Os promotores seguen a ver Pontedeume como un territorio fóra da lei
Iso é o que se deduce despois de ver como se segue construíndo en zonas rurais. A actual lei do solo impide construír en terreos cualificados como rústicos. Ademais a lei de protección do litoral tamén prohibe as construcións a menos de 500 m. da costa. En Pontedeume ámbalas dúas leis están vixentes pero certos promotores parecen descoñecelo, outro tanto do que lle pasa ao goberno local.
En Boebre e Centroña aparecen obras a menos de 500 m. do litoral e en terreos rústicos nos que non se pode edificar nin un simple chamizo. Mentres algúns cidadáns están á espera de que se aprobe o PXOM para poder levantar as súas vivendas, outros deciden adiantarse e, como se as leis non fosen feitas para eles, ousan construír naqueles espazos que están a salvo, ou deberían, da voráxine do cemento.
Algunha desas casas está sendo construída na actualidade cando seguen vixentes as leis antes
citadas. Outras son construcións recentes, algunhas de xente moi influínte. Se antes podíase sospeitar do aparellador municipal como o técnico que informaba das licenzas que logo aprobaba o alcalde (lembremos aquel “outórgase licenza para a execución das obras a emprazar en solo de protección costeira”), agora hai que buscar aos novos responsables destes atropellos nos despachos do Concello. Non poden alegar descoñecemento cando unha casa se constrúe á vista de todo o mundo.
Cremos que a lei debe ser escrupùlosamente respectada por todos os cidadáns e que o goberno local debe asegurar este respecto, denunciando ante os organismos correspondentes todo abuso urbanístico que se estea a cometer en Pontedeume. O pasado luns foi derruída unha casa construída en Centroña que non contaba
cos permisos necesarios. A fotografía da esquerda dá fe da nova paisaxe despois da demolición. Este celo en facer valer a legalidade debe estenderse a todas as obras independentemente de quen sexan os propietarios.
Hoxe máis que nunca faise necesario aprobar canto antes o plan de urbanismo que debe ordenar o territorio eumés para evitar o caos ao que nos teñen condenados certos promotores e políticos irresponsables. Non só o casco histórico está deteriorándose progresivamente senón que os núcleos rurais, cada vez máis abandonados, están sufrindo os efectos da nula atención que a administración local lles presta. Ademais, paraxes que a lei protexe polas súas características únicas dende o punto de vista paisaxístico, son arrasados pola cobiza de certos promotores.




Mire, les sigo desde hace tiempo y me gustaba leerles pero después de esto creo que no volveré a abrir esta página. Veraneo en Miño conozco la zona y las casas que salen en las fotos hace ya por lo menos 4 o 5 años que están ahí. Hay una de ellas que parece que la están forrando de piedra pero no es de nueva construcción como ustedes dicen. Así que esta noticia está manipulada. No se si todo lo que cuentan recibe el mismo tratamiento, pero ya entiendo alguna de las críticas que han recibido, entre otras alguna que situa la casa de alguno de ustedes en algún tipo de proteccion que justificaron diciendo que la casa estaba desde hacía años, pues seguro que usted tambien la pinta o hace lo que puede para mejorarla, así que no tenga tan poca consideración con los demás. Adiós que que tengan suerte en sus empeños de los que yo a partir de hoy ya no me enteraré, acaban de perder a un lector. Saludos y que les vaya todo bien.