A estraña amnesia dos candidatos


O candidato popular á alcadía de Pontedeume manifestábase moi convencido sobre as solucións dos problemas do concello . Pero iso era antes das eleccións. Despois xa se sabe o que sucedeu: todo a práctica desdicía as palabras do actual alcalde. As razóns desta viraxe deben ser analisadas polos estudosos da condición humana. A nós só nos toca laiarnos do declive do concello de Pontedeume

Nunha entrevista que Gabriel Torrente concedía a La Opinión reseñaba aqueles puntos do seu programa que máis preocupaban ao electorado. E dende logo o urbanismo era a pedra quente dos candidatos, habida conta que o anterior goberno perdera a credibilidade polas numerosas infraccións cometidas e consentidas.

Comezaba o aspirante cunha declaración moi acertada da situación calamitosa da vila.  Preguntado polo proxecto máis urxente na súa opinión, responde:

A limpeza da vila a todos os niveis. Está feito todo un desastre: prazas levantadas, nas parroquias tardan dous ou tres días en recoller o lixo, non limpan os colectores… Tería que ser o sinal de identidade da vila

De preguntarlle hoxe pola situación actual tería que admitir que ese problema estendeuse ao núcleo urbano da vila, que as prazas seguen levantadas e que os colectores, ademais de sucios, están deteriorados.

Outra das preocupacións de Torrente é a fachada marítima e critica o  proxecto de colexio supermoderno que califica de mamotreto:

A fachada marítima é impresionante e non hai unha orde nela. Gustaríanos facer un plan integral, pero xa non é posible. Dos almacéns de Raxoi xa nin falalo, é outra vergoña. Van facer un colexio, pero segundo os papeis que vin, parece ser que é supermoderno. Esta é unha vila histórica, onde está a relación entre os almacéns de Raxoi, os antigos xulgados e o colexio? Non integran, plantan un mamotreto, que está moi de moda…”

Esta defensa do valor histórico da vila e a necesidade de adecuar as construcións á arquitectura patrimonial e artística colisiona coas pretensións do alcalde de construír unhas rotondas  con pasos subterráneos en plena entrada do casco histórico. Un conxunto no que cada día “desaparece” algo da súa historia. E todo pola desidia dos que gobernando Pontedeume non valoran o incalculable valor do seu patrimonio. E non imos falar dos almacéns de Raxoi ou da Alameda do mesmo nome, sede do botellón, uns,  e aparcadoiro improvisado, a outra.

Preguntado polas directrices do PP en materia de urbanismo, amosa unha preocupación que hoxe debeu erradicar do seu pensamento.

Cumprir a lei. Que saia adiante o plan xeral de urbanismo será moi importante, pero non o máis importante para o cidadán de a pé. Posiblemente afecte un pouco máis á xente das parroquias. Hai xente da vila que non sabe o que é o PXOM. Os interesados son outros. Non creo que en Pontedeume fagan falla moitas máis vivendas. Levo 23 anos no mesmo edificio e sempre houbo pisos baleiros. Non hai carencia, especúlase con eles, e trataremos de evitar iso por todos os medios”

Difícil soster semellante incoherencia coa realidade actual. O PXOM, que Torrente consideraba unha preocupación dos especuladores, hoxe está secuestrado polo equipo de goberno para beneficiar a eses que antes criticaba e que xa están adquirindo terreos á espera de que sexan urbanizados polo novo planeamento.  Estes promotores que  temían non poder levantar urbanizacións no rural, exixen agora tempo para comprar terreos a prezos rústicos antes de que o PXOM os convirta en urbanizables. Porque co novo goberno galego moitos pensan que a lexislación permitirá  un plan de urbanismo menos  restrictivo. Vivendas sobran pero iso non impide cementar a paisaxe eumesa.

