O casco histórico no PXOM


Referencias ao casco histórico no PXOM:

Para a protección do patrimonio, artístico e etnográfico elaborarase unha nova ordenanza específica que complementará ao disposto pola Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, así como a súa investigación e transmisión a xeracións futuras.

O ordenamento do casco histórico será tratado nun Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Casco Histórico aínda sen elaborar.

_

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Os veciños de Pontedeume poderán consultar o plan xeral a partir de hoxe
O castro de Nogueirosa no PXOM

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Unha vergoña. Non tiveron tempo en 5 anos para desenvolver un plan para o casco histórico que se está caendo a cachos. Iso si, adícanlle máis de 500 páxinas á recalificación de Einsa. Esta é a filosofia do PXOM que aprobaron os grupos no pleno do Concello. esta é a filosofía destes grupos.

O Plan de Protección do Casco Histórico está esquecido, ese é o gran problema de Pontedeume. O PXOM proposto dende o principio foi unha gran maniobra especulativa, que xa tirou a Xunta no seu informe de avance, non ordena nada o territorio, non é respetuoso co medio, a unica finalidade é recalificar indiscriminadamente terreos sin estudio detallado e sin outra finalidad de facer mais ricos aos ricos. O problema é que ainda non empezou o debate, e o gran peligro está en que a pasividade leve finalmente á aprobación desta aberración de documento.

En canto á participación cidadá, tremenda burla á cidadanía. Oficialmente aínda non se puxo en mans desta a documentación. A paxina web do Concello está tan morta como o propio Concello. Pero, iso si, promotores e especuladores dispoñen do documento desde tempo inmemorial. De qué van?

Promotores xa están presionando a veciños e ameazando co axente urbanizador si se negan a vender, curioso si ainda non se fixo a exposición pública do PXOM.