Pontedeume, sitio distinto


Norrebrogade, a avenida principal de Copenhague, unha cidade de case medio millón de habitantes, está pechada  ao tráfico de  vehículos. A súa alcaldesa defende a medida apelando a argumentos económicos: “nun mundo globalizado é cada vez máis importante para a cidade atraer residentes, investimentos, eventos e turistas, e para iso Copenhague continúa a ofrecer calidade de vida e oportunidades, ben como un ambiente seguro e saudábel para todos os que quixeren aquí morar.

No ano 2007 as dúas vilas galegas que más visitantes acolleron foron Compostela e Pontevedra. Ambas comparten unha visión semellante en canto á protección dos seus valores monumentais, o cal as fai especialmente atractivas ao turismo cultural. No caso de Pontevedra, houbo unha teimosía irreductible por parte dos comerciantes e hosteleiros ao plan de peatonalización diseñado polo Concello. Hoxe non teñen máis remedio que recoñecer que a peatonalización deu un pulo a un sector alicaído que veu na peatonalización a rehabilitación dunha fabulosa área de comercio, servizos e lecer. Cara ahí debería encamiñarse o pequeno comercio das nosas vilas.

Por outra banda, a peatonalización das áreas centrais nas vilas demostra un feito que moitos néganse a ver. A apertura do tráfico cara o centro reduce a accesibilidade e a movilidade a medida que aumenta o número de vehículos que transitan polo mesmo.

Dito doutro xeito, o problema desta vila non é tanto a inexistencia de aparcadoiros como a excesiva densidade do tráfico. Ao aumentar o número de prazas ampríase a expectativa de estacionar no centro, co conseguinte colapso circulatorio.

Se a iso lle engadimos o feito de que Pontedeume estea declarada conxunto histórico-artístico -maila que lle pese a algúns-, ese espazo central queda cinguido polos vehículos e aparcadoiros, orixinando un tránsito contínuo que dificulta o paseo e as compras.

O noso modelo de desenvolvemento non pode ter como referencia as grandes áreas comerciais das periferias das grandes urbes. Hai un selo de calidade asociado á vida das pequenas vilas. Ben comunicadas coa rede urbana comarcal, localidades como Pontedeume poden ofrecer modo de vida máis pausado e humano, e o movemento das Cittásolw, as cidades lentas, (http://sospontedeume.com/12-06.html), rede á que pertencen vilas como Lekeito, Munguia, Rubielos de Mora ou Begur, quizáis fose un bo exemplo a seguir.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Educación non atende ás recomendacións da comunidade escolar
Fraude e delito medioambiental

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Para os nosos gobernantes iso é chinés, que coma sempre andan ó revés.