Ver no PXOM


Do dito ao feito hai un treito. Sábeno ben os redactores do PXOM quen nun dos parágrafos do documento louvan a paisaxe de Pontedeume e recoñecen a aberración que supón a urbanización de Ver: A paisaxe de Pontedeume, posúe unha configuración topográfica moi singular, na conxunción de dous importantes e característicos entornos, o de interior e o costeiro, aínda que se produciron importantes distorsións paisaxísticas como a que existe no conxunto urbanístico da praia de Ver. En calquera caso, a paisaxe é un elemento que debe ser protexido non só por esixencias éticas, estéticas e, mesmo, xurídicas, senón por razóns económicas: é ela mesma un ben económico que é preciso conservar e/ou poñer en valor segundo os casos.

Os feitos son outros. O plan de urbanismo contempla unha nova urbanización en Ver a carón da actual. Nunha extensión de 25.000 m2 vanse construír 68 vivendas. Esta urbanización suporía unha impactante barreira arquitectónica que, amais de destruír a paisaxe, suporía agravar aínda máis a carencia de servizos básicos tales como saneamento, depuración, recollida do lixo, alcantarillado e abastecimento auga.

No anterior borrador do PXOM, rexeitado pola Xunta, tentábase convertir Pontedeume nunha grande masa de solo urbanizable. As modificacións introducidas no actual documento tentan eludir a oposición da Xunta no relativo á creación de núcleos residenciais. Os redactores do planeamento atoparon a fórmula máxica para urbanizar en zonas de alto valor paisaxístico e de forte demanda: crearon da nada os núcleos urbanos de Ver e Arbosa, categoría equiparable á do núcleo urbano de Pontedeume. No informe autonómico antes citado, que Consultora galega parece non ter lido, indicábase que non se atopa xustificada a súa inclusión de Ver e Arbosa como solo urbano.

Recualifícase Ver como núcleo urbano cando non era máis que rústico. E iso sen contar cos mínimos servizos propios dos núcleos urbanos: as conducións de auga adoecen de deficiencias por falta de presión e polas tubaxes de fibrocemento; a rede de Ver recolle as augas residuais e fecais da conca do núcleo urbano, así como dos núcleos de Xabroal, O Sixto e Parga. A rede remata na praia de Ver, onde se produce un verquido ó mar sen depuración a través dun emisario submarino. Pola contra o PXOM non contempla a construción de ningunha depuradora en Ver

Esta nova catalogación como núcleo urbano non só permite “legalizar” infinidade de vivendas que foron construídas en zona de protección costeira senón que promove a construción doutras novas, consolidando un núcleo que está considerado como a maior aberración urbanística do litoral eumés.

Lembremos tamén que a Deputación ten aprobada a construción de beirarrúas na estrada de Perbes ata Boebre. Curiosamente o tramo a construír remata no lugar no que o PXOM contempla a construción da urbanización e que a día de hoxe non ten ningunha poboación, mentres que Centroña, cun amplo núcleo rural, quedará  sen as necesarias beirarrúas.

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Un regalo envelenado
Memoria xustificativa do PXOM

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Dádevos conta que os permisos para construír só benefician aos grandes promotores. Estes terreos xa están comprados por unha empresa. Mentres tanto, os propietarios de pequenas leiras non podemos facer unha casa porque os núcleos rurais non se ampliaron.

E ademáis, os lugareños dos núcleos tradicionais -xente ruda e primitiva que segue a utilizar utillaxe prehistórica- nos temos asegurado neste PXOM a construcción desa infraestructura básica. Apélase a subvencións futuras, hipotéticas e improbables a dotación nestas áreas destes servizos. Hai parroquias que non teñen rede de saneamento, noutras no hai traida,.. a rede elétrica semella a do Congo Belga. E logo hai xente que acusa a Fusquenlla de ir en contra do progreso. Ese progreso de tirar para adiante, sabendo que hai vivendas abandonadas, outras, de gran valor arquitectónico, a piques de caer, vivendas sen auga, luz. Pero, iso sí, modernas urbanizacións para segunda residencia. Qué carallo de progreso é ese?

Macho o que van facer é o de sempre mais ladrillo e logo xa se resolveran os servizos. Finalmente xa se sabe non haberá mais servizos, seguiremos cos verquidos á ria. Eso si é progreso. O problema é que non aprendemos nin a golpes.

Polo que ata o momento poiden ver, e do pouco que coñezo, o novo PXOM fai verdadeiros estragos en Andrade. Chairas dedicadas á labranza pasan a forestais, pezas con saneamento e abastecemento que eran edificables agora non o son. En principio búscanse o agrupamento, pero pódese observar que non se cumpren alineacións nin hai coherencia. E sin falar de EINSA, a quen lle regalan unha nova línea de abastecemento de auga que xusto remata alí(¿tanta demanda de auga?) , e aparece unha línea de saneamento polo medio dos montes cerca de Covés, un gran vial de 12-16 m de ancho que baixa hacia O Silvar, ademáis de subir “R” por donde non hai case casas(¿rentable?) para satisfacer a EINSA…. Todo preparado para un gran “cambio de actividade” futuro. Eso si, coas infraestructuras xa listas a falta de permisos (que seguro que os haberá). Invítovos a ver os planos de SERVICIOS primeiro e despois os de ORDEACIÓN…Vergonza lle debería dar o que redactou o PXOM, pouco aprendeu na facultade…

Existe unha normativa clara que especifica qué cousa é un núcleo tradicional, atendendo á antigüidade, número de vivendas e, incluso, toponimia. Éstes de Consultora de ningunha das maneiras poden sacar da manga un núcleo onde non existía tal cousa. A Consellería non terá outra que rexeitar este planeamento con argumentos coma éste.