A gran estafa


Por fin o alcalde de Pontedeume acaba de confirmar o que hai tempo denunciamos dende Fusquenlla: o PXOM retírase da circulación e agárdase por tempos mellores nos que a nova Lei do Solo permita cementar o concello eumés. E faino sen amosar o máis mínimo pudor ao recoñecer que estivo mentindo a toda a cidadanía. Despois de dous anos nos que asegurou que o plan de urbanismo estaba a piques de ser presentado para a súa aprobación inicial, de que só faltaban pequenos retoques, despois de desmentir os comunicados de Fusquenlla que o acusaban de poñer atrancos á tramitación do plan xeral, agora admite sen ruborizarse que Pontedeume vai quedar sen ordenamento urbanístico porque os empresarios da construción e os especuladores prefiren a desorde actual. Unha desorde que engorda as súas contas corrientes auspiciada por políticos corruptos e técnicos irresponsables.

Pontedeume está a encherse de construcións ilegais tanto no casco histórico como no rural. O alcalde non atende as denuncias dos que exiximos un urbanismo racional e sostíbel para o noso concello. Pero tampouco atende os requerimentos do Valedor do Pobo nin siquera as ordes de paralización ditadas pola Xunta. Un goberno que se sitúa á marxe da legalidade e ponse ao servizo dos que se enriquecen a costa do patrimonio arquitectónico e paisaxístico está a cometer un gran fraude aos cidadáns que agardaban por un PXOM que puxese fin ás múltiples aberracións urbanísticas cometidas nos últimos anos. E tamén fai gala dun insultante menosprezo cara aos veciños, considerados meros observadores dos trapicheos entre políticos e promotores, sen capacidade de decisión.

Nunca un rexedor atreveuse a tanto en Pontedeume, hipotecando o futuro do concello, impulsando a definitiva destrución do casco histórico e dilapidando as arcas municipais con pagos gratuitos pola redacción de proxectos inutilizados. Este alcalde, que acaba de descubrirse como o gran benefactor dos especuladores do chan, parece incitar á mobilización como único recurso para facer valer o dereito de Pontedeume a dotarse dun plan de ordenación urbanística. Agardar por unha nova Lei do Solo supón engadir tres anos máis á unha longa espera que xa supera os 23 anos. Unha carencia que xa acarreou numerosos e irreparables prexuizos.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Será verdade?
Patrimonio ordena ao Concello paralizar dúas obras no casco histórico

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Yo creo que en este comentario os estáis excediendo un poquito.

Un poco de calma y un mucho de contención, que cuando se desproporciona uno, tiende a meter la gamba.

Bueno, eso según refleja la prensa de hoy y lo que se dijo en el Pleno de ayer, ya no es así.
Según el Alcalde, se convocará una reunión para el día 1 ó 2 de octubre con los partidos de oposición para conocer el documento y se tiene la intención de convocar un pleno extraordinario para el día 15 de octubre a fín de su aprobación inicial.
Esto es lo dicho en el Pleno de ayer, otra cosa es que luego lo cumplan y no pongan otro excusa cualquiera como han venido haciendo hasta la fecha.

Este novo cambio de parecer demostra unha vez máis o acertado das críticas que se lle fan ao alcalde. Supoñendo qquer esta vez si sexa certo que o presente en outubro, ninguén negará que non é xeito de proceder dun primer mandatario local.
Pero Pontedeume sempre tivo o que mereceu

la noticia mas importante para Pontedeume y el problema mas grande de este pueblo, del cual no se habla, es algo que forma ya parte de nuestra cultura social es la droga y no el urbanismo, pero es mejor hablar de otra cosa que afecta a menos gente y no otra que se mete mucha gente por la napia…

en pontedeume lo que hay es riqueza delictiva y mientras eso no se corrija el pueblo se ira a la mierda, cada vez mas, ya que la mayoria de la gente un poco decente y con estudios cualificados se tiene que ir… lo que queda es lo peor, quien coño va a ser el tonto que invierte en un pueblo de drogadictos y traficantes, donde son los “reyes”…

yo esto ya lo llevo poniendo de manifiesto en muchos sitios… pero claro, creo que alguno de los que lo escucha y lee es consumidor, no va a tirar piedras contra su vicio

