mes de outubro o seu rexeitamento ao plan de Fomento, que inclúe a construción de dous pasos subterráneos, ao estimar que a glorieta quedará moi próxima á ponte medieval que salva a desembocadura do Eume, polo que discorre a senda dos peregrinos xacobeos.
Outro dos motivos de oposición ao proxecto por parte dos técnicos da Administración autonómica é a localización da rotonda no acceso ao centro histórico de Pontedeume, que conta coa declaración de Conxunto Histórico Artístico. A segunda das rotondas deseñadas na zona, que se situará fronte á gasolineira, é aceptada pola Dirección Xeral de Patrimonio, aínda que coa esixencia de que se conserve o teixo que se atopa nese lugar.
As obras desa segunda rotonda comezaron en maio e foron paralizadas tras a denuncia do colectivo Fusquenlla, que culpou a traballadores do Concello de cortar raíces da árbore e de sometelo a unha “poda intensa”. La Opinión



Agardemos que esa negociación sexa transparente, e que se faga unha exposicion pública previo comenzo de calquer obra.