Os veciños denuncian a proximidade da canteira do Barro (La Opinión)


A asociación veciñal de Vilar-Campolongo afirma que a distancia mínima ás vivendas debe ser de dous quilómetros e pregunta ao Concello eumés pola situación legal do negocio.

canteira.jpg A asociación de veciños de Vilar-Campolongo enviou un escrito ao Concello de Pontedeume no que advirte de que algunhas das vivendas da Pedridas e O Barro están a uns 90 metros de distancia da canteira situada nesta parroquia, cando, segundo destaca o presidente da entidade, Carlos Fornos, a distancia mínima legal dunha explotación deste tipo ás casas debe ser de 2.000 metros, segundo a normativa que regula as actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
O escrito da entidade veciñal vai a acompañado da firmas duns 40 afectados, veciños todos eles dos lugares das Pedridas e O Barro. “É o terceiro escrito que enviamos ao Concello. O primeiro deles remitímolo o pasado 3 de setembro e non tivemos ningunha contestación nin nos convocaron a ningunha reunión. Se non contestan a esta nova carta teremos que recorrer á Delegación do Goberno. Ata lles mandei fotografías de satélite da canteira”, manifestou Fornos.
A asociación de veciños de Vilar-Campolongo tamén advertiu no primeiro escrito ao Concello da contaminación de tres pozos situados preto dunha canteira. A entidade, que relaciona a contaminación da auga coa actividade da empresa, solicita ao Goberno local información sobre a situación legal do negocio. Desde a asociación explican que os pozos presentan contaminación por augas fecais, que atribúen ao movemento de terras e ás filtracións que se producen tras as explosións realizadas pola canteira. En canto ás declaracións nas que o alcalde afirmaba non ter constancia dun dos primeiros escritos da asociación, Carlos Fornos pregúntase “quen llos garda”. “Ten unha mafia dentro do Concello? Non se se esa xente ten o permiso de Industria, que llo puido conceder sen comprobar as condicións da canteira, pero esa é a pregunta que lle fago eu ao Concello, que ten que saber se as empresas asentadas no municipio estano de forma legal ou non e é o Concello o que ten a última palabra e o que, se a actividade é molesta para os veciños, deben denegar a súa autorización”, recalcou.
Os veciños tamén denuncian que o recinto está sen valar e sen sinalizar, co consecuente perigo para persoas e animais, e quéixanse do ruído. A empresa declinou onte facer declaracións respecto diso.

Lido en La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Viaxe a Bruxelas do CCE
Os aparcadoiros, columna vertebral da política eumesa

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

O concelleiro de obras e o alcalde están a bordear, se non a traspasaron xa, a legalidade. Primeiro, por non atender a petición de información presentada por unha asociación de veciños que, desde setembro, está intentando obter unha resposta do Concello sobre a situación da canteira. Pero o problema máis grave está no feito de que se está permitindo operar a una empresa de actividades perigosas que non conta con permisos nin cumple as distancias mínimas de seguridade. concelleiro.