Síntoo
Esta é unha das imaxes con que se poden atopar os viaxeiros que arriben ao aeroporto de Copenhague, onde se está a celebrar o cume sobre o cambio climático. Trátase dunha simulación fotográfica realizada por Greenpeace na que aparecen os líderes mundiais no ano 2020 desculpándose pola súa incapacidade para afrontar as fatais consecuencias do cambio climático.
O máis inverosímil é imaxinarse a estes mandatarios desculpándose polas súas erradas políticas.


