Será verdade?


Nova rectificación do alcalde de Pontedeume. Resulta que se antonte Torrente afirmaba que o plan de urbanismo se retiraba ata a promulgación da nova Lei do Solo, onte desdícese e anuncia que será presentado o próximo mes de outubro para a súa aprobación inicial nun pleno que se celebrará o día 15.

Máis información en La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
O PXOM pode ser novamente rexeitado pola Xunta
A gran estafa

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Desdícese?, non será que vos documentades mal. O comentario de onte, a que altura vos queda?. Agora que facemos, a papeleira? .

Panda de psudointelectuais de novo cuño, vestringes do 2009, dramaturgos interesados, miniascetas, barbipensantes, canta razón tedes as veces, e canto metedes a pata noutras tantas.

sarita, tes unha verborrea de carallo.

Ao mellor a que se pon nervosa es ti, non vou a insultarte para non darche a razón.

¿Onde está a denuncia contra LaOpinionDeACoruna pola nova de onte, xa que logo é falsa e as declaracións do alcalde son inventadas?

Por qué hai que rectificar? non dixo o alcalde que ía esperar á apropación da nova lei para sacar o PXOM?, non foi él mesmo que ao día seguinte afirmou que íase levar a pleno dentro dunhas semanas? non levamos varios anos escoitando o mesmo? a credulidade é propia do pensamento máxico-relixioso, o escepticismo do racional. O comportamento amosado pola alcaldía neste asunto é lamentable se mire por onde se mire, e non o xustifica o feito de que outros o fixeran peor.