Afectados de Einsa acusan a Torrente de defender a ampliación ´sexa como sexa´ (La Opinión)
Propietarios de terreos incluídos no proxecto de expansión da empresa de artes gráficas critican á
oposición o seu apoio ao plan xeral e agradecen ao COE a súa abstención
Veciñnos da parroquia de Andrade abordaron ao alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, ao finalizar o pleno no que se aprobou, de forma inicial, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para expresar o seu malestar polo proxecto de recualificación da empresa de artes gráficas Einsa que inclúe o documento urbanístico e acordaron celebrar unha reunión a próxima semana.
A indignación dos veciños de Andrade era palpable e así llo fixeron saber aos membros do Goberno local. Mentres que o rexedor fixo fincapé de forma reiterada en que o novo proxecto presentado pola empresa é menos agresivo que os anteriores, os afectados negaron a maior e reprocharon que o Executivo municipal non se puxese en contacto con eles para intentar chegar a un acordo. “Só se reuniron coa familia Martínez (propietaria de Einsa)” critica María Díaz, unha veciña que ten dúas casas e varios terreos na parroquia que ven afectados polo proxecto de ampliación da empresa de artes gráficas.
O concelleiro de Urbanismo, Eugenio Otero, asegurou que o proxecto actual non inclúe a derriba de vivendas (como si o facía o anterior), reduce a súa extensión á metade e afecta a catro veciños, en contraposición cos 16 de antes. “Foi imposible chegar a un acordo e houbo que tomar decisións. Non se expropiarán terreos; os veciños poden vender e se deciden quedar cos seus terreos, a cualificación cambiará de chan rústico a industrial”.
María Díaz explica que a ampliación de Einsa aféctalle “igual ou peor que antes” e baralla dúas opcións: que o Goberno local non coñece o proxecto en profundidade ou que a intención do Executivo é “facernos bobos” e que a recualificación salga adiante “sexa como sexa”. Díaz advirte de que unha vez que o PGOM sexa aprobado de forma definitiva, xa non haberá marcha atrás e verase o prexuízo que leva para Andrade, polo que anuncia que os veciños da parroquia recorrerán o documento de ordenación. “Menten de forma continua e resulta insultante que os únicos terreos afectados pola construción de estradas e camiños son os nosos, non os de Einsa”.
Díaz acusa tamén aos grupos da oposición de facer caso omiso da súa situación, “excepto o COE, ao que lle estou moi agradecida polo seu labor” e ofrécese a dialogar para chegar a un acordo. As súas condicións: que se reduza o ancho da futura estrada e que paguen máis polos terreos. La Opinión



A Caldagueiro Resistance (que nome mais fashion)ou como queiras chamarte só dicirche que as túas opinions: crédito cero.
UN EUMÉS.