Queixas dos veciños polos verquidos de augas fecais


A Asociación de Veciños de Boebre láiase dos verquidos de augas fecais na praia de Ber. Os causantes serían as numerosas vivendas que non dispoñen de alcantarillado. A lei obriga aos promotores a dotar de servizos tales como redes de saneamento, zonas verdes, aparcadoiros, etc. A realidade aseméllase máis a unha coñecida película de Woody Allen: colle o diñeiro e corre. Os promotores aforran gastos e o goberno local ignora as infraccións.

O resultado despois de tantos anos de desleixo está a vista. A ría de Pontedeume é unha das máis contaminadas de Galiza. A Dirección Xeral de Recursos Mariños e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, elaboraron un informe relativo á situación actual das zonas de produción de moluscos en distintas rías. Moi poucas melloraron a súa situación, outras non sofren variación e as máis empeoraron. Os casos máis graves corresponden á ría de Ferrol e á de Ares-Betanzos-Pontedeume.

A depuradora de Pontedeume está considerada fóra de uso pola Consellaría de Medio Ambiente polo que  hai que engadir os verquidos procedentes do núcleo urbano e mesmo os de Cabanas aos focos  causantes da contaminación. Unha situación deplorábel que incumpre todas as directivas da Unión Europea sobre tratamento de augas residuais.

Varios son os puntos do litoral eumés nos que se detectan urbanizacións á marxe da legalidade que contribúen a esta contaminación da nosa ría. En Boebre e Vizús (Centroña) os promotores levantaron numerosas vivendas en zonas de especial protección. Se ben algunhas denotan certo gusto arquitectónico, outras son aberrantes exemplos dun urbanismo especulador xa caducado. Non debe estrañarnos que nun futuro todas elas sigan os mesmos derroteiros que as vivendas de Nogueirosa sobre as cales pesan ordes xudiciais de demolición.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
A Axencia da Legalidade Urbanística investiga tres vivendas en Boebre
Dislate político e drama humano

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

A nosa administración local -da igual o partido- acostumouse, co beneplácito dunha parte da cidadanía, desinformada, desinteresada e desmovilizada, a desprezar aquilo que temos de máis valor. O deterioro ecolóxico da ría, do río Eume, o crecemento urbanístico descontrolado e caótico, a ruína do casco histórico, a rede de saneamento obsoleta, o ineficaz servizo de recollida de lixo -que que nos convirte nunha das vilas máis sucias da comarca-, o tráfico constante de vehículos que atravesan a vila e que utiliza ata os patios das escolas como aparcadoiro, convírtenos nun retrato perfecto do tercermundismo desarrollista.
Supoño que o culpábel de todo isto, máis que o propio Concello e aqueles que aplauden a súa xestión, faga o que faga, son os cidadáns
descontentos,protestóns e incapaces de convivir diariamente con tanto despropósito.

Pídolle ao administrador desta páxina que bloquee a Alter Ego. Está torpedeando a necesaria e libre participación dos cidadáns, desviando cos seus comentarios os temas importantes deste blog. Compórtase como un auténtico vándalo que non ten cabida nun foro respetuoso