Boebre recorrerá a protección paisaxística do plan xeral


Veciños da parroquia de Boebre en Pontedeume rexeitan o ámbito que recolle o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como zona de protección paisaxística, xa que aseguran que “afecta a parte do núcleo urbano e, pola contra, permite construír en zonas nas que se dana a paisaxe”. Isto é o que asegura o presidente da asociación de veciños da parroquia, Andrés Lourido.

Este colectivo celebrou o pasado domingo unha reunión co obxectivo de explicar o proxecto normativo urbanístico, que se atopa desde principios de mes en exposición pública, para o que contou coa presenza dun arquitecto, un aparellador e dous avogados, que aclararon as dúbidas dos preto de oitenta veciños alí presentes.

A maior parte das preguntas dos asistentes fixeron referencia á delimitación dos chans e as posibilidades de construción en cada un dos ámbitos. Os veciños presentes na reunión acordaron remitir un escrito ao Concello para solicitar un encontro coa empresa redactora do plan xeral, Consultora Galega, tras a que presentarán alegacións de forma individual e tamén conxuntamente en nome da asociación.

Outra das reivindicacións é que a asociación fará referencia á rebaixa da contribución urbana ou ata a exención para os propietarios das leiras na parroquia afectadas pola Lei de Costas, “se non poden construír no seu terreo non teñen porqué pagar este imposto”, apunta Lourido. La Opinión

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Outros Artigos
Coa Igrexa topamos
La Opinión: O plan xeral permitirá a creación dun polígono industrial en Andrade

Escribir un comentario

Escriba o que pensa sobre o asunto. Permítese HTML básico para dar certo formato.

Comentarios dos lectores

Habería que aclarar que a charla impartiuse baixo a iniciativa dos propios veciños de Boebre, que os técnicos que explicaron o PXOM nin eran do Concello nin de Consultora, que o Concello, a pesar deses incumplidas promesas de sempre, aínda no comezou esa rolda de explicacións ante as AAVV. ¿A qué espera?

¿A que espera? a que pasen os tres meses, resposta evidente. Nin ao concello nin a Consultora lles interesa explicar este plan porque a pouco que se enteren os veciños do que pretenden corren o risco de sair a gorrazos da sua presentación.

O concello o que ten que facer é retirar este fiasco de planeamento, e reclamar xudicialmente danos e perxuicios a quen redactou esta estafa e cobrou mais de 180.000 euros das arcas municipais mais o pico das privadas.