Tampouco escatima palabras para defender o marisqueo, unha actividade que outrora supuxo unha importante fonte de ingresos e que hoxe pasa por unha grave crise á que o saneamento e a contaminación do eume non son alleas. Preguntado se promoverá o marisqueo e mellorará o saneamento, afirma:

Claro que si, pero doutra forma. Aquí houbo un boom co do Prestige. Cerrouse toda a costa e en Pontedeume gañáronse moitísimos cartos. Agora traballan todo o ano e por comentarios, porque estou un pouco afastado, parece ser que as capturas están a diminuír moitísimo… Se botamos verteduras continuamente á ría, para que queremos unha depuradora? “

Outro temor disipado co tempo. O Concello de Pontedeume non respaldou ningunha medida tendente a eliminar a contaminación que padece o río Eume provocada supostamente polas obras da autovía, e a día de hoxe os verquidos á ría da rede de saneamento son frecuentes. Toda unha riqueza, a marisqueira e piscícola, que desaparecerá por mor da neglixencia e abandono dos representantes da administración pública.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
O Concello de Pontedeume novamente cuestionado pola Xustiza
Problemas ambientais nas Fragas (El País)

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Amnesia?
Hipocrisía?
Pragmatismo?
Tres posibles causas. Calquera delas sería motivo de dimisión por fraude ao electorado. Como iso non vai con Torrente, fachendoso como ninguén, habería que pensar en botalo. Pero os da oposición están moi contentos cun alcalde como Bel porque lles fai o traballo que eles non se atreverían a facer. E de paso, quéimase.
Pontedeume ten un virus anquilosado na cidadanía: a autocomplacencia. E os cargos políticos, como fósiles vivintes, aprovéitanse diso

Aqui ven Pontedeume; esto ao mellor explica algo:

http://www.cincodias.com/5diasmedia/cincodias/media/200904/01/economia/20090401cdscdseco_1_Pes_PDF.pdf

se tecleas en buscar Pontedeume te leva directamente

Parece moi pouco se o comparas co resto dos Concellos.

Para cando a moción de censura?

¿E quen vai facer a moción de censura, Vilariño, Rey, Chacho e Sande?. A ver si non esquecemos porque está gobernando o PP en Pontedeume.

O que é increible é que Fusquenlla se adique a contar chorradas,sen decatarse das cousas,máis parece unha sucursal dos partidos da oposición(sobor todo dún deles),que un colectivo serio.

En canto ó tema da limpeza manifestar que se ofreceu unha boa maneira de facelo a traves da privatización e foi rechazada pola oposición que parece tér medo a que esta iniciativa, da que eles careceron en todolos seus anos de desgoberno,tivera éxito e nas próximas non a rasquen.
Recórdovos Fusquenlla que tiña o visto bó de todalas AA.VV.e de moita máis xente,i a cousa pintaba bén.

En canto ó do PXOU,tan traido e levado durante moitos anos,decir que seguramente se están a amañar moitos entortos feitos polos que en máis de quince anos estiveron tratando de compoñelo e non foron capaces,tede un pouco de paciencia que o que non se fixo ou se fixo mal en moitos anos,vai tardar moito menos desta véz e sinón ó tempo.

En canto ó Eume vai ser culpa tamén do Concello e si chove tamén,vós decides alegremente que o Concello non fixo nada,en que vos basades……..?

O marisqueo hai anos que nón é o que era,e recordovos que naqueles anos que non tíñamos depuradora había marisco en cantidade e calidade,con esto non digo que o marisco dease coa porquería,non vos acordades aló polos 73-74-75 cando os camións enchíanse de berberechos e ameixas e digo camións.Non será que daquela había moitas máis persoas traballando neste oficio e que se oxixenaba máis a superficie destinada ó marisqueo e non había tanto lodo debido ó mesmo traballo de toda esa xente de entón?

En canto ó colexio tan traido e levado non discuto que sexa tan moderno ou menos penso que se poido dotar dun parking soterrado e non se fixo.

Estou vendo que se están a facer:

Proposta para solucinar o tema do lixo, de arranxo de rúas en condicións,camiños,páxina web,arranxo de parques nos que outros gastaron un dineral para nada,se queredes falamos do tema…..,interese en deixar a fachada marítima nas mellores condicións,…………

Xa era o que faltaba: Fusquenlla sucursal dun partido da oposición! Hai xente como Anxo que non entende a realidade. A Fusquenlla os partidos da oposición téñenlla xurada. Moitos pensan que foi este colectivo o causante da derrota electoral do goberno de Belarmino. Chegouse ao estremo de acusalos de traballar para o PP. Agora é ao revés, traballan para o BNG ou PSOE.
Canto onanismo mental na clase política eumesa!