Viaxe a Bruxelas do CCE
Os próximos días 28 e 29 de novembro, seis compoñentes do Comité Ciudadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol estarán en Bruxelas para presentar unha denuncia ao Comité de Peticións do Parlamento Europeo polo feito de que a Planta de Gas de Reganosa desde o pasado 9 de maio está en funcionamento, ameazando a vida de 100.000 persoas que viven na Ría de Ferrol, vulnerando fragrantemente os artículos 8 e 12 da Directiva Europea 96/82/CE (Seveso II), sen ter acreditado o cumplimento de dita normativa nin da Norma europea EN-1532 de saida ao mar dos buques gaseiros en caso de emerxencia e ameazando a riqueza marisqueira da que viven máis de 600 familias.
Asemesmo a Delegación do CCE tendrá entrevistas con distintos eurodiputados para facilitarlles copia de dita denuncia que se presentará esta semana ao Comité de Peticións por vulneración da Directiva Seveso II e asemesmo para darlles coñecemento doutra denuncia máis presentada hai un mes ao Comisario Europeo da Competencia, Mario Monti, por vulneración da normativa europea da Competencia cun convenio suscrito no ano 2000 por D. Manuel Fraga, entón Presidente da Xunta de Galicia, cunha cláusula secreta para agochar inversións e axudas publicas, en perxuicio doutros operadores do sector enerxético.
A viaxe esta organizado polo Grupo Parlamentario Europeo de Izquierda Unida, quen traslada a Bruxelas a unhas 25 persoas de Galicia, de distintos colectivos. O mércoles día 28, ás 12,30 da mañán, esta prevista a súa acreditación para a entrada no Parlamento Europeo. A primeira hora da tarde do mércoles terán unha entrevista con Willy Meyer, eurodiputado por Izquierda Unida e con David Lowe, Secretario Xeral do Comité de Peticións.
O xoves 29 de novembro a Delegación do CCE ten previsto entrevistarse con europarlamentarios do grupo dos verdes, entre eles David Hammerstein. Asemesmo, hai previsto unha entrevista coa eurodiputada Inés Ayala Sender, representante socialista na Comisión de Peticións, e cos eurodiputados socialistas galegos Rosa Miguelez e Antolin Sánchez.
Para facilitar a identificación dos compoñentes del CCE, estos llevarán camisetas de color vermello, distintivo do sinal de perigo, co eslogan “¡Planta de Gas Fora da Ría! “En defensa da vida da Ría e da legalidade”.
(nota enviada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol)


