A Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla contra o lago da mina de As Pontes


mina_as_pontes.jpgAs tres organizacións ecoloxistas dirixiron un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente no que piden un informe independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes. O único estudo feito, e aceptado pola Xunta de Galiza, é o que realizou a propia empresa. Endesa ten a obriga de restituir o oco da mina ás condicións anteriores e pretende facelo cun trasvase de auga do río Eume, o que supón un perigo para este e para as Fragas do Eume.

As entidades solicitan a realización dunha investigación independente e externa á empresa, levada a cabo pola Consellería de Medio Ambiente, a cargo de persoal coa necesaria cualificación científica e técnica e experiencia neste tipo de actuacións, coa fin de dar resposta axeitada ás inquedanzas que suscita a obra en varios aspectos:
As características xeolóxicas, dende o punto de vista tectónico e litolóxico, as abondosas fallas activas e as fracturas, ademáis dun terreo fundamentalmente formado por rochas metamórficas fan aparecer significativos riscos de deslizamentos, así como de posibles filtracións aos acuíferos. Son perigos tan grandes como difíciles de evitar.
A calidade final das augas do lago non está en absoluto garantida, existindo pola contra grandes posibilidades de que o lago non acade uns niveis mínimos de habitabilidade, o que por rebouse extendería os problemas cara o río Eume.
As detraccións de auga ao Rio Eume son excesivas e causarían un grave prexuizo ambiental.
Trátase dun proceso irreversible. Unha vez comezado non ten volta atrás.
Parécenos que, á hora de elaborar o plano de restauración, tomáronse atallos fáciles e de alta rendibilidade para a empresa e se tivo pouco ou nada en conta o alto valor ecolóxico do espazo afectado.
Para levar adiante esta investigación habería que retrasar, canto fose necesario, a data de comezo do enchido do oco da mina coa auga do Río Eume.

Máis información en La Opinión. Tamén no Diario de Ferrol e no Correo Gallego

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
O Concello exixirá a Lagares que cumpra la licenza de Caldagueiro
O Concello de Pontedeume ignoraba o enderezo do Grupo Inmobiliario Lagares

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

[...] No mes de outubro, a Sociedade Galega de Historia Natural, Verdegaia e Fusquenlla  dirixiron un escrito á Consellaría de Medio  Ambiente no que se solicitaba un estudo independente sobre os efectos do enchido da mina de As Pontes. O único informe realizado foi por encargo da propia empresa, e aceptado  como bo pola Consellaría. (Máis información aquí) [...]