Poboación e vivendas no PXOM
É este un asunto fundamental para entender a filosofía deste PXOM. A redactora do proxecto, Consultora Galega, fai uso de cifras que nada teñen que ver coa realidade. A risco de ser demasiados soporíferos na explicación, cremos necesario ser meticulosos nos datos manexados.
O novo PXOM de Pontedeume proxecta para o concello 925 vivendas novas nos próximos anos. Tendo en conta que actualmente hai 4430 vivendas, este incremento supón máis dun 20%.
Para xustificar este aumento abusivo no número de vivendas, a empresa fai unha estimación sesgada da poboación estimada daquí ao 2022. Para Consultora Galega Pontedeume podería ter no 2022 un total de 9505 hab.
Pero se ben esta cifra xa é de por si insignificante, resulta que está interesadamente calculada. Para facer as estimacións necesarias tomáronse como datos taxas de crecemento ata o ano 2001, mentres a poboación de Pontedeume crecía. Obviáronse as cifras dos últimos 8 anos nos que a poboación diminuíu. O resultado é erróneo e facilmente demostrable. Aplicando estes cálculos da empresa, as estimacións de Consultora Galega para a poboación de Pontedeume no intervalo 2001-2008 serían superiores ás cifras reais (InstituoGalego de Estatística). Ver cadro adxunto
Resumindo, aplicando as os criterios de C.G a poboación de Pontedeume tendería a crecer mais a realidade é que cada vez hai menos habitantes en Pontedeume. Iso debería servir para reconsiderar a necesidade ou non de incrementar o solo urbanizable e en que medida. Hai que lembrar que en Pontedeume hai un número excesivamente alto de vivendas desocupadas, moitas delas ubicadas no casco histórico e en proceso de desaparición. Urxe elaborar unha política urbanística que prime a rehabilitación dos inmuebles do casco histórico. O plan de urbanismo de Pontedeume alónxase desa vía.






O PXOM importalle moi pouco Pontedueme, o único que lle importa a este PLAN e facer ricos a catro maleantes de promotores que levan jodendo esta vila dende fai tempo, eles foron os que estiveron metidos dia e noite na oficina redactora trapicheando. Non hai mais que ver que tentan legalizar e aumentar barbaridades que quedaran fora de lei pola Xunta, pero por outra banda fomenta auntenticos pelotazos urbanisticos permitindo grandes bloques de vivendas de promoción privada sin ceder terreo algun en zonas que deberian ser como moito urbanizables e os califica directamente urbanos, en fin so lles falta por poñer o nome do promotor no PXOM, o pelotazo do Empedrado non ten nome, é de escándalo.