Intoxicación informativa da Voz de Galicia
Hoxe o medio de (des)información La Voz de Galicia publica unha escueta referencia sobre o aparcadoiro do instituto eumés que a pesar do seu tamaño está chea de incorreccións. Titula este diario que o IES Fraga do Eume decide hoxe se acepta a cesión do campo de fútbol como aparcadoiro. Isto é totalmente falso pois os órganos colexiados deste centro xa se pronunciaron no seu momento en contra da cesión. Hoxe só está prevista unha reunión do Consello Escolar na que nin siquera figura na orde do día descusión algunha sobre este punto. Tamén se informa que nesta reunión vaise valorar o convenio enviado pola Xunta. Outra mentira porque a Xunta non comunicou á comunidade escolar ningunha decisión tomada referente á cesión do campo de deportes.
O que non sabemos é se as palabras de Torrente, “non queremos facer nada que vaia en contra do colexio”, adoecen do mesmo defecto que o resto dos comentarios da Voz de Galicia.



El no querer hacer nada que vaya en contra del colegio puede ser, el permitir aparcar los coches y adecentarlo a su entrega al final del verano, según la opinión de muchos.