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/09/25/0003_7993461.htm

Eu estaría disposto a asumir o feito de que nin a vila necesita un plan de urbanismo nin os gobernos eumeses son capaces de levalo a cabo. Ata ahí todo ben. Pero o que me costa un pouco máis de entender é por qué carallo gastamos tantos cartos para facer planeamentos urbanísticos que nunca se poñen en vigor.
Xa na era Belarmino gastáronse 100 millóns (correxideme se me equivoco), máis o que cada un meteuse no peto. E agora, vólvense a pagar millóns a C. Galega por un novo plan que, primeiro foi rexeitado, e logo anulado. Este si que é un negocio redondo.

O gran erro é pensar en que o novo PXOM vai ser a solución a todos os males, o novo PXOM o que vai a tentar é legalizar o ilegal, aumentar as alturas, poñer a disposición dos promotores novos terreos para edificar,o que vai favorecer ainda mais a decadendia do casco histórico. Por outro lado o PXOM non vai facer que os promotores non construan ilegalmente, eso quen o ten que parar é o concello aplicando as leis existentes, cousa que hoxe en dia non fai, ao que se adica é a protexer aos promotores mirando para outro lado cando non concedendolle licencias excandalosas para evitarlles a suposta ruina, ¿por que o vai facer cumplir a lei co novo PXOM?. O concello sistemáticamente vai favorecer aos de sempre, OS PROMOTORES, que son os que parece que os financian, a dedución é que debe ser así por eso lles fan tantos favores e se preocupan de legalizar como sexa as ilegalidades mais grandes.
Esto do novo PXOM non é mais que unha excusa, unha excusa para gastar cartos, unha excusa para deixar caer o casco histórico e unha excusa para non actuar e facer cumplir a lei. O demais son contos dos sucesivos alcaldes para enganar á Plebe.

Coño, un plan sirve para ordenar el territorio, ver donde y como se puede construir, permitir todas aquellas obras que se adapten al mismo e ilegalizar aquellas que se realicen sin estar de acuerdo con la ley que regulamos.

No todo va a ser chanchullos y líos, estamos hablando de ordenación y claro que nos afecta a todos, tengamos propiedades o no. Por cierto, que cuando se ordena y se construye se genera riqueza, se crea empleo y en ocasiones, se consigue embellecer algo que está estropeado y ruinoso.

¿Qué llega ya el puñetero Plan?, pues bienvenido. Ya habrá tiempo de comentar su contenido.

non manolo, plan o que se di plan, xa temos, son as normas subsidiarias do 85, pero ninguén lle fai moito caso, e o que menos o Concello, como o teñen por permitir o ilegal e desoir os contínuos requerimentos da Xunta.
A día de hoxe o propio Concello recoñece a súa incapacidade (interesada) de deter o sinfin de irregularidades que contraveñen esas Normas (alturas e volumes excesivos, construcción en zonas rústicas, maiormente protexidas, escasa protección do casco vello, impasibidade ante o deterioro do patrimonio. Isto é obxectivo. Para qué empeñarse, polo tanto, nun novo planeamento que non imos cumplir a non se que saqueimos algún tipo de beneficio.

Un caso claro de bicefalia (non confundir co trastorno bipolar, non descartable en absoluto).
A bicefalia afecta sobre todo á clase política e son varios os axentes externos patóxenos que obrigan ao “paciente” a actuar dun xeito descoordinado e incoherente.
De momento non se coñecen antídotos efectivos para esta enfermidade que curiosamente soe desaparecer cando se deixa a actividade política.

O que pasa tamén é que vos poñedes nerviosos enseguida e tamén pasa que metedes a pata e non rectificades.

Panda de listos do carallo