O PXOM pode ser novamente rexeitado pola Xunta
O proxecto pretende introducir cualificacións que van en contra da Lei do Solo e da Lei de Protección do Litoral
O PXOM presentarase o día 5 aos grupos políticos con representación no Concello. Así o anuncia o
alcalde de Pontedeume no xornal Diario de Ferrol. Tamén sabemos que eses interminables retoques que se estaban a facer no PXOM tiñan por obxecto legalizar as innumerables infraccións urbanísticas que a día de hoxe están inmersas en procedimentos xudiciais. Tal e como apunta o xornal de resultar aprobado o documento urbanístico, pode dar lugar á legalización dos chalés de Nogueirosa sobre os que a día de hoxe existe un auto xudicial para a súa demolición. Neste caso, tamén se atoparían as casas de Boebre que están sendo investigadas por Urbanismo da Xunta. (Diario de Ferrol)
As intencións do goberno local de “anular” sentenzas xudiciais firmes ademais de ilusorias son dunha enorme irresponsabilidade que poden impedir á aprobación definitiva do PXOM por parte da Consellaría de Política Territorial. Hai que lembrar que esta institución recomendou facer unha serie de reformas ao borrador presentado polo Concello hai máis de dous anos e que as obxeccións da Xunta criticaban que o planeamento urbanístico non respectaba as zonas consideradas de especial protección, precisamente aquelas que hoxe están ateigadas de construción ilegais e que o alcalde quere “legalizar”.
Claro que esta pode ser a verdadeira intención dun goberno que xa se decantou favorábel a esperar á aprobación da nova Lei do Solo para elaborar un PXOM máis permisivo co mundo da construción.
Máis información en La Opinión



De ser certa a noticia, tal como ven no periódico, vai ser un PXOM que limitará o crecemento urbanístico no rural. O alcalde di que se vaia a “ampliar las restricciones urbanísticas que actualmente se aplican con respecto a los núcleos rurales”. Qué ben.