Outono nos xardíns do Torreón


Chega o outono aos xardíns do Torreón e algunhas árbores comezan a mostrar xa as espléndidas cores da estación. Particularmente fermosos son os tons das follas dos liquidámbares, que dun vivo amarelo van degradándose ata o vermello e o pardo avermellado.

Outra xoia, sen dúbida, e o xoven exemplar de ginkgo, cuias follas perden nesta época a súa cor verde intensa para adquirir un característico matiz dourado. A propósito desta antiquísima árbore oriental, o descubrimento de fósiles de ginkgofita no norte da Península reabre o debate sobre o carácter autóctono de certas árbores ata agora considerada foráneas, como é o caso do ginkgo biloba.

A beleza das imáxenes que nos ofrecen estes días os xardíns contrasta coa discutible remodelación da que foi obxecto no ano 2006. Encargada polo Concello á empresa Bahía Park e financiada con fondos aportados pola Deputación, a obra supuxo un desenvolso de 29 000 euros e conlevou a desaparición dalgunhas árbores protexidas, entre elas un teixo, e a poda indiscriminada de moitos fermosos exemplares.

Existía outro proxecto, cun orzamento similar, que foi presentado por Arbogal, unha das empresas máis acreditadas do sector, autora da recente recuperación da carballeira de Arzúa, que propuña un tratamento menos impactante. A proposta consistía en manter básicamente o arbolado e os sebes de buxo, darlle maior viabilidade aos exemplares catalogados de cercis siliquastrum ou árbores de Xudas, unha poda máis coidadosa de exemplares emblemáticos, como a magnolia denudata, e, sobre todo, unha actuación especial co metrosidero, o exemplar desta especie máis antigo de Galicia, que consistía en deixar que as súas raíces chegaran ata o solo e na colocación dun valo perimetral.

Visto o resultado final, preguntámonos qué inconfesables razóns levaron aos responsables municipais, en especial, á concellería de obras, a adxudicar os traballos de remodelación ao proxecto menos respectuoso e máis lesivo co carácter histórico destes xardíns. A falta de sensibilidade e a tradicional incompetencia deben sumarse aquí a outros motivos que, unha vez máis, poñen de relevo a singular concepción que do exercicio do poder tiveron sempre algúns concelleiros.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Publicamos o PXOM
Afectados de Einsa acusan a Torrente de defender a ampliación ´sexa como sexa´ (La Opinión)

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Vai ser boa inversión manter a raia toda a hedera helix cando comece a subir polas árbores, e cando se empece a propagar por todos os rincóns por dispersión da semente, e por suposto, imposíbel acadar que non se coma os buxos perimetrais, que xa comeza a invadir. Unha empresa adicada ao asunto non pode facer cousas tan disparatadas se non é que é o primeiro traballo que fai desa índole.