A Axencia da Legalidade Urbanística investiga tres vivendas en Boebre
En marzo de 2007 Fusquenlla enviou un escrito á Consellaría de Política Territorial dando conta da construción de 8 vivendas en Centroña e Boebre cuxas licenzas foron concedidas a pesares dos informes negativos da Secretaria
No artigo anterior volvíamos a chamar a atención sobre as numerosas vivendas que se atopan nas parroquias de Centroña e Boebre e que infrinxen as distintas normativas sobre edificación. Algunhas delas non se axustan á licenza concedida, outras invaden a franxa de servidume do ferrocarril e tamén hainas que invaden a zona de protección do litoral.
Segundo publica hoxe o xornal La Opinión a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística investiga tres destas vivendas en Boebre. Precisamente haio uns días fíxose público que esta axencia traballaría cóbado con cóbado coa fiscalía de delitos urbanísticos, pasándole canta información fose susceptíbel de ser denunciada.
A investigación á quie fai referencia o xornal foi iniciada dceofico pola propia Xunta de Galiza. Nestes expedientes a axencia require datos de tres construcións, como “consecuencia dun acta, levantada de oficio por orde superior”, segundo recóllese nos documentos. Segundo apunta o alcalde a localidade, Gabriel Torrente, a investigación sería encargada pola ex conselleira de Política Territorial, María José Caride. O primeiro dos escritos data do día 31 do pasado mes de xullo e os outros dous chegaron ao Concello a pasada semana, en concreto o día sete de agosto.
Nos escritos enviados ao Concello ínstase a identificar aos promotores das obras: os propietarios dos terreos; os empresarios; os técnicos redactores e os directores das obras nun prazo de quince días.
Exixe ademais coñecer todos os datos relativos a estas construcións. Se teñen ou non licenza, informes xurídicos e técnicos dos responsables municipais e calquera outra actuación que o Concello levase a cabo.
Fusquenlla xa alertou no pasado das obras que actualmente se estaban a desenvolver no rural eumés. Dende Centroña ata Boebre pasando por Vizús contabilízanse máis de 20 vivendas, incluídos varios apartamentos ubicados en dous grandes edificios. En marzo do 2007 este colectivo enviou un escrito á CPTOPT no que se informaba da concesión de 8 licenzas en Centroña e Boebre que contaban cun informe negativo da Secretaria do Concello. A solicitude para estas licenzas foi presentada polos promotores en decembro do 2001 e, segundo a Secretaria, vuleraban a lexislación recollida na Lei do solo de Galiza, Lei 6/1998 modificada polo decreto 4/2000, e lei 38/1999 entre outras.
Esta reportaxe gráfica dá conta da paisaxe costeira que paseniño vaise modificando polas construcións









Románticos funcionarios, qué cousas máis bonitas que dis. Pero non home, aqui deus non pinta nada. É o que ten a ignorancia, que sempre busca culpabéis ata ata onde non os hai. Pero xa que falas doutros lugares de Galicia, vai por ahí a ver se podes construir en zonas non urbanizábeis, atopas a un técnico municipal para untar, un Concello que mire para outro lado e un promotor sen escrúpulos, creo que non é moi difícil.