O sufrimento do casco histórico (La Opinión)


Vivendas e rúas da zona antiga de Pontedeume presentan síntomas de deterioramento e degradación. O Concello prevé entregar un segundo plan de rehabilitación á Xunta

Un dos asuntos pendentes de Pontedeume é a conservación do seu casco histórico. O paso dos anos e o abandono ao que estivo sometido por parte das administracións deixaron lamentables sinais de deterioramento en rúas e vivendas da zona antiga da vila dos Andrade. Casas en ruínas, edificios abandonados ou balcóns que corren perigo de derrubarse son algúns dos danos que as persoas que se achegan a visitar este conxunto urbano eumés poden observar durante o seu paseo

O casco histórico de Pontedeume cáese a pedazos. A degradación da zona arquitectónica máis relevante da vila dos Andrade é máis que palpable. Casas en ruínas ou semirruinas, edificios abandonados, fachadas esnaquizadas que fan pensar en perigo de derrube ou balcóns con buracos desde os que se pode observar o teito da vivenda son algunhas das mostras do pésimo estado o que se atopa esta zona do centro urbano da localidade.

O paso dos anos non tivo compaixón co casco histórico de Pontedeume, igual que os gobernos, que mostraron escasa preocupación no que a conservación do patrimonio arquitectónico refírese. Fai dous anos, o colectivo Fusquenlla denunciou esta situación e reclamou un área de rehabilitación para a zona antiga eumesa. “O valor patrimonial de Pontedeume non se pode entender sen o seu casco histórico”, manifestou o grupo, que puxo de relevo o seu progresivo deterioramento e esixiu ás autoridades municipais que solicitasen á Xunta a declaración dun Área de Rehabilitación Integral (ARI), figura xurídica que permitiría acceder a axudas para a recuperación dos edificios e rúas deste conxunto urbano.

Tras facerse coa Alcaldía, Gabriel Torrente asegurou que a rehabilitación da zona era un dos asuntos primordiais do Goberno local, polo que se fixo un diagnóstico da situación da zona vella para crear un Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico. O pasado ano entregou un proxecto de reforma da zona á Xunta : “Logo de darnos longas, finalmente non saíu para adiante”, lamentou Gabriel Torrente. O rexedor destacou que a idea do Goberno municipal é presentar outro plan de rehabilitación ao Executivo galego para poder conseguir axudas para a mellora da parte antiga da localidade.

Á espera de que as administracións tomen cartas no asunto, o patrimonio de Pontedeume continúa co seu deterioramento. O que podería ser un agradable paseo por unha zona histórica convértese nun triste percorrido por unha zona vella degradada e abandonada. La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Torrente comprométese a parar o asunto dos chalés de Boebre (Diario de Ferrol)
Fomento esquécese do novo enlace da AP-9 que aliviaría Pontedeume (xornal.com)

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!