Expertos analisan o estado do teixo
No mes de abril o colectivo Fusquenlla enviou un escrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza reclamando unha intervención para erradicar as posibles enfernidades que afectan ao teixo senlleiro da casa dos Tenreiro. Onte desprazáronse a Pontedeume técnicos da estación Fitopalóxica do Areeiro para estudar e tratar o teixo do paseo marítimo. Segundo publican diversos medios, tomaron mostras das ramas e tamén realizaron unha perforación na terra, de preto dun metro de profundidade, onde se atopa a árbore, aínda que a unha distancia prudencial para non danar as súas raíces.
Os traballadores do organismo dependente do ente provincial tamén realizaron unha selección de follas (novas, medianas e antigas) para proceder ao seu estudo e sacar conclusións sobre o estado do tezo da Casa dos Tenreiro.Asemade amosaron a súa preocupación polo posíbel efecto que o peche metálico que rodea ao teixo poida danar á arbore. este peche foi instalado tras a recuperación acometida pola Xunta e finalizada en 2003, na que se investiu un orzamento de 36.000 euros.
Nun informe remitido ao Concello recóllese que «o exemplar mostra un vigor e unha vitalidade adecuados», descartando a presenza de fungos que puidesen causar podremia nin axentes patógenos que ataquen ás raíces. Con todo, si se detectaba o ataque dos insectos que favorecen a aparición combinada dun fungo negrilla, abundante na árbore, da especie Taxus baccata, que provocan o debilitamiento.
O equipo de técnicos desprazouse tamén a avaliar o do asilo de anciáns eumés, en plena avenida de Ricardo Sánchez. Trátase dun exemplar máis novo, aínda que os seus doce metros de altura fan pensar aos veciños que a árbore poida superar con fartura o século de vida. Cun aspecto moito máis saudable que o seu parente do paseo marítimo, tamén requiriu a atención dos expertos, aínda que desde o Concello descoñécese con que finalidade.


