Manifestación contra o porto deportivo de Massó


Este sábado, 1 de agosto, ás 20:00 h., unha nova manifestación partirá desde a Alameda Vella de Cangas en defensa do Salgueirón e dos recursos pesqueiros e marisqueiros da Ría de Vigo.

Despóis dos feitos sucedidos días atrás, cando a Garda Civil detivo e agrediu a 16 activistas que mostraban pacificamente a súa oposición a esa obra destrutora da nosa natureza e da nosa economía, esta manifestación significa o momento oportuno de amosar o noso rexeitamento máis rotundo non só a ese proxecto especulador, senón tamén a unha escalada represiva e de violencia policial totalmente inxustificable.

Por iso queremos contar unha vez máis contigo este sábado en Cangas. Porque malia a represión exercida polas forzas e corpos de seguridade postos ao servizo de intereses privados, a defensa de Massó -convertida xa en símbolo da loita polo respecto á terra-  seguirá viva e non permaneceremos impasibles ante ningunha agresión.


Porto ilegal
sen licencia municipal
sen Plan de Usos
sen Plan Especial
sen PXOM

Destrúe postos de traballo
destrúe a ría
ameaza ao pequeno comercio
para beneficio duns poucos
saltando leis e acordos de goberno
con represión policial brutal

PARALIZACIÓN XA


Convoca: “Confraría de Pescadores San José de Cangas”

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
O PSOE quere que se atrase a derriba dun chalé en Nogueirosa
O informe anual de Ecoloxistas en Acción traza un mapa desolador en Galiza

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!