Unha estrada como coartada para urbanizar


novaestradavilar.jpgSe algo caracteriza á personalidade dos promotores inmobiliarios é a obstinación, a artimaña e o anhelo desmesurado de riqueza. Cando foi presentado á Xunta o PXOM de Pontedeume, este foi rexeitado, entre outras cousas, pola enorme cantidade de solo urbanizábel que se recalificaba. Algo innecesario no noso concello dado o crecemento vexetativo da poboación ou para ser máis exactos, o decrecemento. Aquilo foi un varapao ás pretensións da empresa Consultora Galega redactora do plan. Agora esta mesma empresa presenta o informe de impacto ambiental que deberá acompañar ao novo borrador do PXOM para a súa aprobación inicial. Dende estas mesmas páxinas insistimos, e así fixémosllo saber ao goberno local, que as modificacións que se deberían facer ao planeamento urbanístico deberían ser as exixidas pola CPTOPT como único medio de conseguir a súa aprobación definitiva. Pero a insistencia de Consultora Galega en conseguir a maior cantidade de chan urbanizábel empeza a ser sospeitosa. No devandito informe de impacto ambiental presentado recentemente á Consellaría (ao cal lle adicaremos unha análise máis profunda e as conseguintes alegacións), aparece a previsión dunha nova estrada cuxo único fin é a urbanización dunha grande extensión de terreo no que se asentan fincas de coñecidos propietarios.

A nova vía comeza o seu trazado na estrada nacional, á altura de Vilar, e remata na mesma estrada á altura do polígono do Vidrieiro, despois de adentrarse nunha paraxe rural rica en arboleda e visualmente atractiva. No seu percorrido pasa a carón da propiedade do director de Caixa Galicia, para bordear logo as instalacións de Einsa, a empresa que hai escasos meses solicitou recalificar os terreos da súa propiedade. O arquitecto redactor daquel plan pertencía a Consultora Galega. Como se lembrará, o colectivo Fusquenlla denunciou que Einsa tiña unha empresa adicada a promoción inmobiliaria, o que explicaría a pretendida recalificación.

Non poden alegar aquí que a razón desta nova estrada sexa a deconxestión do tráfico rodado; a estrada comeza e remata na mesma Nacional 651. Tampouco que sirva para dotar de servizos aos residentes pois como se aprecia no mapa é unha zona deshabitada. Ata os máis inxenuos concluirán que a razón deste trazado é conseguir urbanizar o que hoxe é solo rústico e transformalo mañá en zona residencial coa conseguinte revalorización para os privilexiados propietarios.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Barcelona meeting point
Marcha Nacional pola Defensa do Litoral en Corrubedo

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Esta proposta ven darlle a razón aos propietarios das terras que no mes de marzo quería expropiar EINSA ,apoiada polo anterior goberno.

Temos concelleiros que denominaron aos propietarios “alarmistas”, pode ser que daquela o pareceran, pero despois de ver o plan que Fusquenlla nos amosa, está moi claro que ían na boa direción as suas “alarmas”.

Esperamos que o actual goberno faga uso do sentido común e non se deixe levar polas palabras bonitas que de seguro van decir os “artistas de consultora galega”.

Pero se o goberno non e quen de usar ese sentido que non e tan común, como moitos din, sempre queda a oposición que de seguro a de mirar as cousas do urbanismo con outros ollos que non tiña hai 6 meses.

Eu penso que o caso de Consultora Galega é único. Cando solicito un servizo, do qtipo que sexa, a unha empresa, esta procurará facelo segundo as miñas indicacións. Se non, non lle pagaría.Se merco un coche, elexirei o modelo; se contarto un seguro, lexirei a póliza; etc. Aquí, con Consultora, todo é distinto. O Concello contrátaa para facer o plan de urbanismo e a empresa faino ao seu gusto, en contra dos intereses dos eumeses e a favor de certos especuladores salvapatrias. Seguiremos nomeándoos fillos adoptivos, aínda que a eles lles gustaría quedar orfos.

[...] Máis información aquí [...]

Neste caso non é toda a culpa de consultora galega, pois realmente quen paga manda. É moi doado botarlle a culpa os demáis, quedar ben e por riba encher os petos.
Eu teño claro que si os nosos gobernantes non estivesen contentos co plan tal e como estaba, non o enviarian a Xunta para a sua aprobación (xogabanse moito). Penso que realmente estaban facendo un plan a medida para os promotores, os amigos, e os seus intereses particulares.