Galería de ecomonstros


Un percorrido pola costa galega é coma unha viaxe a través dunha fonda ferida aberta na paisaxe. A modernidade asáltanos sen compasión desde a Garda ata Ribadeo. As consecuencias desa barbarie urbanística, da “violencia catastral” que asola o noso territorio, desnaturalizándoo, poñéndoo nas mans das transnacionais do cemento, comprobámolo a diario no progresivo deterioro que están a sofrir moitas vilas que ven o seu patrimonio urbanístico e paisaxístico arrasado pola especulación. Con esta galería de ecomonstros -que sempre será parcial e aberto a novas incorporacións- propoñémovos unha mirada ás novas realidades paisaxísticas que poblan o skyline das vilas galegas.

1.jpg

o edificio Herpi (Hermanos Pichel) é xa un histórico da vila de Sanxenxo

2.jpg

esta mole sobre as dunas de Areoura (Foz) foi ata o de agora a única demolida en Galicia, paradóxicamente, durante o ministerio de Jaume Matas

3.jpg

no peirao de Ribeira levántase imponente este exemplar do brutalismo barbancés

4.jpg

sobre a illa de Toralla, na ría de Vigo, recentemente tomada pola cidadanía, álzase un dos máis salientables ecomonstros galegos

5.jpg

Skyline de Vilagarcía

 

ecomostri.jpg

agresivo perfil deste edificio en Ortigueira. Eran os gloriosos tempos de Campo

7.bmp

edificio de apartamentos na praia da Frouxeira (Valdoviño): o pesadelo de Le Corbusier

200512592431.jpg

e, por suposto, non podía faltar o Mamotreto de Caldagueiro

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
As incoherencias da política local
Viaxe a Bruxelas do CCE

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Sexa o primeiro en comentar!